Foz

Etiquetas:
25/03/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa para o mes de abril. Presentan cinco actividades: unha exposición e catro cursos, para os que está aberta a inscrición.
 
A exposición, titulada A trata de persoas, forma parte das actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller, que se organizou en colaboración coa Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Foz.  Estará sita no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) do 5 ao 26 de abril e xira en torno á explotación da muller. A través da mesma poderase aprender máis sobre esta realidade que se nos presenta dende o Servizo de Atención a mulleres vítimas de violencia, trata e explotación sexual de Cáritas Diocesana de Lugo. 

En canto aos...

leer más
Etiquetas:
24/03/2024

O vindeiro martes, 26 de marzo, a picaraxada ten contacontos da man de Miguel Guido e “O lobo feliz”.

Trátase dun contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia

As protagonistas son historias de lobos feroces…É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!

O contacontos terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 horas, con entrada de balde. 

Etiquetas:
22/03/2024

Xa está todo listo en Foz para a celebración das Santas Tapas do 28 ao 30 de marzo e para unha nova edición do Comercio na Rúa os días 27, 28 e 30. Ambas actividades están organizadas por AciaFozCCA. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cita gastronómica denominámola Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite”. Trátase de: Anduriña, Augas Santas, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphin, Mexideli e Xoyma.

Paleo dixo que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas. Levamos moitos anos organizando a ruta de tapas, que sempre tivo unha grande acollida na clientela, e agardamos que as Santas Tapas tamén sexan...

leer más
Etiquetas:
21/03/2024

AciaFozCCA sorteou hoxe 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día do pai, que tivo lugar do 8 ao 19 de marzo. 

Os números premiados con 200 euros en vales de compra cada un foron os seguintes: 
-7.658 que foi entregado en Electrodomésticos Celso. Tien 21.
-433 entregado en Ginzo Mujer
-18.799 que foi entregado en Suministros Veipa
-14.543 entregado en Xoiería Iria Rodríguez
-10.598 entregado  Ofifoz

As persoas premiadas deberán contactar con AciaFozCCA no seguinte número de teléfono: 982 132 751.

O sorteo da campaña do día do pai celebrouse esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por David Val e contou coa participación da concelleira de Comercio de Foz, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. 

AciaFozCCA...

leer más
Etiquetas:
20/03/2024

A Banda de Música de Foz ofrecerá o seu tradicional Concerto Sacro na basílica de San Martiño este sábado, 23 de marzo ás 20:00 horas.

Nesta ocasión a banda focega estará acompañada pola Coral Polifónica de Foz e a Coral Polifónica Eumesa.

 

Etiquetas:
16/03/2024

O venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila “coa que teremos un coloquio arredor da súa última novela A ferida imaxinaria”, explican desde a organización.

Esta actividade encádrase dentro da programación do Club de Lectura A carón dos libros, que promove a  libraría focense. Trátase dunha proposta aberta para todo o público que queira asistir.
 
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda, polo que acadou o premio nacional da crítica en 2013. A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven...

leer más
Etiquetas:
16/03/2024

O campo de fútbol de Cangas de Foz acollerá o venres 22 de marzo o festival Riosmar Fest, coa presentación da nova xira da orquestra París de Noia e as actuacións dos DJs Litainer e Alejandro Martínez.

Haberá carpa, pulpería e hamburguesería.  Ademais a organización ofrece un servizo de autobuses e anuncia: “pensando na comodidade, seguridade vial e persoal dos asistentes disporemos dun servizo de autobuses, que pasarán por todos os concellos da Mariña, trasladando a todas as persoas que o necesiten ou o elixan ao lugar de celebración do Riosmar Fest, evitando así utilizar os vehículos propios, con todos os riscos que isto podería ocasiona”.

As entradas poden comprarse anticipadamente, a un prezo de 10 euros, a través de internet (https://n9.cl/f8nfi) e en establecementos de...

leer más
Etiquetas:
15/03/2024

Este domingo, 17 de marzo de 2024, ás 19:00 horas no Centro Social de Cangas de Foz haberá unha gala musical a cargo do grupo Acordeonistas da Mariña.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

É un evento organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo, de Cangas de Foz.

Etiquetas:
11/03/2024

O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o 23 de marzo, sábado. Estará amenizada por Mia Disko. O prezo é de 35 euros por persoa.

“Queremos contar con todos vós nesta data: socios, simpatizantes, xogadores, familias, etcétera. Agardamos unha xornada distinta á que estamos acostumados no pavillón, na que poder pasar un bo rato entre os asistentes”, explica a organización. 

Etiquetas:
07/03/2024

A asociación veciñal O Torques de Marzán, en Foz, organiza a XXIV edición da súa cea baile de irmandade. Será o sábado 16 de marzo a partir das 21:00 horas no restaurante O Rincón do Mis. Estará amenizada polo dúo Epo-k e haberá sorteo de agasallos.

As prazas limitadas son limitadas e o último día de venda das tarxetas é o venres 8 de marzo.