Durante a Semana Santa @s máis pequen@s disfrutarán en Burela do III Ciclo de Cine "Educando en valores".

Durante a Semana Santa @s máis pequen@s disfrutarán en Burela do III Ciclo de Cine "Educando en valores".
 
Dende o Programa de Atención a Inmigrantes e o Programa de Educación Familar da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela estanse a realizar unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación.
Aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa, os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril proxectarase na Casa da Cultura o III Ciclo de Cine Infantil Educando en Valores, “posto que consideramos que é fundamental que as nenas e nenos perciban as interrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo, intentando dun xeito máis lúdico sensibilizar aos máis pequenos da importancia e necesidade de manter boas relacións, fomentar a tolerancia e convivencia intercultural, dotando ás nenas e nenos de coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno”, sinalou a concelleira Diana Durán.
Por todo isto, os días sinalados a partir das 17:30 horas vanse proxectar as seguintes películas, coas que a Concellería de Igualdade pretende traballar os valores en idades temperás (infantil e primaria). Hoxe, luns, os asistentes verán Sherk; mañá, 31 de marzo, proxectarase Up; e o mércores, 1 de abril, rematará o ciclo coa proxección de La Bella y La Bestia.