A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha visita ao Pazo do Conde de Fontao o 3 de decembro. A inscrición para acudir está aberta.

A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha visita ao Pazo do Conde de Fontao o 3 de decembro. A inscrición para acudir está aberta.
 
A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza o 3 de decembro, unha visita guiada ao Pazo de Fontao.
 
Este conxunto está formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda e levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII así como unha ampla finca con xardín.
 
O percorrido vai comprender a visita a certas partes da Casa e a ermida de Santo André, antiga capela onde están enterrados algún dos señores de Fontao e onde se atopan imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do río Ouro. Por último se fará un percorrido para coñecer o xardín novo da finca regada por cinco fontes.
 
As persoas interesadas en participar nesta actividade que estará guiada polo actual Conde de Fontao, José Manuel Romero Moreno, deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación apombadoarco@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 608 555 010. O número de prazas para a visita que se realizará en horario de tarde, está limitado a 25 persoas.