Xeoloxía

29/04/2024

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, colabora coa Cámara Oficial Mineira de Galicia na organización dunha andaina na contorna da Silvarosa para conmemorar o Xeolodía, un evento impulsado pola Sociedad Geológica de España. Esta “excursión xeolóxica” terá lugar o día 11 de maio, sábado, data de celebración do Xeolodía. Esta efeméride ten lugar cada ano na segunda fin de semana de maio.

O concelleiro de Medio Rural, Juan Ramón Martínez Castro, sinala que “é unha honra que Viveiro fose o municipio elixido para a celebración do Xeolodía na nosa provincia por parte da organización, que pon en valor deste xeito o noso gran patrimonio natural e mineiro”.

A excursión, baixo o título “Do ferro Ordovícico ás Minas da Silvarosa: o patrimonio xeomineiro de Viveiro”, será gratuíta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar a...

leer más