A Pontenova

19/06/2023

A Pontenova celebrará o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso este venres, 23 de xuño.

As actividades empezarán de 19:00 a 21:00 horas cunha xornada de portas abertas para @s máis pequen@s no bosque infantil do Boulloso. Ás 21:30 horas haberá un concurso de tortillas e entre todas as que se presenten un xurado popular elixirá as dúas mellores, que serán premiadas cunha cea para dúas persoas, no Lar de Balbina e no San Briz. E ás 22:00 horas degustaranse as tortillas presentadas ao concurso ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Haberá servizo de bar e música e actuación musical a cargo de A Chocolateira.

Este evento está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas e polo Concello da Pontenova.

 

Etiquetas:
31/05/2023

A primeira fin de semana de xullo celébrase a décima edición da Subida A Pontenova pertencente ao Campionato Galego de Montaña.

Organizada pola Escudería A Pontenova terá lugar os días 1 e 2 de xullo. Conta coa colaboración do Concello de A Pontenova, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Automobilismo e Protección Civil de A Pontenova. Patrocinan: PTC, AON, Recense, Aistrec, OTM Sistemas, Ferros Alonso, Desguaces Ramil, Superti A Pontenova e Procubitos.

 

29/05/2023

Todo está lista na Pontenova para a celebración do XVI Festival das Minas os días 16 e 17 de xuño. 

O venres haberá cantos de tabernas polos bares a cargo de A Chocolateira, ademais de Asubíos da Chaira e Tarde, mal e arrastro. 

Xa o sábado a partir das 22:00 horas terá lugar unha cea popular. O prezo para os adultos será de 20 euros e para as nenas e os nenos de 10 euros. Ás once da noite haberá un sorteo entre os participantes na cea de un bono para vivir unha experiencia na Mina Consuelo e descenso na tirolina. E ás 23:30 horas darán comezo as actuacións musicais. Actuarán: Leña Verde, The Skarnivals e La Disquetera. 

O festival está organizado polo ACD As Minas, que conta coa colaboración do Concello da Pontenova e da Deputación de Lugo. 

 

26/05/2023

O venres, 2 de xuño, ás 21:00 horas a Casa da Cultura da Pontenova acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).

O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.

 

Etiquetas:
22/05/2023

O sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.

As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.

Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.

Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.

Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.

 

Etiquetas:
03/04/2023

A Pontenova acollerá o 15 de abril, sábado, a sétima edición da ruta ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova.

A saída será ás 10:00 horas dende a área recreativa do Pozo da Ola e haberá comida no hotel restaurante San Briz. A música correrá a cargo de Pedro BRMUDZ.

 

Etiquetas:
23/03/2023

A asociación cultural Lume Escénico celebra o seu décimo aniversario cun ciclo de teatro na Pontenova do 26 de marzo ao 22 de abril

A primeira representación será este domingo, 26 de marzo, ás 19:00 horas e correrá a cargo de Ollomao, de Barreiros, que representará O documento.

O 1 de abril, sábado, ás 20:00 horas Achádego, de Lugo, escenificará a obra Nadal na casa dos Lamelo.

A seguinte representación do ciclo será o sábado 15 de abril ás 20:30 horas. Trípode, de Alfoz, ofrecerá a obra O Muro.

E para rematar o 22 de abril, sábado, ás 20:30 horas Lume Escénico, de A Pontenova, representará Albergue Casa Marelo.

Este ciclo está organizado pola asociación cultural Lume Escénico coa colaboración do Concello de A Pontenova.

 

20/02/2023

A Asociación As Minas e o Concello da Pontenova organizan a II Carreira de Montaña As Minas o vindeiro 12 de marzo de 2023.

A proba deportiva consta de media maratón, 10 quilómetros e andaina. Para participar será necesaria a previa inscrición, que ten un prezo de 15 euros para a media maratón, 8 para os 10 quilómetros e a andaina será gratuíta. O prazo de inscrición rematará o 8 de marzo.

Todas as persoas que desexan obter máis información poden dirixirse á web carreiras galegas. A proba transcorrerá pola zona das antigas minas.

Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos da carreira de 21km e 10km, ao vencedor de cada categoría masculina e feminina da distancia de 21km, e unha medalla ao 2º e 3º clasificado de cada categoría masculina e feminina no...

leer más
Etiquetas:
04/02/2023

Neipín, no concello de A Pontenova, celebrará as súas festas na honra de Santa Apolonia o sábado 11 de febreiro.

Haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará na festa e verbena xunto ao DJ Alejandro Martínez.

O campo da festa estará cuberto.

29/01/2023

A ACD As Minas organiza o desfile de Entroido na Pontenova, que terá lugar o 18 de febreiro no Local das Sociedades. A asociación conta coa colaboración do Concello da Pontenova. Ás once da noite dará comezo o baile, á unha e media da madrugada será o desfile de concurso e para as tres está prevista a entrega de premios. A velada estará amenizada por Puzzle Animación. 

Para os grupos establécense tres premios. Primeiro premio: 350 euros; segundo premio: 150 euros e terceiro premio: 100 euros. O primeiro premio das parellas estará dotado con 100 euros e o segundo con 60 euros. E na categoría individual haberá un primeiro premio de 60 euros e un segundo de 30 euros. As bases poden consultarse nas redes sociais da ACD As Minas. 

Desde as oito da tarde desenvolverase unha ruta de tapas polos bares do pobo: Puente,...

leer más