Xove

Etiquetas:
13/08/2023

O areal de Lago, no municipio de Xove, acollerá un curso de iniciación ao balonmán praia desde o mércores 16 ata o venres 18 de agosto de 16:00 a 20:00 horas.

Está actividade, que é totalmente gratuíta, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos.

Está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
11/08/2023

Xove acogerá del 28 de agosto al 3 de septiembre la décima edición del torneo de pádel San Bartolo, que se disputa en categorías masculina, femenina y mixta.

Las inscripciones, que son limitadas, pueden realizarse llamando a la OMIX de Xove, a través del teléfono 982.57.18.16, o en Activity, al número 982.58.13.81.

Se entregarán premios en material deportivo por un valor total de 1.500 euros.

 

Etiquetas:
10/08/2023

O alcalde de Xove xunto coa concelleira de Cultura e os membros da Comisión de Festas presentaron o programa de actividades das Festas Patronais do San Bartolo 2023.

O 16 ás 22 horas na Praza do Concello terá lugar a proxección da película “O que arde”. 

O 17 tamén na Praza do Concello ás 12 da mañá actuará o Mago Paco con “Hocus Pocus”. Ás 20:30 horas José Mª González Barcia, que fora mestre e director do colexio de Xove, será o encargado de dar o pregón das festas deste 2023. Será no salón de actos do centro cívico. E ás 22 horas na Praza do Concello actuación de La Penúltima con “Tributo a Sabina”.

O 18 de agosto haberá o scape room “La maldición pirata”, na Omix. A actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 2º de Primaria. Ás 20 horas está programada unha sardiñada popular...

leer más
Etiquetas:
20/06/2023

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IX Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medio ambiente.

Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales...

leer más
Etiquetas:
15/06/2023

A música, o baile e o traxe tradicional volverán encher as rúas da Mariña durante as II Xornadas Etnográficas da Mariña que organiza a asociación Tecedeira en colaboración co Concello de Xove e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do 16 ao 18 de xuño.

O cartel definitivo trae unha gran variedade de actividades e agrupacións, ademais da tradicional foliada. 

Como cada ano, as Xornadas Etnográficas da Mariña (Música, Baile e Traxe Tradicional) van itinerando polos diferentes municipios da comarca. A primeira edición tivo lugar en Ribadeo o pasado ano 2022. Este ano será Xove o concello que acollerá o evento en homenaxe á agrupación Saíñas polo seu 40º aniversario. 

Este 2023 as Xornadas Etnográficas da Mariña celebraranse de novo en xuño e terán tres días de duración e, como novidade,...

leer más
Etiquetas:
14/06/2023

Afundación presentou esta mañá en Xove a súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación, «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA», unha mostra de rúa que se presenta grazas á colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da localidade.Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá,asistiron o alcalde do Concello de Xove, José Demetrio Salgueiro; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director de oficina de ABANCA en Xove, Fabián Rodríguez; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta exposición de rúa poderase visitar ata o vindeiro 9 de xullo na praza anexa ao Centro Cívico de Xove.

A EXPOSICIÓN «VIAXANDO. COLECCIÓNS DE ARTE AFUNDACIÓN E ABANCA»
Co obxectivo de amosar as coleccións de arte de ABANCA e Afundación fóra...

leer más
Etiquetas:
06/06/2023

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Xuventude, Crisitna Iglesias, presentaban hoxe o programa Verán Xove 2023.

As actividades que se van desenvolver darán comezo o día 13 de xuño, con rutas a San Antonio da Rigueira. O prazo para anotarse remata o 12 de xuño.  Ademais haberá Encontros para Saúde: Obradoiro de Memoria, dirixido a persoas maiores de 60 anos que se levará a cabo dos días 3 ao 31 de xullo. As inscricións para esta actividade poden facerse entre o 15 e o 28 de xuño. 

Tamén se celebrará un Obradoiro Tecnolóxico de Verán sobre informática, dirixido a nen@s de 1º de Primaria ata 4º de ESO, do 4 ao 10 de agosto. As inscricións, ata o 28 de xuño, deben facerse na OMIX.

As actividades deportivas inclúen o programa Móvete no Verán, adicado a nen@s e rapaces...

leer más
Etiquetas:
02/06/2023

A Escola Municipal de Música de Xove organiza o Obradoiro de Iniciación Musical que se desenvolverá durante o mes de xuño.

Este obradoiro gratuíto levarase a cabo na Escola Municipal de Música, en Palmeiro, que porá o seu instrumental a disposición dos participantes. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de Primaria en diante e para inscribirse terán que cumprimentar a documentación que entregarán presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller.

A actividade realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño, de 11:00 a 12:00 horas, e rematará coa participación conxunta no concerto de fin de curso da Escola de Música.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Xove e Prestixove.

Etiquetas:
31/05/2023

O 10 e o 11 de xuño Ana Pena (Guía tu día), Boris Vilar e Guido Guía organizan dous paseos guiados, en Foz e Xove, que serán un convite perfecto para desfrutar da penúltima fin de semana da primavera por terras mariñás.

Despois das súas primeiras colaboracións xuntos #RedescubrindoViveiro e #RedescubrindoAlfoz en abril e maio, estes tres guías autónomos volven unirse para seguir dando a coñecer xuntos as belezas e riquezas da zona.

O sábado 10 de xuño será o turno de #RedescubrindoFoz, no que Ana Pena (focega) e Guido Álvarez (neto de focega, de Vilaronte, e cun estreito vínculo co municipio) buscarán dar a coñecer os lugares máis emblemáticos da vila sen deixar de lado a intención de sorprender ás propias veciñas e veciños que se animen a vivir a experiencia. Terá lugar de 11h a 14h e o punto de encontro e final...

leer más
Etiquetas:
25/05/2023

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a Recuperación da Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, o próximo 13 de xuño. Este ano é unha edición especial xa que o Consello de Turismo acaba de declarala Festa de Interese Turístico de Galicia, sendo a primeira distinción deste tipo para o municipio de Xove. 

Ata o próximo 12 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove, para obteren a Ventura e a flor do San Antonio cando conclúan o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono: 982592001 ou escribir un correo electrónico a: lucia@xove.es 

Como cada ano, os/as romeiros/as irán identificados/as cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes da...

leer más