Barreiros

Etiquetas:
23/01/2023

A parroquia de Santiago de Reinante, no municipio de Barreiros, celebra a súa Festa do Cocido o día 11 de febreiro, sábado, a partir das 14:00 horas. Está organizado pola Asociación Benéfico Cultural Hijos de San Miguel y Reinante.

Será nos locais das antigas escolas de Santiago de Reinante e o menú é o seguinte: aperitivos de benvida, codio galego, postre, café e chupito. A continuación haberá baile.

O prezo por persoa é de 20 euros e para asistir hai que anotarse a través do teléfono 679.055.148 ou comunicándollo a calquera membro da xunta directiva da asociación organizadora ata o 8 de febreiro.

Os organizadores do evento din: “se queres disfrutar deste manxar da gastronomía galega e pasar unha boa tarde non o dubides, anótate xa”.

 

18/01/2023

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Ruta de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xaneiro. Colaboran a asociación cultural A Parrala e Barreiros Mar e Monte. 

O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás dez da mañá desde o campo da festa da Rilleira para percorrer 8 quilómetros polo Val de Cabarcos. Imos visitar a casa do antigo Concello, as ruínas da cárcere e a casa da notaría de San Xiao de Cabarcos e tamén a capela de San Sebastián da Rilleira. Queremos aproveitar esta ruta para coñecer un pouco máis da cultura do noso municipio”.

Gómez Puente sinala que “para as doce e media está previsto o remate da ruta a carón da Capela de San Sebastián, onde ofrecermos un pincheo aos asistentes. E despois á unha e...

leer más
Etiquetas:
07/01/2023

A XI Festa dos Callos, que terá lugar en Vilamar o 14 de xaneiro, está organizada pola comisión de festas de Vilamar, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros. 

O evento será no campo da festa nun local pechado, que contará con calefacción. O menú consistirá en callos, costela asada con pementos e patacas, postre, viños, auga, refrescos, café e chupito. O prezo é de 28 euros por persoa. As nenas e os  nenos de 6 a 12 anos pagarán 14 euros. A data límite para anotarse é o 10 de xaneiro. 

A festa estará amenizada polo dúa Somos Latinos e pola discomóvil Onda Norte. 

 

Etiquetas:
04/12/2022

O 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón) 

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde. 

Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
21/11/2022

A  cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, rematará o vindeiro sábado, 26 de novembro, en Barreiros. 

Sofía López será a encargada de guiar a andaina denominada A vida aos pés da ría de Foz-Masma. Os asistentes realizarán un percorrido circular que os achegará a un espazo de grande beleza paisaxística como un sistema dunar, a propia ría e a súa biodiversidade, o patrimonio etnográfico e a micro toponimia da contorna. 

Por Foz discorreu a ruta do pasado sábado, día 19. Os participantes puideron ver moitas aves como silbón europeo, negrón común, garza real, espátula común, mazarico real, correlimos común, correlimos gordo, chorlitejo grande, aguilucho lagunero, etc. Axudados por prismáticos e por unha guía ilustrada de aves foron moitas as curiosidades consultadas sobre a migración destas...

leer más
Etiquetas:
07/11/2022

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro sábado, 12 de novembro, unha ruta a San Andrés de Teixido. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a ruta desenvolverase entre Cabo Ortegal e o santuario de San Andrés de Teixido. Son un total de 16 quilómetros”.

Gómez Puente sinala que “para os que imos facer a ruta a pé a saída desde Cabo Ortegal será ás sete da mañá. E para os que vaian pasear será a partires das nove. Xa á unha do mediodía asistiremos á misa no santuario e ás tres teremos xantar nun restaurante da zona”.

E engadiu que “o prezo da viaxe é de 10 euros e o da comida de 15 euros. A hora prevista de chegada a Barreiros será ás sete da tarde”.

O presidente de Camiñantes e Camiños de...

leer más
Etiquetas:
18/10/2022

O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa #BarreirosActivaMente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.

Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.

As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón...

leer más
Etiquetas:
13/10/2022

Integrantes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Veciñal, e Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron as carreiras e andaina Monte Comado 2022 que terán lugar este sábado 15 e domingo 16 de outubro no municipio barreirense.

A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).

Ás 16:30 h. darase a saída da carreira “½ km vertical” dende o mesmo lugar, a praia de Arealonga, e na que os participantes ascenderán ao cumio do monte Comado en apenas 4 km superando desniveis que roldan o 40% nos puntos máis abruptos do percorrido.

Na mesma tarde do sábado, ás 17:30 h. terán lugar as...

leer más
Etiquetas:
07/10/2022

O Concello de Barreiros vén de instalar dúas plataformas-miradoiro ao carón da ría de Foz-Masma. 

Segundo o Alcalde en funcións, Antonio Veiga, “estas infraestruturas atópanse nos lugares coñecidos como A Barcela e Pallares, localizacións desde as cales se obteñen unhas fermosas vistas deste espazo natural protexido e de gran beleza paisaxística”. 

A Ría de Foz-Masma forma parte da Rede Natura 2000 baixo as figuras de protección ambiental “Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)” e “Zona de Especial Conservación (ZEC)”. Así, xunto coa Zona de Especial Conservación As Catedrais, ambos recursos están integrados nesta rede europea de espazos protexidos, considerada un importante instrumento para fomentar a conservación e posta en valor da biodiversidade.

Segundo o Concelleiro de...

leer más
03/10/2022

As Escolas Deportivas Municipais de Barreiros ofertan actividades para todas as idades a partir de 4 anos. Comezarán o 10 de outubro e o prazo para inscribirse remata o día 3 dese mes.

Para persoas de 4 a 15 anos de idade as actividades ofertadas son multixogos, atletismo, patinaxe, natación escolar, fútbol sala e surf. E para os maiores de 16 anos hai ioga, cardio hitt, zumba, ximnasia de mantemento e espalda saudable. 

As actividades darán comezo o 10 de outubro do 2022 e rematarán o 31 de maio do 2023, agás a actividade de surf para menores que acabará en xuño do 2023.