Foz

Etiquetas:
13/11/2023

O grupo teatral Pico do Castro, procedente de Foz e activo dende o ano 2014, presentará na Casa da Cultura de Burela a comedia para todos os públicos ‘As mentiras teñen os pés pequeniños’. Será este venres, 17 de novembro ás 21:00 horas.

Na obra, escrita e dirixida por Juan José Villarino, Bieito atópase sen querer en posesión dunha bota pertencente á dona do belicoso coronel Leóni, polo que terá que agudizar o enxeño para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto e ficar libre de represalias.

A representación forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023, da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e a entrada para vela será de balde.

Etiquetas:
13/11/2023

A charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz que estaba prevista para este mércores 15 -sobre a próstata, a cargo do urólogo Marco Antonio García Expósito- aprázase para o día 29 deste mes co mesmo horario e lugar: ás 20 horas na Casa da Cultura. Anunciouno a concelleira de Sanidade, Kathy Navarro.

Dentro deste ciclo para o mércores 22 está programada a charla do psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que falará sobre A saúde mental na actualidade.

 

Etiquetas:
13/11/2023

O Movemento Artístico da Mariña, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha gala solidaria a beneficio dos colectivos Médicos sin fronteras e UNRWA España (comité español da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina). Será o 18 de novembro, sábado, na Sala Bahía, de Foz ás 20:30 horas.

O evento denomínase Compromiso 2023 pola paz, pola dignidade, pola xustiza. Haberá escultura, música, pintura, poesía e cerámica.

 

Etiquetas:
13/11/2023

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será o 16 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.

O Centiño ofrecerá a obra “Trepa, Tripa e Tropa” e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.

A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
12/11/2023

Da man do CEIDA e da Uned Aula Universitaria de Foz, no Cenima está aberta ao público a exposición Coidando o noso mar. Pode visitarse ata o 30 de novembro de 9 a 14 horas.
 
A mostra trata sobre “a fraxilidade característica dos ecosistemas costeiros, acentuada pola presión das actividades humanas, está a provocar a súa destrución. A franxa costeira está en perigo pola falta de planificación e mala xestión nas actuacións realizadas sobre ela durante as últimas décadas. O desenvolvemento turístico mal planificado, a erosión costeira, a presión urbanística, a contaminación mariña, a sobrepesca, a destrución do hábitat, etcétera son algúns dos males que afectan á costa tanto en Galicia como a nivel mundial. Da mesma maneira hoxe seguimos pensando que o mar é unha fonte inesgotable de recursos e que o mar é inmune ás nosas actividades e agresións. Os...

leer más
Etiquetas:
11/11/2023

O martes, 14 de novembro, ás 20:30 horas terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación da novela En Brandan da escritora barreirense Lucía Ferro.

Esta é a segunda novela desta autora, que acadou un considerable éxito de público coa súa obra anterior, Resaibo amargo.

Nesta segunda novela enxerga o xénero policiaco e presenta unha trama na que a aparición dun cadáver nunha pequena cidade, desencadea unha investigación policial na que, ao final, nada é o que parece.

 

Etiquetas:
10/11/2023

A parroquia focega de San Martiño celebra as súas festas patronais desde este venres 10 ata o domingo 12 de novembro.

As actividades empezarán o venres cunha verbena amenizada polo D´Vicio e Conxuro Discomóbil. O sábado a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Mar d’Arousa, que tamén actuará na verbena con Conxuro Discomóbil. E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E despois terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo Toxo Guayaba.
No campo da festa haberá carpa con calefacción.

Etiquetas:
09/11/2023

A danza toma de novo a Sala Bahía este venres, 10 de novembro, ás 20:30 horas da man de Marta Alonso Tejada e o seu espectáculo Bailar agora.

É a historia dunha bailarina que nace e crece nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, achégase á corentena. Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller; facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose en facelos realidade no momento presente. A maneira de levalo a cabo: bailando.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz é o prezo da entrada é de 5 euros.

Etiquetas:
09/11/2023

A asociación Os Bolouros, de Foz, celebra a 43ª edición das súas xornadas micolóxicas, que nesta ocasión están dedicadas á lembranza de Suso do Bahía. Desenvólvense as actividades ata o 30 de novembro.

Os xoves 9, 16, 23 e 30 de novembro hai os xoves de funxitapas nos establecementos hostaleiros Barrilete-Racimo e Casa Damián, onde coas consumicións serven petiscos de cogomelos a partir das 20:30 horas.

Para o domingo 12 de novembro está programado un percorrido pola Fraga das Lerias, no Valadouro, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 09:30 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 11. 

O domingo 19 de novembro haberá unha andaina pola Ruta de Cabreiros, na contorna...

leer más
Etiquetas:
08/11/2023

Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo - Bumei, o Concello de Foz e Os Sendeiros organizan unha andaina contra a violencia de xénero. Será o día 18 de novembro, sábado, a partir das 10:00 horas. A saída será desde as inmediacións da praia da Rapadoira para camiñar 16 quilómetros ata Cangas de Foz, desde onde haberá autobuses para que os participantes volvan ao punto de partida.

A inscrición é gratuíta, pero para participar hai que apuntarse antes do 13 de novembro. Pode facerse a través dos teléfonos 609.83.76.45, 606.71.84.82 ou 670.36.90.17.