Bravos

03/05/2024

O festival de música galega Aturuxo, de Bravos (Ourol) celebrarase os días 19 e 20 de xullo, venres e sábado. A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.

O XII Festival Aturuxo celébrase en dúas xornadas: 19 de xullo pola tarde-noite e 20 de xullo durante toda a xornada. O venres haberá a tradicional cea de irmandade e posterior concerto, para logo rematar cunha foliada popular. O sábado, a música soará dende o mediodía e pola tarde haberá xogos interxeracionais, obradoiros e actuacións cómicas ou teatrais, dirixidas a todos os públicos.

Haberá dispoñible servizo gratuíto de autobús para facilitar os desprazamentos.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres un acordo de...

leer más
Etiquetas:
03/11/2023

A asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte, da parroquia de Bravos (Ourol) organiza un magosto para o 11 de novembro, sábado. Será no seu local social a partir das 21:00 horas. 

Haberá cachelos, torresmos, chourizos e castañas de balde. E baile amenizado polo dúo Samba.

 

Etiquetas:
27/06/2021

O festival Aturuxo, de Bravos (Ourol), celebrará a súa novena edición o 10 de xullo, sábado, con aforo limitado.

Ás 12:00 horas Circo Chosco ofrecerá o espectáculo Forzu2, só para socios. E ás 21:00 horas actuarán Ce Orquestra Pantasma, Tanxugueiras e Os d´abaixo.

Os organizadores explican que nesta edición o festival ten “un cartel adaptado ás circunstancias, pero coa mesma enerxía de sempre. 
Este ano o aforo será limitado, polo que o acceso ao recinto só será posible con entrada (impresa ou en código QR), que se poderá reservar gratuitamente online en: https://www.woutick.es/.../entradas-festival-aturuxo-2021. No recinto serán de obrigado cumprimento as normas covid (máscara, hixiene e distancia), así como atender e respectar as...

leer más