A Casa da Xuventude Ribadeo acollerá o día 21 de outubro, entre as 19:30 e as 20:30 horas unha charla sobre Os bos e malos usos das TICs. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dentro da Xira Rapaciñ@s.
Segundo explican desde a Concellaría da Mocidade “a charla vai dirixida a familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamén expoñer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos”.
E engaden que “familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres os nenos e nenas adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolvan a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan”.
As inscricións son gratuítas e deben facerse na Casa da Xuventude ou nos seguintes números de teléfono: 982 129 889 ou 982 120 732.