Santa Cruz
A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, celebrará as súas festas patronais do venres 10 ao domingo 12 de maio.
As actividades empezarán o venres ás 22:30 horas cunha mexillonada e torreznada popular, cita gastronómica que estará amenizada polo dúo Eclipse e Conxuro DJ.
O sábado celebrarase misa ás 13:00 horas e despois procesión. A continuación haberá sesión vermú, co grupo Alma Latina e Conxuro DJ, que tamén actuarán na verbena.
O domingo celebrarase misa ás 13:00 horas e continuación haberá procesión e sesión vermú, coas actuacións do dúo Estrellas e dun grupo de música tradicional.
A organización anuncia: “somos un grupo de veciños e amigos que con moita ilusión anunciamos que volven as festas á nosa parroquia. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes neses días. Contaremos con inchables para os pequenos e recinto cuberto con carpa no caso de que...
leer másA parroquia de Ove, en Ribadeo, celebrará os días 4 e 5 de maio, sábado e domingo, as festas de Santa Cruz, que inclúen a segunda edición da Festa da Bola de Roxós.
As actividades empezarán o sábado 4 ás 14:00 horas cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Suavecito. Tamén haberá comida popular e despois festa e verbena con Suavecito e o dúo Belinda.
E o domingo 5 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Ove e procesión para subir a Virxe ata Santa Cruz, co acompañamento musical dun grupo de gaitas. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú amenizada por Jaime Paredes.
Haberá servizo de bar, aparcamento e o campo da festa estará cuberto con carpa.
As concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, amosan o apoio do Concello á nova edición da Xira de Santa Cruz, que terá lugar o vindeiro 6 de agosto. A festa, de interese turístico galego, está organizada pola asociación Amigos da Gaita.
Os actos dan comezo o sábado, día 5, ás 19.30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita e seguirá co pregón de Felipe Rea Otero e coas actuacións das escolas. O día grande será o domingo, xornada na que haberá diferentes actuacións musicais a partir das 12 horas como o grupo Donaire, no monte de Santa Cruz, e Recuncheiros e Axeiros no Cantón dos Moreno. Seguidamente, terá lugar a subida ao monte e o tradicional xantar.
Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura, manifestou que “a Área de Cultura do Concello de Ribadeo convida a todo o mundo á edición...
leer másA Xira é como se coñece ao Día da Gaita e a Romaría a Santa Cruz, unha cita popular e gastronómica recoñecida como festa de interese turístico que este ano celebra o seu 60 aniversario. É organizada pola Asociación Amigos da Gaita o primeiro domingo de agosto no monte de Santa Cruz.
Pero a celebración non comeza o domingo senón o día antes, o sábado 6. Esa xornada haberá ás 19:30 horas un pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita, seguido do pregón homenaxe ao 60 aniversario e da actuación das escolas no Cine Teatro as 20:00 horas.
E xa o domingo dará comezo a festa. As 12:00 horas, no monte de Santa Cruz haberá amenización musical a cargo de Leña Verde de Pol mentres que no Cantón dos Moreno actuarán as escolas de Amigos da Gaita, seguido dun pasarrúas pola vila a cargo do grupo tradicional Xaramolos e a continuación...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de membros do colectivo organizador –a asociación Amigos da Gaita- e distintas autoridades locais, entre elas o alcalde, Fernando Suárez, participou esta tarde na presentación do Día da Gaita e Romaría de Santa Cruz, unha cita declarada de interese turístico galego que se celebrará esta fin de semana en Ribadeo.
Este evento folclórico e gastronómico que se coñece popularmente como “A Xira” vénse celebrando desde 1965 no monte de Santa Cruz, lugar que acolle a romaría e incomparable atalaia desde a que se divisa toda a bisbarra, e na que pode verse un monumento ao Gaiteiro aínda único na nosa Comunidade Autónoma.
A festa dará inicio formal o sábado 3 de agosto, ás 19,30 horas con distintos pasarrúas que servirán de preludio do pregón que, a...
leer más