Xornadas

Etiquetas:
25/03/2023

O Concello de Viveiro e o conservatorio profesional de musica Viveiro organizan a vindeira semana as Xornadas de Corais Infantís, así como os Cursos Gratuítos para Adultos nos meses de abril e maio.

As Xornadas de Corais Infantís, que nacen froito da paixón das xentes de Viveiro por esta música, iniciaranse este martes, día 28, coa actuación do Coro do CEIP de Celeiro. O concerto comezará as 17:30 horas no Salón de Actos do Conservatorio coa presenza das 50 voces que conforman o coro dirixidas pola profesora Marta Pérez Lage.
O segundo concerto celebrarase o venres 31, dende as 17:30 horas, tamén no Salón de Actos do Conservatorio. As 40 voces do Coro do colexio Lois Tobío de Viveiro estarán dirixidas polo profesor do centro Iván Vale Fraga.

“Con este tipo de actos amosamos o compromiso do Concello de...

leer más
Etiquetas:
26/02/2023

A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo.

O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura.

A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre:
1.    época de plantación
2.    preparación do terreo
3.    elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas)
4.    liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude)
5.    normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta....
6.    coidados: guía de cultivo
7.    pragas e enfermidades
8.    beneficios que pode xerar
9.    mercado do sector da castaña

A segunda xornada, 25...

leer más
Etiquetas:
07/01/2023

Serán a antesala do Entroido. A venda de tíckets será ata o 27 de xaneiro. As prazas están limitadas a 300 persoas. 

A comida será nunha carpa climatizada o 4 de febreiro a partires da unha do mediodía. Haberá primeiro sesión vermú co Dúo Ciclón e despois servirase o cocido completo con porco celta, a cargo de Taboada. O menú estará composto por grelos, cachola, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, pan, viño ou refresco, café, chupito e postre (orellas feitas pola veciñanza de Vilela). 

Despois do xantar actuarán o Dúo Ciclón e o Dúo Belinda. 

O prezo por comensal será de 30 euros. As nenas e os nenos hasta 12 anos pagarán 15 euros.  

A organización conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo. 

 

Etiquetas:
16/11/2022

As primeiras Xornadas de Exaltación da Lura terán lugar en Ribadeo do 25 ao 27 de novembro. Están organizadas por Acisa e contan co financiamento da Área de Medio Rural e do Mar da Deputación. Participan 20 locais hostaleiros. O evento gastronómico foi presentado esta mañá. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 25 ao 27 de novembro terán lugar as Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Lura nas que participarán 20 locais hostaleiros de Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este produto”. 

Cruzado indicou que “grazas ao financiamento da Área de Medio Rural e do Mar da Deputación puidemos desde Acisa organizar estas xornadas e mercar 250 quilos de lura, que imos distribuír de xeito gratuíto entre os bares, mesóns e restaurantes. Cada un vai recibir 12 quilos e medio. As diferentes...

leer más
Etiquetas:
15/11/2022

Do 18 ao 20 de novembro celebraranse en Ribadeo as primeiras xornadas de internacionalización da Formación Profesional, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. 

A responsable de proxectos de Mobilidade Erasmus + de Apaga, Sandra Gómez, explicou que “estas xornadas darán comezo mañá, mércores, e desenvolveranse ata o domingo 20. Visítannos técnicos de empresa de Turquía e de Croacia, dous de cada país. Trataremos temas como, por exemplo, o proceso de dixitalización das empresas, comunicación entre as empresas e os centros de Formación Profesional, incorporación do vehículo eléctrico, entre outros contidos”.

Sobre o programa a desenvolver estes días Sandra Gómez contou que “visitaremos varios institutos e empresas para ensinarlles aos técnicos o sistema educativo español e referente ás...

leer más
16/10/2022

O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 11, 12 e 13 de novembro. É un mes simbólico na historia marítima de Viveiro, xa que foi o 2 de novembro de 1810 cando a fragata Magdalena afundiu na ría.

Durante a presentación do evento, que tivo lugar esta mañá, a alcaldesa, María Loureiro, destacou o nivel dos relatores e asegurou que a xornada xa é unha cita consolidada a nivel nacional e internacional. "É unha das mellores formas de poñer en valor a nosa historia, sempre vencellada ao mar", asegurou.

Segundo explicou esta mañá a rexedora local, o acto comezará na tarde do venres 11 de novembro coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a...

leer más
Etiquetas:
05/10/2022

Este venres, día 7 de outubro, terá lugar a segunda das charlas dentro das xornadas de San Martiño no Camiño que organiza o Concello de Foz. Será na sala multiusos do Centro de Interpretación da Basílica ás 20 horas a cargo da profesora Dolores Barral Rivadulla, titular de historia da arte antiga e medieval no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.

Dolores Barral falará da diocese mindoniense no medievo. “Tratarase de facer unha viaxe a vista de paxaro sobre as principais manifestacións artísticas vinculadas á diocese de Mondoñedo-Ferrol, sobre todo no entorno da Mariña lucense, dende un punto de vista patrimonial, co fin de atender e valorar todos os testemuños históricos dunha das dioceses máis descoñecidas de Galicia”, explica o concelleiro focego de Turismo, Chema Linares.

...

leer más
16/07/2022

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, amósase satisfeita de que Ribadeo retome as Xornadas Mar por Medio, que se celebrarán do 16 ao 18 de setembro na vila. 

Otero Cabarcos declarou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados de poder recuperar as Xornadas Mar por Medio, que terán lugar no auditorio municipal Hernán Naval o vindeiro mes de setembro. Desde o Concello sempre apoiamos estas iniciativas históricas e culturais”.

A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, organiza as  XVII Xornadas Xacobeas Mar por Medio nas que estará presente e participará como conferenciante o hispanista británico John Rutherford, impulsor e difusor desta cita en anteriores edicións.

A inscrición para asistir ás...

leer más
16/06/2022

Ribadeo acollerá os días 25 e 26 de xuño as I Xornadas Etnográficas da Mariña (Música, Baile e Traxe Tradicional Galego) que coorganizan a asociación Tecedeira e a Concellaría de Cultura. O evento foi presentado na Casa do Viejo Pancho por Xacobo Ares e por Pilar Otero. 

A edil ribadense dixo que “cando viñeron presentarnos o proxecto de Tecedeira de levar a cabo as primeiras xornadas etnográficas da Mariña, que teñen como espírito aglutinar a convivencia de todas as agrupacións e asociacións da Mariña, nos dubidamos en apoiar esta idea que nace en Ribadeo e que pretende espallarse por toda a comarca. Sempre tecer fíos e procurar a unión do tecido asociativo parece unha moi boa idea. E se por riba parte de persoas de Ribadeo, como non podía ser doutra maneira, desde o Concello impulsámola dentro das nosas posibilidades”.

... leer más
Etiquetas:
05/06/2022

Os días 18 e 25 de xuño terán lugar en Mondoñedo as XV Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”.

No auditorio Pascual Veiga será o 18 ás sete da tarde a Xornada sobre a historia e o patrimonio en Mondoñedo, o seu estudo e posta en valor. E o 25 a Xornada estará dedicada á emigración e á tradición da peregrinación xacobea en América. 

Xa do 26 de xuño, domingo, pola mañá e pola tarde haberá romaría na área recreativa de A Fervenza de Viloalle. 

A cita está organizada pola asociación Abrindo Camiño, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo.