Barreiros

Etiquetas:
03/12/2023

Produtores e creadores locais e de proximidade daranse cita no Mercadiño no Nadal que está a organizar o Concello de Barreiros por segundo ano e que terá lugar o domingo 10 de decembro na Praza do Concello de 11 a 20 horas.

O Concello de Bareiros avanza: “nos vindeiros días irémosvos anunciado os postos que poderedes atopar así como algunha novidade que haberá este ano”.

Etiquetas:
29/11/2023

O Concello de Barreiros está a compilar fotos antigas para elaborar entre todas e todos o calendario 2024 do municipio. Será un almanaque para o que a veciñanza aporta estampas das súas vivencias escolares ou dos seus devanceiros. Fará lembrar eses momentos pasados mes a mes axudando a evitar que os recordos se perdan na memoria esquecida.

Aquelas persoas que queiran compartir as súas fotografías poden poñerse en contacto co Concello a través da páxina de facebook ou nas oficinas municipais.

Etiquetas:
28/11/2023

O Concello de Barreiros, a través da biblioteca pública municipal, convoca os tradicionais certames infantís de poesía e debuxo do Nadal.

No certame de poesía pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz de ata 16 anos segundo se establecen as seguintes tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. O tema xenérico para este 2023 é O Nada e os poemas estarán escritos en galego. A extensión será como máximo dun folio.

No concurso de debuxo poden participar as nenas e nenos de 3 a 5 anos realizando o debuxo sobre cartolina tamaño A4, podéndose utilizar a técnica que se desexe. O tema xenérico, ao igual que no certame de poesía, é O Nadal.

Os traballos de ambos certames poderán presentarse nos colexios do concello, tanto no CEIP de San Cosme coma no CEIP de San...

leer más
Etiquetas:
27/11/2023

O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de "O traballo de Andrea" nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante o venres 1 de decembro ás 21 horas e o sábado 2 de decembro ás 19 horas.

Ollomao explica que “as persoas que teñen entradas para as funcións desta obra que foron canceladas poderán usar as mesmas, mais agradecemos que nos fagan saber que día van acudir para organizar o aforo do local”.

O teléfono de contacto para novas reservas ou calquera outra dúbida sobre estas representacións é o 678.546.526 (Marisa).

Etiquetas:
22/11/2023

A Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros prepara actividades para escolares, lectura do manifesto polo Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e a proxección do filme “Onde máis doe”. Estes actos desenvolveranse os días 24 e 25 de novembro.

O Concello de Barreiros tamén se suma un ano máis á campaña “En negro contra as violencias”, unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia.

O venres 24 de novembro haberá xornadas de sensibilización e concienciación para o alumnado dos colexios CEIP San Cosme e CEIP San Miguel....

leer más
Etiquetas:
21/11/2023

A asociación Irmandade San Caetano, de Celeiro de Mariñaos (Barreiros), organiza un magosto para este domingo, 26 de novembro, nas escolas desa parroquia. 

As actividades empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Condensadores de fluzo. Ás 14:00 horas comezará a comida, na que servirán empanada, bolo preñado, panceta, castañas asadas, pan, viño, refrescos e café. O prezo é de 15 euros e para participar hai que reservar antes do venres. O evento rematará cunha chocolatada.

A organización anuncia que “o domingo 26 nas Escolas de Celeiro de Mariñaos despediremos o mes de novembro cunha xuntanza das que nos gustan: comida, bebida, música e bo ambiente”.

21/11/2023

Barreiros celebrará a gala final do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros o domingo, 26 de novembro, ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme na que se repartirán 700€ en metálico para as categorías de adultos e,obsequio final máis diploma de recordo para todas as categorías e todas as persoas que completaran 4 ou máis probas; 3 no caso de menores.

O circuíto +KmsBarreiros 2023 chegou ao seu fin o pasado domingo 12 de novembro coa celebración da última proba, a V carreira Ao son do Masma. Tras esta última carreira, a clasificación xeral do circuíto de carreiras populares de Barreiros deixa como gañadora da categoría feminina absoluta a Romina Reimondo do Toxiza Clube de Montaña, quen este ano logrou revalidar o título; seguida da súa compañeira de clube, Fátima López, e de Julia Salvado do ACADE, quen logrou o terceiro...

leer más
Etiquetas:
15/11/2023

Este sábado, 18 de novembro, continúa a programación cultural elaborada polo Concello de Barreiros coa actuación de Lilá Teatro representando a obra “Duncan de Palleiro”. Será ás 19:00 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante.

Nesta obra “Duncan, o príncipe das corredoiras, non é un can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Alí onde vai leva consigo amizade, ledicia e unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente”.

Está dirixida a un público infantil (maiores de 3 anos) e familiar con entrada de balde ata completar aforo.

Etiquetas:
07/11/2023

O próximo 19 de novembro terá lugar a II Ruta BTT A.D. Augas Santas, unha proba non competitiva de bicicleta de montaña organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros e que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores máis.

O evento foi presentado este domingo coa presenza de Marta Castrillón, presidenta do clube organizador, Pablo Castrillón e Diego Carregal, membros da directiva, Dani García, deputado provincial e concelleiro de deportes do Concello de Barreiros, e ManuelOtero, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia.

A proba contará cun percorrido de 34 km.e un desnivel positivo de 1100 m. Dentro das novidades deste ano engádese a opción de...

leer más
07/11/2023

O Concello de Barreiros continua programando actividades culturais de outono coa obra de teatro “O menciñeiro á forza” que será representada polo grupo de teatro de Alfoz “Os pícaros de Lagoa”.

A obra é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo crego e escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Trátase dun texto baseado na famosa comedia El médico a palos de Molière.

A representación teatral, que terá lugar o domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme, está enmarcada no circuíto de teatro afeccionado que a Vicepresidencia da Deputanción de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.