Verán

Etiquetas:
10/06/2022

O Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 13 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no Campamento Urbano de Verán 2022, que se desenvolverá dende o 4 de xullo ao 26 de agosto.

“Sabemos o importante que é para as familias poder conciliar na época estival, por iso desde o concello impulsamos esta iniciativa nos meses de verán, con máis prazas e un horario máis amplo que o ano pasado”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“É fundamental polo tanto promover as actividades lúdicas, culturais e deportivas para os máis pequenos, facilitando que os seus pais e nais poidan compatibilizar a vida laboral e familiar”, engade a alcaldesa.

As bases de selección e o modelo de solicitude estarán publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na paxina web do concello. O prazo para a...

leer más
Etiquetas:
08/06/2022

A Concellaría de Mocidade organiza actividades de verán para a infancia e a xuventude co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. As colonias para nenas e nenos desde infantil ata 6º de primaria serán do 4 ao 29 de xullo. Para a rapazada, a partir de 12 anos, haberá actividades do 11 ao 15 de xullo e unha semana tecnolóxica do 1 ao 5 de agosto. A inscrición para participar nesta programación deberá facerse de xeito presencial do 14 ao 20 de xuño na Casa da Xuventude.

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez, anunciou que “dende a Oficina de Información Xuvenil e dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo queremos dar coñecer as actividades que os nosos rapaces e rapazas e os máis pequeniños van ter durante todo este verán. Volvemos a unha nova normalidade, polo tanto volven con nós as colonias de verán que fixemos...

leer más
Etiquetas:
23/05/2022

As escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo ofertan un total de 91 prazas en catro modalidades: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. O prazo de inscrición estará aberto do 24 ao 31 de maio. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas o acceso será por sorteo, que tería lugar o 2 de xuño. As escolas foron presentadas hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 

O edil ribadense dixo que “outro ano máis convocamos as Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo. Hai catro especialidades: pesca deportiva, surf, piragüismo e vela. En total son 91 prazas e a matrícula estará aberta do 24 ao 31 de maio. O prezo da matrícula son 40 euros. Se en calquera desas especialidades hai máis solicitudes que prazas sortearanse o día 2 de xuño”. E engadiu que “as escolas...

leer más
Etiquetas:
25/08/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha campaña de Fin de Rebaixas para os días 26, 27 e 28 de agosto con grandes descontos nos comercios locais asociados. 

Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila. 

Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os...

leer más
Etiquetas:
23/07/2021

O Concello de Trabada organiza diversas actividades dentro do seu programa Verán 2021.

O día 28 de xullo ás 12:30 horas o grupo Gazafelhos representará A illa sen tesouro.

En agosto, o día 13 ás 12:30 horas Bandullo Azul presentará Filipa cos contos. O día 14 ás 18:00 horas actuarán o Mago Xacobe e Kayto con 2 Magos alokaytos; e ás 22:00 horas haberá Cine na Rúa coa película O que arde.

O día 15 ás 14:00 horas ofrecerá un concerto a Banda de Música Municipal de Ribadeo; ás 18:00 horas, Viravolta Títeres presentará A maleta de don Attilio; e ás 22:00 horas, no ciclo Cine na Rúa, proxectarase a película Cuñados. 

O día 16 ás 14:00 horas actuará a agrupación O Arco da Vella; e ás 18:00 horas, Pakolas presentará Cores, contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita....

leer más
22/07/2021

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns dos protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova. “Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo Campos Conde.

“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.

Programación
A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co “Misterio da Via Rexia”, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa...

leer más
Etiquetas:
21/07/2021

O Concello de Cervo organiza diversas actividades nos programas das Noites Alternativas e Enredando no Verán para os meses de xullo e agosto.

Os días 24 de xullo e 7, 8, 21 e 22 de agosto haberá aluguer de bicicletas eléctricas, na praza dos Campos en San Ciprián, en horario de 11:30-14:00 horas e de 16:30-20:00 h. Esta actividade é para todas as idades.

Os días 31 de xullo e 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto están programadas rutas con guía turístico para todas as idades.

Os días 27 de xullo e 3, 10, 17 e 24 de agosto desenvolveranse clases de ioga para as crianzas de 6 a 9 anos. Ademais os días 29 de xullo e 5, 12, 19 e 26 de agosto estas clases de ioga estarán dirixidas a crianzas de 10 a 12 anos.

Tamén haberá neste mes de xullo teatro, o 22; circo, o 26; noite de...

leer más
Etiquetas:
14/07/2021

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, aproveitou a súa visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán para anunciar a programación cultural, que durante as próximas semanas levará ao concello espectáculos para todas as idades.

A propia alcaldesa tramitou unha nova subvención da Xunta de Galicia que se aprobaba por orde de entrada das solicitudes, ás doce da noite, para que os espectáculos do programa ‘Cultura no Camiño’ cheguen a Trabada. O concello aportará 1.580 euros e a Xunta 6.000 euros.

‘Cultura no Camiño’ é un programa financiado por Agadic e Agatur que se celebra nos concellos gallegos polos que pasa algunha das rutas recoñecidas. 

A praza do Concello de Trabada será o escenario de varios espectáculos de música, teatro, danza, maxia e novo circo (o...

leer más
Etiquetas:
07/07/2021

O Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.

Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abanico de posibilidades pensadas para todos os públicos. 

Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Ciprián. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.

A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de...

leer más
Etiquetas:
02/07/2021

O Concello de O Vicedo presentou a súa programación sociocultural para este mes de xullo que dará comezo o vindeiro luns, día 5 de xullo, coa semana gratuíta de iniciación ao kaiak para xoves do Vicedo de 10 a 18 anos.

O día 7 de xullo ás 16:30 horas terá lugar a presentación dos mércores de natureza con táboas paddle sup e kaiaks pola costa de O Vicedo. O punto de encontro estará na praia de Arealonga. A idade mínima dos participantes é de 12 anos e haberá un prezo especial de inicio de 10 euros.

O 14 de xullo ás 22:30 horas celebrarase unha ruta de sendeirismo nocturna que discorrerá pola Ponte sobre o río Sor, Vicedo e Xilloi, cunha lonxitude de 7 quilómetros. A saída será desde a Ponte e opcionalmente, ao remate, haberá un chocolate/refresco/cervexa en Merendero Los Árboles. O prezo será 2 euros por persoa....

leer más