Burela acolle unhas xornadas sobre o uso do teléfono móbil os días 8 e 15 de maio

Burela acolle unhas xornadas sobre uso do teléfono móbil, que terán lugar no Centro de Formación Ocupacional. Serán os días 8 e 15 de maio, en ambos casos ás 11:00 horas. As prazas serán limitadas.

Este martes, 30 de abril, comezará o prazo para inscribirse na actividade, que permanecerá aberto ata o día 7 de maio. A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A actividade forma parte do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e o asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo.