Actividades
A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa do centro para o mes de maio. Presentan varias actividades para as que está aberta a inscrición. Anuncian que se trata nesta ocasión “de diferentes charlas, dúas presentacións de libros e unha actividade especial que pon o broche final a este curso: un roteiro interpretativo”.
Elena Martínez e Marta Muiña especifican que “o xoves 9 de maio levarase a cabo unha charla informativa sobre Mentalización e sensibilización da saúde mental, a cargo da Asociación Saúde Mental A Mariña. Vai dirixida a todos os públicos e especialmente ás familias do alumnado do IES de Foz, institución colaboradora na organización da conferencia e que albergará a actividade no seu salón de actos...
leer másA Concellería de Dinamización de Barreiros organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día internacional do Libro.
Este martes, 23 de abril, o alumando do CEIP de San Cosme visitará a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros para coñecer de primeira man como funciona unha biblioteca e participar na creación dun mural.
Con motivo do Día internacional do Libro, este mesmo martes o Concello de Barreiros instalará na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, unha caseta coa que se creará a primeira biblioteca libre de Barreiros, que conterá máis de 50 libros en libre circulación. Ao longo da mañá, o alumnado do CEIP San Miguel de Reinante, visitará a Praza do Souto e coñecerá esta forma de intercambio de libros coñecida popularmente como bookcrossing.
O venres...
leer másOs días 27 e 28 de abril e o 4 de maio seguirá o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. A Cova do Rei Cintolo, Xove e A Frouxeira serán as localizacións das vindeiras actividades xeoturísticas.
O 27 de abril ás catro da tarde dará comezo a visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Trátase da cova máis grande de Galicia e unha marabilla natural, que foi obxecto de numerosos estudos arqueolóxicos. Son 7.000 metros de galerías dunha cova que acada un desnivel máximo duns 75 metros, con lagoas interiores e un río soterrado, o Celtas. As persoas que participen nesta xeovisita poderán ver diversas especies de morcegos e invertebrados acuáticos así coma o diminuto Iberobathynella ortizi. A Cova do Rei Cintolo tamén está envolta en lendas, que sorprenderán ao viaxeiro.
... leer másOs meses de abril e maio a biblioteca do Concello de Foz convida á lectura con múltiples actividades
Os meses de abril e maio veñen cargados de actividades na Casa da Cultura focense. Durante as vindeiras semanas a Biblioteca Salgado Toimil organiza diferentes actividades para convidar a grandes e pequenos á lectura e a achegarse aos libros.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o día das letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar a lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade. Todas as actividades son na Casa da Cultura, ou ben no salón de actos ou na propia biblioteca. Comezamos esta programación na semana santa xa que a primeira actividade foi o martes 26 cun contacontos e continuamos este pasado domingo con teatro. A seguinte actividade será este venres 12 ás 18.30 horas con teatro, cunha...
leer másO Concello de Cervo anuncia: “nesta Semana Santa temos actividades programadas para os máis pequenos da casa: inchables, xogos interactivos, portería de puntuación,...”
O luns, martes e mércores as actividades desenvólvense na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 13:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (de 11:00 a 13:00 horas está reservado para Cervo Concilia). E xoves e venres serán na Praza do Souto, de Cervo, de 17:00 a 20:00 horas.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa para o mes de abril. Presentan cinco actividades: unha exposición e catro cursos, para os que está aberta a inscrición.
A exposición, titulada A trata de persoas, forma parte das actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller, que se organizou en colaboración coa Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Foz. Estará sita no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) do 5 ao 26 de abril e xira en torno á explotación da muller. A través da mesma poderase aprender máis sobre esta realidade que se nos presenta dende o Servizo de Atención a mulleres vítimas de violencia, trata e explotación sexual de Cáritas Diocesana de Lugo.
En canto aos...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da programación formativa para o mes de marzo. Presentan unha nova actividade para a que xa está aberta a inscrición: trátase dun curso de extensión universitaria de informática básica e actualizada, dirixido a persoas adultas, denominado Cara a alfabetización dixital: curso integral de informática. O docente do IES de Foz Javier Ferro Dopico será o encargado de trasladar ao alumnado contidos como a xestión da información, o uso de internet, do correo electrónico, das redes sociais ou expoñer as principais recomendacións de seguridade, entre outros. As clases terán lugar do 5 ao 14 de marzo os martes, mércores e xoves, de 17 a 19 horas.
Esta actividade, como a meirande parte das que se ofrecen dende UNED, pode...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a nova programación formativa para vindeiro mes de febreiro. Deron conta de cinco novas actividades, para as que xa está aberta a inscrición.
Para comezar propoñen participar na presentación do libro ESL Sentence Builders, o xoves día 1 de febreiro ás 19 horas. A docente focense Leticia Veiga achégase á aula da UNED de Foz a dar conta do libro do que é coautora, ESL Sentence Builders. Trátase dunha obra didáctica baseada nunha novedosa metodoloxía para a ensinanza de idiomas. Unhas semanas despois, do 19 de febreiro ao 18 de marzo, esta autora impartirá un dos cursos de extensión universitaria, no que expoñerá o uso desta innovadora didáctica, denominado Implantación da metodoloxía EPI (Extensive...
leer másO obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,) o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...
leer másO 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.
O horario será o seguinte:
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.
O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.
Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.
Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos...