Cervo

Etiquetas:
01/04/2024

O Concello de Cervo  vén de dixitalizar o proceso de reservas da piscina olímpica municipal a través do enlace Espacios deportivos | Reservas de Espacios Deportivos - Concello de Cervo, que permite ás persoas usuarias formalizar o acceso de 10 bonos ou a entrada libre, previo pago a través desta plataforma, simplificando así todo o proceso.

Así o avanzou a rexedora, Dolores García Caramés, que recorda que neste mesmo espazo virtual tamén se pode reservar o acceso ás pistas de pádel e á pista de atletismo do complexo deportivo da Veiga, neste último caso as persoas usuarias deberán estar federadas e  poderán reservar de xeito gratuíto a súa franxa horaria e recoller posteriormente a chave na piscina municipal.

Segundo explicou a alcaldesa “levamos tempo traballando nesta extensión da páxina web do Concello, co...

leer más
Etiquetas:
31/03/2024

Cabaleiros da Bidueira é unha asociación sen ánimo de lucro creada recentemente para organizar carreiras e rutas a cabalo en Cervo. E a primeira que organizan está programada para o 14 de abril, domingo.

A saída será ás 10:00 horas desde o polideportivo de San Román. Haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta e despois de rematar o percorrido no polideportivo de San Román terá lugar unha sesión vermú amenizada polo DJ Pablo Conxuro, xantar e baile.

As inscricións poden facerse a través dos teléfonos 657.256.408 (Adrián) ou 677.539.285 (Óscar) e o prazo remata o día 10 de abril.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.

Etiquetas:
25/03/2024

Este mércores, 27 de marzo, haberá un novo guateque de Arruguiñas, da man do Dúo Matices. Será nas Escolas Vellas de Cervo ás 20:00 horas.

Está organizado polo Concello de Cervo coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunco.

Etiquetas:
25/03/2024

O Concello de Cervo anuncia: “nesta Semana Santa temos actividades programadas para os máis pequenos da casa: inchables, xogos interactivos, portería de puntuación,...”

O luns, martes e mércores as actividades desenvólvense na Praza dos Campos, de San Ciprián, de 13:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (de 11:00 a 13:00 horas está reservado para Cervo Concilia). E xoves e venres serán na Praza do Souto, de Cervo, de 17:00 a 20:00 horas.

Etiquetas:
18/03/2024

O Concello de Cervo abre este martes, 22 de marzo, o prazo para participar nunha nova edición de Cervo Concilia, en Semana Santa. 
 
Un programa pensado para contribuír á conciliación das familias durante as vacacións escolares. Está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo e o  1 de abril entre as 8:30 e as 14:30 horas. 

O requisito indispensable para a inclusión dos nenos e nenas en Cervo Concilia é estar empadroado en Cervo. 
 
As inscricións formalizaranse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 22 de marzo.

Etiquetas:
18/03/2024

O Burgo de Trasbar acolle este próximo sábado, 23 de marzo, o VII Maratón de Tute, desde as 16:30 horas.

Ademais, o domingo 31 de marzo, terá lugar a Festa da Pascua, con misa ás 13:30 horas, seguida dun xantar cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de marzo. A comida será a base de callos con garavanzos, costela de porco asada, sobremesa, bebida, café e chupito por 25 euros para as persoas socias, e de 30 euros para as non socias; a metade para as crianzas de 5 a 9 anos.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata Trasbar, para presentar ámbalas dúas citas con representantes da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que organizan os eventos, coa colaboración do Concello.

Caramés aproveitou a ocasión para loar o traballo desta...

leer más
Etiquetas:
12/03/2024

A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, busca dar visibilidadeao papel das mulleres galegas na historia do país cun novo “Encontro de saberes compartidos”. 

Neste encontro, que terá lugar o sábado, 16 de marzo, ás 17:30 horas no  Museo Provincial do Mar de San Cibrao, en Cervo, estará presente a historiadora Alba Díaz Geada, que achegará o relatorio "Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892". Unha narrativa na que descubrirá o papel das mulleres nas revoltas do século XIX provocadas pola suba dos consumos e a carestía da vida. Nomeadamente, pola proximidade dos feitos, compartirá o que leva descuberto ata o de agora acerca do motín de Cervo, encabezado polas mulleres do lugar, o 23 de agosto de 1892 e que deixou pegada na historia da localidade.

08/03/2024

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, unha iniciativa de voluntariado aberta a toda a poboación “co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna”, tal e como precisaron a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, durante a presentación do programa este mediodía na Casa do Concello.

O programa que se articula sobre tres eixos de actuación (praias e ríos; montes e camiños e reciclaxe de plástico, vidro e cartón) arrincará o próximo mércores 13 de marzo, na praia da Caosa ás 17:00 horas, e as persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de voluntariado na Casa da Cultura o no teléfono 982 59 51 57.

... leer más
Etiquetas:
01/03/2024

O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de guateques itinerantes que achegarán música en directo os sábados ás diferentes parroquias, en colaboración coas asociacións de veciños de cada lugar.

Esta iniciativa, aínda que aberta á poboación en xeral, forma parte do programa integral de envellecemento activo “Arruguiñas” que arrincou este pasado mes de febreiro con gran éxito de participación e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización, para que se manteñan activos e activas físico e mentalmente.

Tal e como explicou a alcaldesa, queremos ofrecerlle á veciñanza que se atope nesta etapa de madurez todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu...

leer más
Etiquetas:
26/02/2024

O Concello de Cervo prepara unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller.

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

O sábado día 9 de marzo terá lugar o tradicional xantar do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar ás 15:00 horas. Todas aquelas mulleres do concello que desexen asistir poderán recoller os tíckets dispoñibles no propio local ata o 5 de marzo. Na comida farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a xogar estes días, así como un sorteo de agasallos cedido polas asociacións....

leer más