Cervo

Etiquetas:
21/02/2024

A asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos conmemorará o Día de Rosalía con varias actividades que organizan para este domingo, día 25 de febreiro. Serán no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos.

A partir das 12 horas haberá degustación do Caldo de Gloria. E ás 17:00 horas Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán o seu libro “O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias”.

 

Etiquetas:
19/02/2024

Este próximo sábado, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.

Para conmemorar esa data, desde o Concello de Cervo, organizan o concurso Versos de Rosalía.

Desde o Concello indican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683 31 59 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as...

leer más
Etiquetas:
12/02/2024

O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.

O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.

As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

 

Etiquetas:
08/02/2024

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.

Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.

A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.

Etiquetas:
06/02/2024

O tema xenérico é o amor, en calquera das súas versións. Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo
 
Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal
 
O prazo de presentación dos traballos remata o 12 de febreiro, a través do correo prensa@concellodecervo.com ou o wahtsapp 683 315 939
 
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola X edición.
 
Todos aqueles/as interesados/as poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un...

leer más
Etiquetas:
05/02/2024

A Casa do Mar é o escenario das partidas que se organizan durante as tardes ata principios de mes de marzo cando se decidirán as parellas gañadoras
 
A edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, mantivo un encontro de coordinación este mediodía coas participantes
 
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
 
Este mediodía Armada, mantivo un encontro coas participantes inscritas -13 parellas de parchís e 7 de tute-, para coordinar as partidas que se empezarán a xogar desde este mesmo luns, na cafetería da Casa do Mar.
 
As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada modalidade recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos no xantar con motivo do Día da Muller...

leer más
Etiquetas:
04/02/2024

O Concello de Cervo arrinca cos obradoiros infantís que xirarán sobre a temática do Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro -luns, mércores e venres- de 17:00 a 18:30 horas. Están dirixidos ás crianzas de entre 6 e 12 anos.

O luns 5 desenvolverase un obradoiro de máscaras Picasso, o do mércores 7 será de máscaras de cigarrón e o do venres 9 estará dedicado á creación dun photocall de Entroido.

Para participar inscriben na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57).

Etiquetas:
01/02/2024
O Concello de Cervo vén de deseñar un novo programa dirixido especialmente á poboación maior de sesenta anos baixo o título “Arruguiñas”.
 
A iniciativa, que foi presentada este mediodía no auditorio da Casa da Cultura pola rexedora, Dolores García Caramés, e pola edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, artéllase sobre catro piares fundamentais: taller de memoria, móvete, actívate e talleres terapéuticos; todas estas propostas compoñen unha iniciativa transversal pensada para este nicho de poboación co obxectivo de contribuír a dinamizar o seu día a día, e de que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente. 
 
Tal e como explicou a alcaldesa, “levamos meses configurando con moito mimo este programa co que pretendemos chegar a toda...
leer más
Etiquetas:
31/01/2024

Este venres, 2 de febreiro, comezará a ruta semanal de petiscos nas localidades de Cervo e Sargadelos, iniciativa que se desenvolverá en catro establecementos hostaleiros: O Caseto de Copa, Pousada O Almacén, A Taberna de Sargadelos e Café Bar Cultural A Sacabeira. 

Haberá o sorteo mensual dunha cea en cada local participante.
 
Os organizadores anuncian: “prometemos sorprendervos e facervos desfrutar cunha degustación de petiscos elaborados, polo módico prezo de 2, 50 euros unidade. Tamén haberá sorpresas e sorteos para as persoas participantes. Así que xa sabedes, animádevos a vivir esta experiencia e comezar a fin se semana do mellor xeito posible: cun percorrido gastronómico nunha contorna única e máxica”.

Nesta iniciativa colabora o Concello de Cervo.

Etiquetas:
30/01/2024

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente alcalde, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco e a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, colectivos estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente; ademais de representantes da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, que colaboran no Entroido de San Ciprián coa venta de bolos preñados e de chocolate e sobremesas típicas destas datas; e de membros da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, que...

leer más