Xornadas

26/04/2024

Vilanova de Lourenzá albergará unhas xornadas sobre sociedade, economía e cultura maragatas os días 3 e 4 de maio. É a primeira edición deste evento que se celebrará en Maragata Casa, que está na avenida de Mondoñedo, número 18.

As actividades desenvolveranse o venres 3 de maio a partir das 19:00 horas e o sábado 4 de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Inclúen a proxección dun vídeo, catro relatorios e unha ruta por Vilanova de Lourenzá.

28/03/2024

A Deputación de Lugo organiza unhas xornadas sobre o uso do teléfono móbil smartphone na Pontenova. Serán os venres 5 e 12 de abril na Casa da Cultura ás 10:30 horas.

É unha actividade incluída no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia.

 

Etiquetas:
21/01/2024

O vindeiro luns, 22 de xaneiro, dan comezo as xornadas de promoción do deporte no Concello de Trabada en colaboración ca Deputación Provincial de Lugo, dentro do programa Xunt@s.

Realizaranse todos os luns ata o 8 de abril en horario de 16:00 a 17:00 horas no pavillón municipal.

Estas xornadas están dedicadas para tódolos veciños e veciñas maiores de 18 anos. Non é necesaria inscrición previa.

 

Etiquetas:
02/01/2024

A localidade ribadense de Vilela celebrará a segunda edición das súas Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego o sábado 3 de febreiro.

As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada coa música de Nuevo Ritmo. A continuación terá lugar a comida dun cocido completo con porco celta -o menú incluirá sopa, grelos, cabeza, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, pan, viño o refresco, café, chupito e tarta de Santiago- e despois actuarán Dúo Chip e Nuevo Ritmo. Haberá carpa climatizada.

A venda de tiquets para participar rematará o 27 de xaneiro, pero as prazas están limitadas a 300 persoas.

 

01/12/2023

Veñen de presentarse as XXIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, que organiza o Concello de Mondoñedo e que terán lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de decembro do 2023. A actividade combina charlas e visitas a puntos de interese. As conferencias terán lugar no Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e as visitas serán a diversos puntos da parroquia de Masma, en Mondoñedo.

O programa comezará o venres 15 ás 19:30 horas coa entrega de documentación e co acto inaugural para arrancar a actividade propia do curso, ás 20:00 horas, coa intervención de Abel Vigo García e José Otero Rejes para abordar o tema das caleiras e da produción tradicional do cal en Mondoñedo, como conmemoración dos 20 anos da recuperación etnográfica da obtención de cal nos fornos de Masma. Na mesma darase un repaso polo catálogo de caleiras que se conservan no...

leer más
Etiquetas:
16/11/2023

As primeiras Xornadas de Exaltación da Merluza de Burela terán lugar en Ribadeo do 24 ao 26 de novembro. Están organizadas por Acisa coa colaboración da OPP-7 de Burela. Na cita gastronómica participan 17 locais hostaleiros. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 24 ao 26 de novembro terán lugar as Xornadas de Exaltación da Merluza de Burela nas que participarán 17 locais hostaleiros de Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés”. 

Cruzado subliñou que “grazas a colaboración da OPP-7 de Burela puidemos desde Acisa organizar estas xornadas. A OPP facilítanos de forma gratuíta preto de 90 quilos de merluza do pincho, que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nesta nova cita gastronómica sen ningún tipo de...

leer más
Etiquetas:
15/11/2023

Ribadeo acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a décimo oitava edición das Xornadas Mar por Medio reunindo a un nutrido grupo de especialistas e estudosos do fenómeno xacobeo para analizalo desde diversas ópticas. “O Camiño: Cultura e tradición” é o título do programa de actividades preparado pola Academia Xacobea, que por segundo ano consecutivo asume a organización das Xornadas, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo. O presidente da Academia, Xesús Palmou, o alcalde ribadense, Daniel Vega, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deron a coñecer esta tarde os detalles do programa.

“Queremos converter Ribadeo nun espazo de congresos e por iso imos seguir apostando por estas Xornadas. Xa loitamos por elas desde a oposición e seguimos...

leer más
Etiquetas:
10/11/2023

As xornadas de divulgación do coñecemento da cultura marítima na comunidade educativa de Viveiro, denominadas Vivemar, desenvolveranse do 13 ao 19 de novembro nos colexios do municipio: Cep Lois Tobío, Ceip Covas, Ceip Celeiro, Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CPR Landro. Están coordinadas por Lucas Requeixo, de Vivemar, e patrocinadas pola Consellería do Mar.

O programa de actividades empezará o luns 13 ás 20:30 horas coa inauguración da exposición “O mar en Xosé Conde Corbal” na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O martes 14 ás 20:30 horas proxectarase o documental "A Construción da Dorna Irmandiña", tamén na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde o mércores 15 ás 20:30 horas poderá verse o documental "As bateas e o mexillón" e o xoves 16 ás 20:30 horas haberá a charla e proxección “A obra mariñeira de Xosé Conde Corbal”,...

leer más
Etiquetas:
09/11/2023

A asociación Os Bolouros, de Foz, celebra a 43ª edición das súas xornadas micolóxicas, que nesta ocasión están dedicadas á lembranza de Suso do Bahía. Desenvólvense as actividades ata o 30 de novembro.

Os xoves 9, 16, 23 e 30 de novembro hai os xoves de funxitapas nos establecementos hostaleiros Barrilete-Racimo e Casa Damián, onde coas consumicións serven petiscos de cogomelos a partir das 20:30 horas.

Para o domingo 12 de novembro está programado un percorrido pola Fraga das Lerias, no Valadouro, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 09:30 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 11. 

O domingo 19 de novembro haberá unha andaina pola Ruta de Cabreiros, na contorna...

leer más
05/11/2023

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no Pazo de San Marcos na presentación da cuarta edición das xornadas Terra de Miranda, que terá lugar os días 10 e 11 de novembro na Casa da Cultura da Pontenova. Esta iniciativa que impulsan os concellos de Meira, Riotorto, Trabada e A Pontenova, en colaboración coa Nova Escola Galega, ten como obxectivo analizar a situación do medio rural desde a óptica educativa e en concreto este ano centrarase no despoboamento e na importancia de potenciar o turismo sostible no territorio.

Este acto contou tamén coa presenza do Alcalde da Pontenova, Darío Campos, o representante de Nova Escola Galega, Paco Veiga, e o organizador das xornadas, Óscar Fernández, así como outras persoas do colectivo.

“Apoiamos estas xornadas porque na Deputación temos un...

leer más