A Pontenova

Etiquetas:
24/01/2023

A compañía Trécola Producións representará esta semana en Viveiro e A Pontenova a obra para público familiar “The Piccole Theatre”, dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A compañía estará o xoves no Salón de Actos do Porto de Celeiro (15.30 horas), coa colaboración da Asociación Cultural Proa, e o sábado na Pontenova (Casa da Cultura), da man da Asociación Eco das  Minas.

Sinopse da obra
Un pequeno teatro viaxa ao redor do mundo dentro dunha caixa de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non.. dous grandes pallasos: Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas learán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista, participando activamente durante todo o...

leer más
Etiquetas:
10/01/2023

O club de fútbol Sporting Pontenova organiza unha cea baile para o 20 de xaneiro, venres, ás 22:30 horas no Local das Sociedades. A festa será amenizada polo dúo Estrellas e a cea serviraa O Lar de Balbina. Haberá sesión vermú antes de cear, a partir das 21:30 horas.

O menú para adultos ten un prezo de 23 euros e inclúe empanada, lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café. E o menú infantil, que custa 15 euros, está composto por tortilla, pizza, táboa de embutidos, tenreira guisada, bebida e sobremesa.

Os tickets para participar poden recollerse en O Lar de Balbina ou solicitalos a membros da directiva do club ata o mércores 18.

Para a organización deste evento o Sporting Pontenova conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.

 

Etiquetas:
06/01/2023

A música inundará o auditorio municipal da Pontenova este sábado, 7 de xaneiro. Será a partir das oito da tarde.

Co Playback A Pontenova porá fin á programación de Nadal que se veu desenvolvendo nas últimas semanas, organizada polo Concello.

02/01/2023

Na visita que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente teñen prevista ao concello da Pontenova, anuncian, que van a comezar o seu percorrido probando a tirolina das Minas.

A cita será do 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas coa primeira parada na tirolina das Minas, cando remate esta “pequena aventura” continuaran ata a Praza dos Fornos onde percorrerán as rúas do concello, e onde esta prevista a súa chegada arredor das 18:00 horas. Despois trasladaranse a Casa da Cultura para repartir agasallos e caramelos a tódolos nenos e nenas que vaian visitalos.

 

29/11/2022

Na Pontenova celébrase do 3 ao 6 de decembro a XV Feira de Artesanía e Antigüidades.

O horario de apertura ao público será de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas. 

Haberá obradoiros de: 
Forxa de ferro – José María Rodil Arruñada
Cestería de mimbre – Luisa Martínez Vázquez
Lámpadas de cabaza – Blas Piñar Martínez
Xoias –  Soledad Martínez
Coiro – José Bértolo Pichel
Torno de madeira – Suso Tierra
Fiado de fibras naturais – Lumecú (Mercedes Veites)

Tamén se desenvolverá a VI Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos. O sábado, vespas e motos. E o domingo, coches clásicos.

Etiquetas:
23/11/2022

A sexta edición da Ruta das Tapas na Pontenova, organizada polo Concello, celébrase os día 25 e 26 de novembro, venres e sábado, de oito da tarde a once da noite.

Participan Bar Puente, Casa de Cultura, O Lar de Balbina, Lennon, Rony Bar e San Briz.

Entre as tarxetas que estean seladas completamente sortearanse de premios de 150, 100 e 50 euros.

O prezo de cada tapa é de 2 euros.

 

Etiquetas:
30/10/2022

O sábado 5 novembro organízase en A Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, de onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 3 de novembro.

 

28/10/2022

O vindeiro 16 de novembro celébrase en A Pontenova o primeiro Workshop organizado polo Concello pontenovés.

Un evento no que o turismo é o protagonista, con axentes invitados de toda Galicia para compartir as súas experiencias e xerar sinerxias. Para participar é preciso inscribirse, totalmente gratis. 

Desde a organización indican que “se estás vinculado ao sector turístico en A Pontenova, esta é a túa cita. Neste Workshop destacaremos todo o feito e o que está por vir no turismo da zona, e ti tes moito que contar. Terás o teu espazo e momento para expoñer o que ofreces e conectar con diversos axentes. E se non podes asistir, pero queres participar, pódelo facer vía streaming!Ademais, tamén nos podes enviar o teu material á nosa oficina de turismo para compartilo cos asistentes”.

Máis...

leer más
Etiquetas:
20/10/2022

A Pontenova acollerá do venres 11 ao domingo 13 de novembro a sexta edición da Ruta da Troita de vehículos todoterreo (coches, motos e quads).

O programa de actividades comeza o venres 11 coa presentación da ruta cuns pinchos. O sábado haberá unha ruta turística que sairá ás 09:15 horas. Tamén está programada unha verbena co grupo Fénix e o DJ Pedro Bermúdez. E o domingo haberá proba de obstáculos, que disporá de distintos recorridos en función da categoría do vehículo, e circuíto de velocidade para coches todoterreos e quads.

Etiquetas:
18/10/2022

O vindeiro 7 de novembro arrincará o curso da Escola Municipal de Teatro da Pontenova. Será en horario de 20:30 a22:30 horas.

As persoas interesadas en acudir poden informarse xa no seguinte número de teléfono: 982 34 22 77 ou no email correo.apontenova@fegamp.gal