A Pontenova

Etiquetas:
04/02/2024

La asociación motera Motoreo organiza un campeonato de tute en A Pontenova para el día 2 de marzo, sábado. Se disputará desde las 19:00 horas en el Local de Sociedades.

Podrán participar un máximo de 64 parejas y las inscripciones deben hacerse a través de los teléfonos 676.47.95.84 o 617.93.55.56.

 

31/01/2024

A Pontenova celebrará un Carnaval infantil o domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas no pavillón municipal Tito Margaride. Haberá xogos música e baile.

Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello.

 

30/01/2024

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá desde este venres, 2 de febreiro, unha actividade de ximnasia de mantemento de 17:00 a 18:00 horas, que se desenvolverá nese mesmo horario os seguintes venres. A inscrición pode facerse a través dalgún destes teléfonos: 982.34.22.77 ou 659.98.84.51. É unha actividade de promoción do deporte que se inclúe no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia promovido pola Deputación de Lugo.

Dentro deste mesmo programa tamén este venres, 2 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables.  

 

Etiquetas:
21/01/2024

A aula da Casa da Cultura de A Pontenova acollerá un curso de auxiliar de axuda no domicilio, cunha duración de 480 horas. Está organizado polo Concello de A Pontenova e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR).

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 24 de xaneiro contactando con Verónica ou Mari Carmen nos teléfonos 617.67.68.79 e 629.37.62.42 respectivamente.

Etiquetas:
18/01/2024

A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presentará na Casa da Cultura da localidade a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” o sábado 27 de xaneiro ás 21:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.

 

15/01/2024

A música será protagonista no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, 20 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, co tradicional playback que se celebra tradicionalmente por estas datas.

É unha actividade organizada polo Concello da Pontenova.

14/01/2024

O lugar de Sampaio, na parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará as festas de San Paulo os días 3 e 4 de febreiro, sábado e domingo.

O sábado haberá misa ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú amenizada por DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas,  xunto coa cantante Verónica Cambón.

E para o domingo está programada sesión vermú amenizada por Verónica Cambón a partir das 13:30 horas.

O campo da festa estará cuberto cunha carpa calefactada.

Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños de Sampaio.

Etiquetas:
12/01/2024

O Concello da Pontenova organiza unha actividade para inaugurar a nova Ruta das Minas o 21 de xaneiro, domingo.

A xornada comezará ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, onde se repartirán bolos preñados e auga. Ás 10:00 horas será a saída dos sendeiristas cara ó comezo da ruta. Par as 12 do mediodía está previsto o reagrupamento dos participantes nas Penas do Castelo. E o remate da andaina está programado para ás 14:00 horas.

A ruta ten unha distancia de 5,6 quilómetros con unha dificultade media alta. E a organización recomenda que os participantes leven calzado de trekking, bastóns e roupa cómoda así como unha pequena bolsa ou mochila para a comida.

A inscrición é gratuíta e debe facerse antes do 19 de xaneiro a través do correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
05/01/2024

A localidade de Neipín, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a Santa Apolonia os días 2 e 3 de febreiro, venres e sábado. Haberá recinto cuberto.

O programa de actividades comezará o venres ás 22:30 horas con verbena amenizada por DJ Bombardero. E o sábado ás 13:30 celebrarase misa e a continuación sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas, xunto co DJ Alejandro Martínez.

 

Etiquetas:
02/01/2024

Os Reis Magos visitarán A Pontenova este venres, 5 de xaneiro, e lanzaranse na Tirolina das Minas ás 17:30 horas. Para as 18:00 horas está prevista a súa chegada á Praza dos Fornos.

A Cabalgata de Reis na Pontenova está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello.