Andaina

Etiquetas:
12/05/2024

Presentouse no entorno das praias de Caolín e Vidreiro a cuarta edición do Trail do Vicedo, acto que contou coa presenza do alcalde, José Jesús Novo Martínez; membros do Club Lar Trail e Montaña, coorganizadores do evento; e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste trail. O evento terá lugar o domingo 19 de maio.

A organización anuncia que “igual que os anos anteriores hai tres probas: un trail de 25 quilómetros, outro de 15 quilómetros e unha andaina, tamén de 15 quilómetros, que discorren por unhas paraxes espectaculares como son o entorno do Fuciño do Porco, as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Hai que destacar algunhas novidades respecto a outras edicións: acúrtase o trail longo a uns 25 quilómetros; hai varios tramos novos, sobre todo no inicio do trail longo e en zonas da costa onde se pasa máis cerca do...

leer más
Etiquetas:
12/05/2024

Os días 25 e 26 de maio, sábado e domingo, celebrarase en Riotorto a segunda edición do Trail e Andaina Os Muíños. Esta proba está organizada pola Asociación de Veciños da Ferreira e o Concello de Riotorto.

O sábado día 25 será a andaina, de 14 quilómetros, a partir das 16:00 horas. E o domingo 26 ás 09:30 horas comezará o trail longo, que percorrerá un traxecto de 27 quilómetros, e o trail corto sairá ás 10 da mañá e será de 17 quilómetros.

As inscricións para participar poden realizarse ata o 21 de maio en www.galitiming.com.

Etiquetas:
06/01/2024

Será un percorrido de 12.5 quilómetros polos montes de Viveiro, cun desnivel positivo 600 metros, e estará sinalizado con cinta de cor verde, sinais e pintadas no asfalto.

A saída da andaina e o trail será dende a praza Maior, ás 10.00 e ás 11.00 horas, respectivamente. E a chegada tamén terá por escenario a praza Maior arredor das 14.00 horas. Haberá zonas de avituallamento en Cunqueiro, Km 6, líquido e sólido, e na meta.

A recollida de dorsais poderá realizarse no salón multiusos do Concello o sábado 3 de 18.30 a 20.30 horas e o domingo 4 de 9.00 a 10.45 horas.

Para participar será necesaria inscrición previa e as persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas en todo momento dunha persoa responsable maior de idade, que  firmará un documento de autorización aceptando a súa...

leer más
Etiquetas:
08/11/2023

Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo - Bumei, o Concello de Foz e Os Sendeiros organizan unha andaina contra a violencia de xénero. Será o día 18 de novembro, sábado, a partir das 10:00 horas. A saída será desde as inmediacións da praia da Rapadoira para camiñar 16 quilómetros ata Cangas de Foz, desde onde haberá autobuses para que os participantes volvan ao punto de partida.

A inscrición é gratuíta, pero para participar hai que apuntarse antes do 13 de novembro. Pode facerse a través dos teléfonos 609.83.76.45, 606.71.84.82 ou 670.36.90.17.

Etiquetas:
16/10/2023

A cita será o próximo xoves, 19 de outubro, ás 17:30 horas, e o punto de encontro será o Peirao de San Ciprián.

Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.

 

Etiquetas:
24/09/2023

A asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o día 15 de outubro, domingo, unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.

É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.

A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 09:30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10:00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.

A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603.895.753 ou 617.299.798.

Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
11/09/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 24 de setembro, domingo, unha ruta por Balboa, en León. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:20 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 20 de setembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
17/08/2023

A asociación Sendeiros de Foz organiza a última andaina para este verán. Esta será unha travesía de 13 kms polo cordal dos montes do Buio o sábado 26 de agosto. O punto de encontro terá lugar no Cenor Belianorte de Foz ás 9 da mañá.

Os organizadores comentan que a dificultade da ruta será media e aconsellan levar calzado con debuxo e bastóns para as zonas de pendente con grava solta.

Como  noutras ocasións, é obrigatorio anotarse de antemán. Neste caso poderá facerse ata o 24 de agosto nos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es ; onde tamén poderase recibir información adicional. Ademais os non federados deben pagar 5 euros.

Etiquetas:
17/07/2023

O club de montaña focense Os Sendeiros propón unha nova andaina este mes. Será este sábado, 22 de xullo, cando os participantes realizarán a ruta de San Acisclo. Trátase dunha bonita andaina de 13 quilómetros. A saída será ás 9 horas diante do Concello e alí collerán un bus que os levará ao inicio do percorrido.

O prezo será de cinco euros para os non federados e de cero para os que si o sexan. Para anotarse ou así mesmo recibir máis información existen os números de contacto 670.369.017 (Morís) e o 606.718.482 (Laura) e tamén o correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. É obrigatorio anotarse antes do vindeiro xoves 20 de xullo xa que as prazas son limitadas.

Os organizadores informan de que se trata dunha ruta de dificultade media e se recomenda levar equipo adaptado de...

leer más
Etiquetas:
24/06/2023

En Foz haberá unha Andaina Solidaria Contra o Cancro o 2 de xullo, domingo, na que colaboran a delegación local da Asociación Española Contra el Cáncer, o Concello de Foz e o colectivo Os Sendeiros de Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño.

Os Sendeiros de Foz explican que “al término de la misma en el puerto habrá una mesa con una hucha para recoger los donativos para ayudar en la lucha contra el cáncer”.