Charlas

Etiquetas:
26/11/2023

A actriz Berta Ojea estará o vindeiro 29 de novembro en Ourol para falar de María Casares, a quen coñeceu en París no ano 1989, forxando unha amizade que duraría anos. 

Desde o Concello de Ourol convidan “a todas as persoas que queiran coñecer a Berta Ojea a que se acheguen a Ourol o vindeiro día 29 de novembro, ás 18:30 horas ao Edificio Multiusos”. A entrada é libre e gratuíta. 

O título da charla que pronunciará Berta Ojea é “Mulleres, galegas, actrices”.

Etiquetas:
22/11/2023

O Foro Social da Mariña organiza unha palestra en Barreiros co título “A vivenda: cara onde imos”. Será este venres, 24 de novembro, ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Social de San Cosme de Barreiros.

O relator é Rubén Camilo Lois González, catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela; foi director xeral de Turismo da Xunta do 2005 ao 2009; e é coordinador do Grupo de Análises Territorial da USC e director da Fundación Centro de Estudos Euro-Rexionais.

O Foro Social da Mariña di: “nestes tempos nos que están en cuestión dereitos tan básicos como o acceso a unha vivenda digna, situando a cada vez máis persoas nunha situación de vulnerabilidade, queremos someter a debate esta problemática que atinxe a ao conxunto da cidadanía. A problemática da vivenda en temas como a ordenación do...

leer más
Etiquetas:
22/11/2023

A Escola de Cinxe acollerá unha charla para as familias. O título é Sácalle partido ao teu estudo. Está organizada por Educando en Familia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

A cita será este sábado, 25 de novembro, ás 11 horas na Escola de Cinxe, na Devesa. A charla será impartida por Carolina García Chico, que é especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familia. 

 

Etiquetas:
18/11/2023

O Sindicato Labrego Galego organiza a actividade denominada “Xornada de historias de vida: 3 vidas, 7 fotos. Mulleres que nos inspiran. Se o podes soñar pódelo crear”. Será o mércores 22 de novembro na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo, no concello de Lourenzá.

Será de 10:30 a 18:30 horas, con comida compartida, e intervirán a educadora ambiental e escritora Inma Soto Iglesias; a dinamizadora comunitaria creadora da Biblioteca Maravilhas, Rosa Espiñeira Pan; e Elia Rodríguez Álvarez, que falará de experiencias arredor da agroecoloxía e da cultura.

Para asistir hai que inscribirse a través do teléfono 606.398.305.

Etiquetas:
15/11/2023

Ribadeo acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a décimo oitava edición das Xornadas Mar por Medio reunindo a un nutrido grupo de especialistas e estudosos do fenómeno xacobeo para analizalo desde diversas ópticas. “O Camiño: Cultura e tradición” é o título do programa de actividades preparado pola Academia Xacobea, que por segundo ano consecutivo asume a organización das Xornadas, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo. O presidente da Academia, Xesús Palmou, o alcalde ribadense, Daniel Vega, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deron a coñecer esta tarde os detalles do programa.

“Queremos converter Ribadeo nun espazo de congresos e por iso imos seguir apostando por estas Xornadas. Xa loitamos por elas desde a oposición e seguimos...

leer más
Etiquetas:
13/11/2023

A charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz que estaba prevista para este mércores 15 -sobre a próstata, a cargo do urólogo Marco Antonio García Expósito- aprázase para o día 29 deste mes co mesmo horario e lugar: ás 20 horas na Casa da Cultura. Anunciouno a concelleira de Sanidade, Kathy Navarro.

Dentro deste ciclo para o mércores 22 está programada a charla do psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que falará sobre A saúde mental na actualidade.

 

Etiquetas:
10/11/2023

As xornadas de divulgación do coñecemento da cultura marítima na comunidade educativa de Viveiro, denominadas Vivemar, desenvolveranse do 13 ao 19 de novembro nos colexios do municipio: Cep Lois Tobío, Ceip Covas, Ceip Celeiro, Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CPR Landro. Están coordinadas por Lucas Requeixo, de Vivemar, e patrocinadas pola Consellería do Mar.

O programa de actividades empezará o luns 13 ás 20:30 horas coa inauguración da exposición “O mar en Xosé Conde Corbal” na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O martes 14 ás 20:30 horas proxectarase o documental "A Construción da Dorna Irmandiña", tamén na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde o mércores 15 ás 20:30 horas poderá verse o documental "As bateas e o mexillón" e o xoves 16 ás 20:30 horas haberá a charla e proxección “A obra mariñeira de Xosé Conde Corbal”,...

leer más
Etiquetas:
09/11/2023

Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia é o lema elixido polo Concello para a conmemoración do 25N. A programación das actividades, que se desenvolverán do 11 ao 26 de novembro, foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e polo subdelegado en Galicia da Asociación Española de Gardas Civís, Germán Vale.

A edil ribadense dixo que “na antesala do 25 de novembro, o Concello álzase con determinación baixo o lema Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia. O lema convida a tod@s, a unirse neste esforzo conxunto por un futuro onde a igualdade prevaleza sobre a violencia”. 

O subdelegado en Galicia da Asociación Española de Gardas Civís, Germán Vale, indicou que “desde a Asociación Española de Gardas Civís de Galicia estamos moi sensibilizados coa violencia de xénero, xa que...

leer más
Etiquetas:
08/11/2023

O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo) acollerá o sábado 11 de novembro as XII Xornadas de Construción Naval en Madeira, tituladas "Un mar de madeira: singraduras pendentes", que organiza a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), que conta coa colaboración do Concello de Cervo.

As actividades desenvolveranse a partir das 10:00 horas, co acto de inauguración a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez; a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e o presidente de Agalcari, Ramón Collazo Mosquera. E a xornada será clausurada ás 14:00 horas pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.

Etiquetas:
07/11/2023

Para o venres 17 de novembro ás 19:30 horas a Fundación Galiza Sempre organiza no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro unha palestra coloquio baixo o título 'A situación enerxética galega', a cargo de tres membros do Colectivo de Debate Enerxético Bidán: Manolo Cabarcos, Quico da Silva e Fernando Branco. 

A organización di que é “unha excelente oportunidade para coñecer e afondar no modelo enerxético que Galiza precisa da man de tres especialistas”.