Xove

Etiquetas:
25/11/2023

A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2024, de xaneiro a xuño.
  
A Inscrición para alumnos/as censados en Xove:
   Día: luns 4 e martes 5 de decembro.
   Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
   Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfronte da Residencia da 3ª Idade).
 
A Inscrición para alumnos/as  de fóra de  Xove:
Día: luns 11 e martes 12 de decembro.
   Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
   Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfronte da Residencia da 3ª Idade).

Etiquetas:
19/11/2023

O día 23 no salón de actos do Centro Cívico ás 11:30 horas terá lugar unha obra de teatro. Trátase da representación de As fillas de Momán. 

E o 24, venres, a Casa do Concello será iluminada para a ocasión e procederase a colocar un gran lazo pola eliminación da violencia contra a muller. 

Os actos están organizados pola Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove. 

 

Etiquetas:
03/11/2023

Mañá, 4 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Teatro Baixo a Area  vai por en escena  a obra Poeta en Nova York. Trátase dunha adaptación teatral da celebérrima obra de F. García Lorca. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Profesional 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.

Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. O público viaxará con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa...

leer más
Etiquetas:
23/10/2023

A asociación cultural Saiñas, de Xove, celebrará o seu 40 aniversario cunha cea baile que terá lugar no restaurante Louzao, de Viveiro, o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas.

A organización anuncia que “haberá sorpresas varias, momentos emotivos e moita troula”.

Os interesados en asistir poden apuntarse a través deste enlace:
https://forms.gle/Rpt4PnyD7bi3YWz87 ou enviando unha mensaxe de texto ao teléfono 679 66 71 94 cos datos (nome, apelidos e teléfono de contacto). A data límite para inscribirse é o 29 de outubro.

Etiquetas:
20/10/2023

Mañá, 21 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Adala Teatro de Fazouro  vai por en escena  a comedia Vivan os noivos. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta  coa  colaboración do Concello de Xove. Entrada libre e para todos os públicos.

Sinopse: Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facerse cargo do coidado dos seus respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose no apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, deciden marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu...

leer más
Etiquetas:
13/10/2023

Mañá, 14 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, o Grupo Hipócrita Teatro vai por en escena a comedia Casting. Esta actuación pertence ao Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta  coa  colaboración do Concello xovense.

O GRUPO
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do 2004, formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizaba o Concello. Desde entón traballan de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través de diferentes actividades no eido do teatro, que abranguen:
-Creación e representación de espectáculos teatrais para todos os públicos, de pequeno formato (Casting, Miserere, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que...

leer más
Etiquetas:
03/10/2023

O sábado, 7 de outubro, terá lugar en Xove o XII Encontro de Palilleiras.

Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, desde o Concello xovense invitan a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais “a que nos acompañen ese día. A día de hoxe temos algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados”. 

O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, vai comezar pola mañá ás 10:30 horas coa recepción de todas as palilleiras. O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 horas pola mañá e der 16:30 a 19:00 horas pola tarde. A entrada, como sempre, vai ser libre e gratuíta para todos. 

A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a...

leer más
Etiquetas:
29/09/2023

A sexta edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase o 22 de outubro, domingo, en Xove.

A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que “a marcha non é competitiva, é apta para todos os públicos e hai alternativas nos pasos máis difíciles. A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas. A bolsa do corredor inclúe o correspondente dorsal, un vale de almorzo, unha camiseta 42k, un bote de mel da terra e un vale de comida para aqueles que se inscriban con esa opción. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.250 metros de desnivel acumulado. Ao longo da ruta haberá dous avituallamentos sólidos. Dispoñemos de servizo de limpeza de bicicletas e ducha con auga quente para todos os participantes. Ao acabar teremos...

leer más
Etiquetas:
28/09/2023

O Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro, de venres e domingo. O campo estará cuberto por unha gran carpa.

O venres a partir das 20:00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. E ás once da noite empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.

E para o domingo ás 13:00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.

 

Etiquetas:
22/09/2023

O programa de actividades ‘Xove ponte en forma’ empeza o 2 de outubro, luns. Inclúe ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e ximnasia na auga para maiores.

A ximnasia de mantemento será os luns de 11:30 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:15 horas.

A actividade de aerobic & full body desenvolverase os luns e mércores de 10:30 a 11:15 horas.

Haberá dous grupos de pilates: un será os martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas e o outro realizará a actividade os mesmos días de 11:30 a 12:15 horas.

E a ximnasia na auga para maiores desenvolverase os mércores e venres de 11:30 a 12:15 horas.

A inscrición debe facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove e o prazo remata o 28 de setembro.