Burela

06/05/2024

O salón de conferencias do Concello de Burela acollerá a charla titulada “Educar na atención. Pautas para o traballo na casa. Será este martes, 7 de maio, ás 16:30 horas e estará impartida pola especialista en pedagoxía terapéutica e intervención familiar Carolina García Chico, de Comunícate Logopedia.

Esta charla está organizada por Educando en Familia coa colaboración do Concello de Burela.

Etiquetas:
03/05/2024

O festival de música Osa do Mar, de Burela, vén de presentar o cartel definitivo da súa décima edición, que contará con artistas como Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Grande Amore, Yawners, Travis Birds ou Las Petunias. O evento sen ánimo de lucro, organizado cada ano pola Asociación Cultural Fanto Fantini, terá lugar os días 6, 7 o 8 de setembro.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu "apoio total ao festival Osa do Mar, que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela cada verán. Trátase dunha cita ineludible do verán burelao, na que artistas locais, da Mariña, de Galicia e de España se xuntan para facer bailar a miles de veciños, veciñas e visitantes na nosa vila".

Etiquetas:
03/05/2024

A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2024.

Os traballos premiados neste concurso participarán na fase provincial do mesmo, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

Poderán participar todos os nenos e nenas de ata 16 anos, establecéndose tres categorías por idade: a categoría A ata 8 anos, a categoría B de 9 a 11 anos e a categoría C de 12 a 16 anos. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 16 de maio, data a partir da cal o xurado premiará un máximo de 3 traballos por categoría.

Cada neno ou nena deberá presentar, ben relatos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema "Ler para pensar, pensar...

leer más
Etiquetas:
02/05/2024

O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Garda Civil, unha charla para previr as estafas a través do teléfono móbil. Será o luns 6 de maio ás 19:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Esta actividade forma parte do Plan Maior de Seguridade.

Etiquetas:
29/04/2024

 

La Fundación Expomar presenta una nueva edición de sus Xornadas Técnicas y Encontro Empresarial, que se celebrarán el 8 y 9 de mayo en el puerto de Burela, para abordar los nuevos retos y dificultades que afronta el sector pesquero.

El foro será como siempre abierto al público en el salón de actos de la Cofradía de Pescadores de Burela a partir de las 16:30 horas, tanto del miércoles 8 como del jueves 9 de mayo. Como ya es habitual en las últimas ediciones, las jornadas también se podrán seguir online desde la web www.expomar.com.

Las Xornadas Técnicas 2024 contarán con la participación del conselleiro do Mar de la Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que inaugurará el evento acompañado por la presidenta de la Fundación Expomar y alcaldesa de Burela,...

leer más
Etiquetas:
29/04/2024

Burela acolle unhas xornadas sobre uso do teléfono móbil, que terán lugar no Centro de Formación Ocupacional. Serán os días 8 e 15 de maio, en ambos casos ás 11:00 horas. As prazas serán limitadas.

Este martes, 30 de abril, comezará o prazo para inscribirse na actividade, que permanecerá aberto ata o día 7 de maio. A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A actividade forma parte do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e o asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
27/04/2024

Burela acollerá os días 25 e 26 de maio o campionato galego de mountain bike 'Enduro Monte Castelo'. O evento contará cunha participación estimada de 180 deportistas.

O día 25 de maio, sábado, terá lugar a proba de remontes de tramo urbano de 10:00 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas, así como a proba TC0 crono en tramo urbano. Ao día seguinte, o domingo 26 de maio, será a quenda da carreira enduro de 5 tramos, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 15:00 horas. En total, o campionato constará de 28 quilómetros de probas e 1.400 metros de desnivel.

“Apostamos forte por este tipo de actividades, xa que a mestura de monte e de entorno urbano fai de Burela un enclave perfecto para estas competicións”, sinala a alcaldesa, Carmela López.

Pola súa banda o presidente do Club Cerezo Bikes e co-...

leer más
Etiquetas:
26/04/2024

Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeras, que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición.

O evento presentouse no Concello de Burela coa presenza da alcaldesa, Carmela López, o deputado provincial Iván Castro e a presidenta de As Encaixeiras, Paqui Romo.

O encontro desenvolverase integramente no porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo Reina del Carmen.

A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11:30 horas á inauguración do evento, seguida dunha degustación de empanada de pescada e dunha viaxe ó Monte...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

O Concello de Burela organiza, coa colaboración do Centro de Saúde do municipio, unha serie de paseos saudables abertos para a veciñanza. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia serán as acompañantes na actividade. O primeiro terá lugar o xoves 2 de maio ás 10:00 horas, con saída dende o propio Centro de Saúde. A iniciativa repetirase ao longo dos meses de maio e xuño.

Estes Paseos Saudables con Gaia inclúense no marco da Estratexia de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade e do Plan Local do Centro de Saúde de Burela.

A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez Pardo, convida “a todas as veciñas e veciños de Burela a participar nestas andainas, un xeito perfecto de manter un hábito saudable dunha maneira divertida e amena”.

Dende o Centro de Saúde sinalan...

leer más
Etiquetas:
23/04/2024

A Casa da Xuventude de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo ‘Ciencia á feira’. Versará sobre as micorrizas e (micro)enxertos como ferramentas da produción vexetal e comezará este venres 26 de abril ás 12:15 horas.

As actividades realízanse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.

O ciclo ‘Ciencia á feira’ está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral, e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.