AciaFozCCA sorteou 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día do pai

AciaFozCCA sorteou hoxe 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día do pai, que tivo lugar do 8 ao 19 de marzo. 

Os números premiados con 200 euros en vales de compra cada un foron os seguintes: 
-7.658 que foi entregado en Electrodomésticos Celso. Tien 21.
-433 entregado en Ginzo Mujer
-18.799 que foi entregado en Suministros Veipa
-14.543 entregado en Xoiería Iria Rodríguez
-10.598 entregado  Ofifoz

As persoas premiadas deberán contactar con AciaFozCCA no seguinte número de teléfono: 982 132 751.

O sorteo da campaña do día do pai celebrouse esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por David Val e contou coa participación da concelleira de Comercio de Foz, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. 

AciaFozCCA contou para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.