Letras Galegas

06/05/2024

O pavillón de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.

Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras...

leer más
05/05/2024

Para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta (escritora, filóloga e violinista nada na Coruña), a asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un certame de carácter participativo e non competitivo polo que todas aquelas persoas que participen, que poden ser de calquera idade, levarán un agasallo.

Os traballos que se presenten deber ter como temática “As nosas letras” e poden ser en forma de debuxo, narración, poema ou fotografía. Só se poderá presentar un por persoa e o prazo rematará ás 13:00 horas do día 10 de maio. Hai que entregalos en sobre pechado no Spar Express de Trabada ou na Casa do Concello.

A entrega dos agasallos aos participantes será durante un acto que terá lugar na Casa da Cultura de Trabada o día 17 de maio ás 16:00 horas. Haberá un contantos musicado titulado “O misterio do tulipán”, a cargo de Yolanda Álvarez, e...

leer más
02/05/2024

O Concello de Viveiro anuncia a programación para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas 2024, dedicado a Luísa Villalta, que se estenderá ao longo de todo o mes de maio.

A alcaldesa, María Loureiro, destacou "a importancia de reivindicar a figura de Luisa Villalta, unha muller que foi poeta, novelista, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga, violinista e moito máis".

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo poñer en valor "a ampla programación en torno a esta data tan sinalada que temos este ano en Viveiro, con actividades de todo tipo".

A programación comezará este sábado, día 4 de maio, coa representación da obra teatral 'O lapis do Martín', de Sarabela Teatro, ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal. Seguirá o día 14 coa...

leer más
27/04/2024

O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 1 de maio, mércores, unha xornada de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. É unha iniciativa titulada Maleducadas, que está organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Travesía e MOV, coa colaboración do Círculo Habanero da Devesa e Mialma Producióis.

Será a partir das 19:30 horas e participarán Marina Oural (idea orixinal, voz, poema e escolma de textos), Chefa Alonso (saxo soprano, percusión, composición e improvisación) e Nacho Muñoz (piano, electrónica, composición e improvisación).

Ás 21:00 horas haberá unha Jam Session aberta a todas as artes e capacidades.

O prezo da entrada é de 10 euros.

26/04/2024

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Luisa Villalta, a Delegación de Cultura do Concello de Xove convoca dous concursos, un literario e outro de artes plásticas, destinados a rapazas e rapaces do municipio de Xove, desde 4º de Infantil ata 4º da ESO.

Os obxectivos son apoiar o uso, a lectura e a expresión en lingua galega e estimular a creatividade dos/as máis xoves do municipio. Poderá participar no concurso calquera rapaz/a en idade escolar e empadroado/a no concello de Xove. O cartel do concurso, xunto ás bases e a ficha de inscrición poden consultarse na web do Concello de Xove: www.xove.es

Os traballos deberán presentarse xunto á folla de inscrición na Biblioteca Municipal de Xove antes do 10 de maio. O fallo do xurado darase a coñecer oportunamente para que as...

leer más
16/05/2023

Chega unha data moi agardada, o 17 de maio, día das Letras galegas. Desde a Biblioteca Pública “Salgado Toimil” e os servizos de cultura e normalización lingüistica do Concello de Foz unímonos a esta celebración visibilizando o noso compromiso coa lingua e coa literatura galega ofertando as seguintes actividades lúdicas e formativas:
 
-“Unha galaxia chea de estrelas: Francisco Fernández del Riego”. Narración oral amenizada por Caxoto con música e cantigas o xoves 18 de maio ás 18:30 no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel María”. Entrada gratuíta. Duración 50-60 minutos. Neste espectáculo para toda a familia, Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante...

leer más
16/05/2023

Cervo celebra as Letras Galegas con varias actividades os días 17 e 19 de maio. 

Mañá, día 17, ás 12 do mediodía na Praza do Souto terá lugar unha lectura da viva e obra de Francisco Fernández del Riego; despois actuará o grupo Cordenaia; e  haberá a representación teatral de “Asdomare”, a cargo de Rilo & Penadique. Estas actividades están organizadas por Airiños do Xunto coa colaboración do Concello de Cervo. 

Xa pola tarde ás 18:00 horas na Escola de Rúa actuarán os Acordeonistas da Mariña. Organizan: As Espalladoras. Colabora: Concello de Cervo. 

E xa o venres, día 19, a Casa da Cultura de San Ciprián acollerá unha charla sobre Del Riego na que participarán Paco Rivas e Bernardo Penabade. Tamén será presentado o poemario “Posdata: Quérote”, de Paco Rivas, seguido dunha lectura...

leer más
14/05/2023

O Concello de Viveiro anuncia o programa de actos previstos para o próximo mércores co gallo do Día das Letras Galegas, unha xornada especial e festiva na vila que neste 2023 está dedicada a Francisco Fernández del Riego. 

A xornada do día 17 comezará ás 12:00 horas coa interpretación do Himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro. De seguido, na Praza Maior, celebrase un baile tradicional e xuvenil a cargo de Bágoas da Terra.

Ás 13:30 horas, na Praza da Fontenova, terá lugar a iniciativa “Música e Libros” coa colaboración da Libraría Porta da Vila e de África Copias, que inclúe un concerto do coro infantil do colexio Lois Tobío.

Xa pola tarde, ás 18:30 horas, o Teatro Pastor Díaz acolle a actuación de Magín Blanco “...

leer más
11/05/2023

Nos actos do Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego o vindeiro mércores, día 17, en Vilanova haberá as actuacións musicais de Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, o Coro Mestre Pacheo, a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e a Banda de Música de Lourenzá.

As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha actuación da Banda de Música de Lourenzá polas rúas de Vilanova. A partir das 11 e media da mañá desenvolverase na Praza do Conde Santo o acto institucional da Xunta de Galicia, no que actuará o grupo musical Luar na Lubre.

Ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega, acto no que participarán o grupo musical Souto Xímaro e o coro Mestre Pacheco.

Ás 15:00 horas empezará un xantar...

leer más
10/05/2023

O Concello de Viveiro anuncia unha das iniciativas que levará a cabo co gallo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro mércores, día 17, e que este ano rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego. 

A axenda cultural da vila mariñá sempre inclúe nesta data unha ampla oferta de actividades e propostas para todas as idades, que comeza xa dende o luns cun xesto de agradecemento a todos aqueles viveirenses e viveirensas que fan uso da Biblioteca Municipal.

O concello quere recoñecer o labor dos seus usuarios e usuarios, consumidores habituais de literatura, moita dela en galego, cunha bolsa que inclúe a lenda: “Orgullo de ser Galeg@s e de Viveiro”. 

“Estamos moi satisfeitos do labor que se fai dende a Biblioteca Municipal para achegar á cultura a todas as casas da vila”, afirma a...

leer más