25N
Con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lourenzá organiza dúas actividades: un espectáculo da artista Sue Moreno, previsto para o 3 de decembro, e un curso de autodefensa para mulleres, que será o día 15 do mesmo mes.
O domingo 3 de decembro ás 17:30 horas no pavillón municipal de Lourenzá a trapecista, actriz e bailarina Sue Moreno ofrecerá o seu espectáculo 4.0, que aborda as dificultades da conciliación familiar. É para todos os públicos e está incluído dentro das axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdad .
E o 15 de decembro, venres, no Multiusos Ponte de Cuñas haberá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será de 15:30 a 20:30 horas e para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 982.121.036....
leer másA Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros prepara actividades para escolares, lectura do manifesto polo Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e a proxección do filme “Onde máis doe”. Estes actos desenvolveranse os días 24 e 25 de novembro.
O Concello de Barreiros tamén se suma un ano máis á campaña “En negro contra as violencias”, unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia.
O venres 24 de novembro haberá xornadas de sensibilización e concienciación para o alumnado dos colexios CEIP San Cosme e CEIP San Miguel....
leer másO Concello de Ourol organiza diversas actividades, como maxia, unha andaina e unha charla, para conmemorar o 25N, pola igualdade e contra a violencia de xénero.
A primeira, que está programada para este xoves, día 23, é un espectáculo de maxia para público infantil e familias a cargo do mago Pedro Bugarín co seu novo show. Será ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.
O venres 24 haberá a quinta andaina contra a violencia de xénero, con saída ás 12:30 horas no Paseo da Rega.
E o día 29, mércores, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos terá lugar unha charla a cargo da actriz Berta Ojea.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia: “Acabouse! é o lema do Concello de Foz para este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde o Concello queremos amosar, baixo este lema, a nosa repulsa contra calquera tipo de violencia machista e transmitir á sociedade a importancia de traballar valores de igualdade e respecto polas persoas”.
Elena Martínez engade que “este ano colabora nesta campaña o equipo feminino de baloncesto Adamo Celtas, do C.B Celtas de Foz, un equipo conformado por algo máis dunha decena de mulleres novas, comprometidas e loitadoras, que se erixen como o equipo revelación da Primeira Autonómica Feminina. Estas rapazas son un clara mostra de que o deporte, como moitos outros ámbitos, non é só masculino e as locais están a ser un gran exemplo de...
leer másRibadeo conmemorará o 25N con proxeccións, teatro e cunha concentración e manifestación artística. O lema elixido para este 2023 é Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe, martes, iniciamos a semana repartindo nos centros educativos Historietas 25N, creadas cursos atrás por estudantes dos centros de Ensino de Ribadeo da ESO e da FP. Trátase dunha iniciativa que non só promove a prevención senón que tamén destaca e aproveita o talento artístico da mocidade ribadense”.
A edil ribadense contou que “o venres, día 24, proxectaremos a película Matria no auditorio con sesións matinais para os centros de ensino, enmarcadas no programa O Concello cos Coles. E haberá un pase aberto a todo o público ás 20 horas cunha entrada simbólica de 3 euros...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa, xunto coa asociación Saúde Mental A Mariña, diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.
No programa colaboran tamén a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), Airiños do Xunco, o CEIP de Cervo, e o CEIP Península da Paz.
Así, o venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, está prevista un concentración na Praza Nardo Martínez “pola igualdade e en contra da violencia de xénero” na que se gardará un minuto de silencio en recordo das vítimas, con lectura de manifesto a cargo dun representante do alumnado do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, e tamén da asoc. Saúde Mental A Mariña.
A continuación,...
leer másO día 23 no salón de actos do Centro Cívico ás 11:30 horas terá lugar unha obra de teatro. Trátase da representación de As fillas de Momán.
E o 24, venres, a Casa do Concello será iluminada para a ocasión e procederase a colocar un gran lazo pola eliminación da violencia contra a muller.
Os actos están organizados pola Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove.
Os actos comezarán mañá, sábado 18 de novembro, co obradoiro ‘Cultura Urbana on Tour’, organizado pola asociación de familias monoparentais 'Fagamos'.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de seguir combatindo a lacra que supón a violencia machista, co obxectivo de conseguir erradicala por fin da nosa sociedade”.
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala “a importancia de sensibilizar e visibilizar o que supón a violencia machista para as vítimas e as familias”. “Estamos pendentes de confirmar máis actividades nos vindeiros días”, explica a concelleira.
A xornada de mañá terá lugar no no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 17:00 a 19:00 horas. O espazo está aberto a todas as familias, con prioridade de acceso...
leer másA Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Burela presentan a programación de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
O venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero.A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro.
Durante a mañá do venres haberá,na Praza do Concello, un posto informativo onde se fará reparto de material (folletos, chapas, pulseiras, bolsas, etc) e se dará todo tipo de información, como vía de sensibilización, para poñer fin á violencia de xénero a través da concienciación da poboación en xeral e de dar a coñecer os recursos ás vítimas en...
leer másCon motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia da Muller, o Concello de Trabada programa a proxección da película "Custodia compartida" o día 25 de novembro, sábado, ás 18 horas na Casa da Cultura.
Este filme é “unha mostra da dor que sofren moitas mulleres e moitas familias, pola violencia machista que padecen nas casas, situacións que se dan en todas partes e que condicionan o resto da vida, por iso é imprescindible sensibilizar e visibilizar esta lacra porque como ocorre con todo aquilo que no se nomea ou non se recoñece, parece que non exista e desgraciadamente os datos reais non deixan de aumentar cada ano”.