A Pontenova

Etiquetas:
30/09/2022

Este domingo, día 2 de outubro, no Campo da Mina, da Pontenova, disputarase a décimo primeira edición do torneo de billarda Aberto do Ferro, que é a segunda xornada da tempada da LNB.

Este evento deportivo, que organiza o club de billarda Troitas Bravas, de A Pontenova, celebrarase a partir das 11 da mañá.

 

Etiquetas:
28/09/2022

O Campo de Bolos de Boulloso acollerá o VII Torneo de Bolo Celta de A Pontenova este sábado, 1 de outubro, en horario de 09:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Está organizado polo Concello de A Pontenova e haberá tamén xogos tradicionais para nen@s e adult@s (chave, ra, mariola, tiro de corda, chapas, zancos, etcétera), coa colaboración da Asociación Galega da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional.

 

Etiquetas:
23/09/2022

A Pontenova celebra as súas festas na honra de San Lucas do 7 ao 10 de outubro.

O venres 7 haberá verbena a cargo de Euphoria Discoshow, Alejandro Martínez e o grupo Beatriz.

O sábado 8 será o día grande, no que está programada sesión vermú e verbena. Actuarán Euphoria Discoshow, Pedro Brmudz e a orquestra París de Noia. E ás 00.30 horas terá lugar o espectáculo pirotécnico da XXIII Queima dos Fornos.

O domingo 9 tamén haberá sesión vermú e verbena. Ese día actuarán Pedro Brmudz, Euphoria Discoshow e a orquestra Costa Dorada.

Os festexos rematarán o luns 10 cunha sesión vermú amenizada por Blanco y Negro.

A organización das festas conta coa colaboración do Concello de A Pontenova e da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
29/08/2022

O 4 de setembro celebrarase en Riotorto e A Pontenova o Desafío do Ferro, unha marcha cicloturista organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club.

Terá dúas modalidades, e-BBT (bicicleta de montaña eléctrica) e BBT (bicicleta de montaña). Ademais, os participantes poderán decidir entre dúas distancias: a marcha corta, de 30 quilómetros, e a marcha larga, de 50. É obrigatorio seguir o recorrido marcado, que será maiormente por pistas forestais e camiños.

A saída e a chegada será na Praza dos Fornos de A Pontenova, pasando durante o percorrido polo concello de Riotorto. Sairase as 9:30 horas, e terase ata as 15:30 horas para realizar o recorrido, quedando descualificado en caso de non chegar.

Na marcha poderán participar tódolos ciclistas federados e non federados de máis de 16 anos...

leer más
Etiquetas:
17/08/2022

O Concello de A Pontenova, coa colaboración de Amigos da Malla, organiza a VI Festa da Malla, que terá lugar o 27 de agosto ao carón do Pozo da Ola.

Esta festa da comezo as 12:00 horas coa malla, que será interrompida as 13:30 pola sesión vermú, amenizada polo Dúo Zafiro, e a comida. A malla continuará as 17:00 horas, cando tamén dan comezo unhas canoas para os nenos e as nenas no Pozo da Ola. As 20:30 horas volve coa música o Dúo Zafiro, que estarán tamén á noite para rematar a xornada, seguido por uns pinchos de bolos preñados e lacón.

Para acudir á comida xa mencionada, deberanse recoller os tíckets antes do 26 de agosto no Lar de Balbina ou Zapatería Orli. O prezo para adultos e de 20€ e para  nenos (ata os 12 anos) de 12€, e o menú consistirá en lacón, pasta, tenreira asada, postre e café.

 

02/08/2022

O Concello de Pontenova e o CIT A Pontenova organizarán o vindeiro 13 de agosto o Baixeo, unha baixada polo río Eo con todo tipo de artiluxios flotantes co lema baixa como poidas. Este evento dará comezo ao XXI Gran Faragull-eo, unha comida entre participantes, familiares e invitados na que estará presente o faragullo, un prato típico da zona.

O día comezará as 10:30 horas coa concentración na Chousa. As 11:00 realizarase a saída para Piegaponte e as 12:00 a saída para Salmeán, os puntos de partida dende os que poden comezar os participantes. As 14:00 horas será a chegada ó Pozo da Ola, coa que se dará comezo o XXI Gran Faragull-eo.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o 11 de agosto, ingresando 15€ na conta número ES96 2080 0137 4130 4000 1688 de ABANCA – A Pontenova. Nesta inscrición, cada...

leer más
Etiquetas:
21/07/2022

O C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello organizará unha paella popular o vindeiro 29 de xullo. Este evento gastronómico realizarase na Praza dos Fornos as 22:00h.

As persoas interesadas en acudir deberán retirar as tarxetas en Bar Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina ou en Bar Lennon, antes do 27 de xullo.

O prezo será 12€ para os non socios e gratis exclusivamente para os socios que sexan cabeza de familia ou fill@s menores e dependentes economicamente deles. Os socios deben igualmente retirar unha tarxeta por persoa.

20/07/2022

O vindeiro 23 e 24 de xullo celebrarase en A Pontenova o Campionato de España de Carrilanas da Federación de Deportes de Inercia, organizado por MotorEo A Pontenova.

Comeza o sábado 23 ás 10:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas dos vehículos, un pincheo as 13:00 horas e os primeiros adestramentos das baixadas a partir das 15:00 horas. Tamén haberá cea, actuacións musicais e unha ruta barítima máxica con Mago Joel, gañador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno, semifinalista de Got Talent España, e Roberto Lolo.

O domingo 24 a partir das 10:00 horas terá lugar o descenso das carrilanas seguido da entrega dos premios e a sesión vermú. As 20:00 horas realizarase unha gala de maxia na Casa da Cultura.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte...

leer más
13/07/2022

Despois de estarpor Foz, Valadouro e Mondoñedo,Raquel Amieiro e Pepe Peinóvisitan A Pontenovapara presentar o seu libro “Un año contigo”, convidados pola asociación de Mulleres Rurais do concello.

O libro, escrito maioritariamente durante o confinamento, narra as experiencias de Raquel co cancro durante o ano 2019, as operacións e tratamentos aos que se tivo que someter e as vivencias emocionais que a enfermidade supuxo. 

A presentación será o vindeiro venres, 15 de xullo, ás 21:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura da Pontenova. Contará coa intervención dos autores e do profesor Bernardo Penabade, así como da actuación do grupo de música tradicional "A Chocolateira".

 

13/07/2022

O Concello de A Pontenova, xunto a GameSport, organiza un campamento de verán para nenos/as de 3 a 14 anos, que  contará con diversas actividades como obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e moitas máis sorpresas.

Levarase a cabo de 10:00 a 14:00 horas os días 26, 27, 28 e 29 de xullo e 1, 2, 3, 4 e 5 de agosto. O prezo será de 20 euros para os empadroados no concello e 50 euros para os non empadroados.

Hai un límite de 60 prazas. As persoas que queiran inscribirse poden facelo na Casa do Concello da Pontenova ou chamando ao 982 342 277 ata o 18 de xullo.