Foz

23/12/2014
Foz celebrará o 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata de Reis. Antes, o día 4, haberá un concerto vocal na igrexa a cargo do grupo Son de Nós.

 

A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de presentar o seu programa de actos para celebrar a chegada dos Reis Magos nos vindeiros días 4 e 5 de xaneiro do novo ano. O domingo 4 haberá un concerto de música vocal a cargo do grupo Son de Nós. Será a partir das 20:00 horas na igrexa de Foz. Xa o luns 5, véspera do día de Reis, celebrarase na vila a tradicional Cabalgata con saída da praia da Rapadoira ás 19:00 horas. Nela poderán participar tódolos nenos menores de 10 anos que vistan de pastor ou con traxe rexional e sexan inscritos polos seus pais previamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz. Os cativos poderán subir ás carrozas dos Reis para percorrer nelas o traxecto que discorrerá polas rúas do municipio, ata chegar finalmente ao belén vivente instalado na Casa do Concello. Ao remate, haberá churros con chocolate e roscón de...

leer más
Etiquetas:
18/12/2014
Este domingo celébrase en Foz o XII Encontro de Canto de Coral de Nadal. Terá lugar na Sala Bahía, a partir das 18:30 horas da tarde.

 

Foz acollerá esta semana o XII Encontro de Canto Coral de Nadal. Será o domingo, 21 de decembro, na Sala Bahía a partir das 18:30 horas. Nel participarán diferentes coros da vila coma o Coro Parroquial Virxe da Peregrina de Cordido, o Coro Parroquial de Cangas, o Coro Os Castros, tamén de Cangas; o Coro Parroquial de Foz, o Grupo Mar Aberto e a Coral Polifónica de Foz. O acto está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, quen esta mesma semana programou tamén a proxección do film Le Week-end no Cenima, o xoves 18, e o Festival en beneficio do Asilo de Anciáns, o sábado 20. 

 

 

18/12/2014
Foz acollerá hoxe xoves a proxección da película Le Week-end, a partir das 20:30 horas no Cenima. O sábado celebrarase ademais un Festival en beneficio do Asilo de Anciáns.

 

Foz acollerá esta semana tres actividades lúdicas englobadas dentro da programación organizada pola área de Cultura do Concello para o mes de decembro. Os actos comezarán hoxe, xoves 18, coa proxección da película Le Week-end ás 20:30 horas no Cenima, e continuarán o sábado, 20 de decembro, coa celebración do Festival en Beneficio do Asilo de Anciáns de Foz. Será a partir das 18:30 horas, na Sala Bahía. 

Dende a Concellería de Cultura de Foz informan que a proxección da comedia romántica Le Week-end forma parte do ciclo de Cinema no Cenima, que se leva a cabo neste mes de decembro no municipio, grazas ao apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O prezo para poder acceder á proxección deste filme será de 3 euros por entrada e os...

leer más
12/12/2014
Foz acollerá neste mes catro obras de teatro, dous festivais musicais e o tradicional concerto de Nadal da Banda Municipal.

 

A Delegación de Cultura do Concello de Foz presentou a súa programación lúdica para este mes de decembro. Haberá dúasobras de teatro para adultos este fin de semana, dentro do ciclo de teatro nas parroquias. A primeira representarase mañá sábado, á cargo do grupo Pico do Castro no Centro Social de Cangas ás 7 da tarde. A segunda, o domingo ás 20:30horas, da man da compañía A Adala no local de O Castro de Vilaronte. Ademais, os días 13 e 30 de decembro a programación teatral complétase con dous espectáculos para nenos que se representarán na Sala Bahía a partir das 18:30 horas. O primeiro a cargo de Peter Punk coa obra Peor Imposible, e o segundobaixo a dirección da compañía O elefante elegante coa obra Nuncabunga. A programación cultural complétase coa celebración dun festival benéfico a favor do asilo de anciáns de...

leer más
Etiquetas:
10/12/2014
O Concello de Foz presentou o programa Cinema no Cenima, co que proxectará tres películas neste mes de decembro na vila.

 

O Concello de Foz presentou hoxe o seu programa de proxeccións de cine Cinema no Cenima, que se levará a cabo neste mes de decembro, grazas ao apoio da Consellería de Cultura. En total proxectaranse tres películas no edificio do Cenima de Foz. A primeira será Encallados, este mesmo xoves, 11 de decembro, ás 20:30 horas. A segunda será o film francés Le Week-end, o xoves 18 de decembro ás 20:30 horas. E a terceira irá destinada aos máis pequenos e proxectarase o venres 26 de decembro ás 18:30 horas. Trátase da película de animación A tropa de trapo na selva do arco da vella. As entradas terán un custo de 3 euros e poderán adquirirse no propio Cenima de Foz dende media hora antes do inicio da proxección. Con esta iniciativa, o Concello de Foz convértese nun dos catro municipios galegos seleccionados pola Xunta de...

leer más
Etiquetas:
03/12/2014
Acia/Cca Foz organiza para este fin de semana a súa I Festa da Croqueta. Quince bares e restaurantes locais sumáronse a esta iniciativa, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de decembro
 
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, organiza para a vindeira fin de semana os días 5, 6 e 7 de decembro a I Festa da Croqueta. Unha actividade que coincide coa ponte da Constitución e da Inmaculada e que conta coa participación de quince restaurantes e locais hostaleiros focenses. Neles poderanse degustar pinchos, tapas e racións de croquetas, elaboradas con diferentes produtos tanto do mar coma da horta. 
Os veciños poderán gozar desta I Festa da Croqueta en calquera dos seguintes bares e restaurantes focenses, participantes nesta iniciativa gastronómica: O Lar, A Funcional, O Sera, Restaurante Bar Acuario, Bar 78, O Tangarte, Tangarte Mariñeiro, Restaurante Dandy, Casa Damián...
leer más
28/11/2014
A banda infantil de jazz For Fun de Lugo actuará hoxe en Foz. O domingo haberá teatro na parroquia de Cordido a cargo do grupo Axóuxeres.

 

 Foz continua coa súa programación de outono este fin de semana e presenta dous novos actos. O primeiro terá lugar mañá, venres, na Casa da Cultura da vila Ás 20:00 horas. Trátase do concerto da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo). Este acto, con entrada gratuíta, forma parte do I Festival de Bandas de Música A Capela, organizado polo Concello focense coa colaboración coa Deputación de Lugo.

A segunda actividade levarase a...

leer más
26/11/2014
O Concello de Foz conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa celebración dunha concentración e unha mesa redonda.

 

O Concello de Foz conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha mesa redonda, celebrada o pasado sábado, e unha concentración, que tivo lugar hoxe diante da Casa do Concello e na que o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, leu un manifesto conxunto do Concello de Foz e o Goberno de España. A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “el sábado tuvimos una mesa coloquio en la Casa da Cultura, donde hubo bastante público, y fue muy interesante, sobre todo porque se habló de la violencia de género en los jóvenes. Nos acompañaron Javier Ponte, orientador psicopedagógico del colegio Martínez Otero; Julia Vidarte, nuestra orientadora familiar del Concello; Ana Pacio, jefa de la unidad contra la violencia de género de la Subdelegación del Gobierno; y José Manuel Martínez, jefe del...

leer más
17/11/2014
O Concello de Foz organiza un coloquio sobre violencia de xénero e mocidade para este sábado na Casa da Cultura.

 

O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María. Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá.  Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier  Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da  Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero...

leer más
13/11/2014
O Concello de Foz oferta 17 cursos en 8 parroquias do municipio para os vindeiros cinco meses.

O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...

leer más