Verán

30/05/2023

O Concello de Barreiros organiza os Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2019. Desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas de luns a venres.

As actividades levaranse a cabo en quendas de quince días naturais. A primeira será do 1 ao 15 de xullo, seguida do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto e, finalmente do 16 ao 31 de agosto. Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30, para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición xa a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal e das redes sociais.

Nos campamentos haberá xogos,...

leer más
Etiquetas:
23/05/2023

Do 24 ao 30 de maio estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Verán que organiza o Concello de Ribadeo. Trátase das modalidades de pesca deportiva, surf, skate e surf skate, piragüismo e vela. 

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “as inscricións teñen que facerse de xeito presencial na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e o martes e xoves tamén de 16 a 18 horas”. O 31 de maio será o sorteo naquelas modalidades nas que se rexistren máis solicitudes que prazas ofertadas. O custe será de 40 euros. 

O edil ribadense indicou que “as escolas deportivas de verán están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2008 e 2015. Agardamos que as aproveiten e que disfruten dun bo verano en Ribadeo practicando deporte”.

En pesca deportiva ofértanse...

leer más
Etiquetas:
10/08/2022

O Concello de Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar a través dun completo programa de actividades lúdico-educativas enmarcada no programa bautizado como “Cervo Concilia”, que se desenvolverá ata o 7 de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Máis de 125 pequenos/as de entre 3 e 12 anos participan cada día nesta iniciativa municipal de balde, que coordina a edil de Educación, Dolores García Caramés, xunto cun equipo humano conformado por 10 monitores/as e 6 voluntarios/as.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, achegáronse ata a Casa do Mar onde se habilitaron cinco aulas para impartir as diferentes actividades que se complementan con saídas diarias ao exterior para participar en rutas de sendeirismo, actividades acuáticas ou deportivas...

leer más
Etiquetas:
05/08/2022

A Delegación de Deportes do Concello de Burela lembrou esta mañá que continúa o programa de Fit Dance para este verán, unha proposta á que poden acudir todas as persoas interesadas de xeito totalmente gratuíto.

As sesións realízanse na Praza do Concello todos os mércores de agosto a partir das 20:30 horas, e non é necesario inscribirse previamente. A actividade está impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensina con esta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal.

O edil de Deportes, Ramiro Fernández, anima desde o concello a participar desta actividade que “contribúe a manter a forma entre os veciños no período de vacacións, aprendendo unha forma divertida a través do baile a facer...

leer más
03/08/2022

O Desfile de Entroido de Verán terá lugar este venres, 5 de agosto, en San Ciprián, da man da asociación Amigos da Maruxaina, coa colaboración do Concello de Cervo.
 
A saída do desfile está prevista desde a Casa do Mar, ás 20:00 horas. Haberá premios en distintas categorías e ao remate terá lugar unha sesión disco da man de DJ OVO na Praza dos Campos.
 
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata mañá xoves na Casa da Cultura en horario de mañá. 

 

Etiquetas:
01/08/2022

A Asociación Os Sendeiros de Foz, coa colaboración do Concello focego, organiza o vindeiro sábado, 6 de agosto, unha andaina de verán, que  será unha variante da ruta do río Ouro, en Fazouro.

A saída será as 9:00h na área recreativa da Ponte de Ferro en Fazouro. A ruta é de dificultade media e recomendase levar equipo de sendeirismo.

Terá un prezo de 4€ para os non federados e gratis para os federados. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo chamando aos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou mandando un correo a ossendeiros@yahoo.es, teñen de prazo ata o venres, 5 de agosto.

 

Etiquetas:
21/07/2022

Ribadeo inúndase de música esta fin de semana co festival de verán que se celebrará en Cabanela o sábado e coa actuación de Lítore Quartet no Mercado dos Domingos o 24. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “a música inundará esta fin de semana a nosa vila. Despois da intensa actividade que desenvolvemos durante o VII Ribadeo Indiano seguimos coa nosa axenda cultural para o terceiro trimestre de 2022, que arrinca co festival de verán que terá lugar o sábado, 23 de xullo, en Cabanela”.

A edil ribadense subliñou: “nese espectacular marco, a carón da nosa ría, a partir das nove e media da noite poderemos gozar coa música de TéCanela, que veñen presentarnos o seu traballo Al borde de la cordura. Neste festival contaremos tamén coa presenza de Los Jinetes del Trópico. A entrada é de balde. En caso de...

leer más
13/07/2022

O Concello de A Pontenova, xunto a GameSport, organiza un campamento de verán para nenos/as de 3 a 14 anos, que  contará con diversas actividades como obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e moitas máis sorpresas.

Levarase a cabo de 10:00 a 14:00 horas os días 26, 27, 28 e 29 de xullo e 1, 2, 3, 4 e 5 de agosto. O prezo será de 20 euros para os empadroados no concello e 50 euros para os non empadroados.

Hai un límite de 60 prazas. As persoas que queiran inscribirse poden facelo na Casa do Concello da Pontenova ou chamando ao 982 342 277 ata o 18 de xullo.

 

Etiquetas:
12/07/2022

O Concello de O Vicedo acollerá na Aula Cemit, situada na Casa da Cultura, cursos gratuítos de mecanografía, informática e ofimática para nenos/as maiores dos 7 anos.

Os cursos faranse en varios grupos. O primeiro será de mecanografía e informática para nenos de 7 a 9 anos. Realizarase en horario de 10:30 a 11:30  horas os luns, martes e xoves, e de 11:30 a 12:30 horas os xoves.

O segundo grupo será de mecanografía e ofimática para nenos de 9 a 12 anos. Realizarase en horario de 11:30 a 12:30 horas luns e mércores e de 12:30 a 13:40 horas mércores e xoves.

Quedan poucas prazas dispoñibles. Para inscribirse ou para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 590 195

 

Etiquetas:
05/07/2022

A Delegación de Deportes do Concello de Burela anuncia cursos de iniciación ao balonmán e un programa de Fit dance para este verán, dúas propostas totalmente gratuítas para aquelas persoas que desexen acudir ou inscribirse.

No caso do Fit Dance, realizarase na praia urbana todos os mércores de xullo e agosto a partir das 20:30 horas, e non será necesario inscribirse previamente. A actividade estará impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensinará nesta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal.

O pavillón dos Castros será o lugar onde se imparta o curso de iniciación ao balonmán, financiado pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Corresponsables. Será do 11 ao 22 de xullo...

leer más