A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, celebra as súas festas patronais do 10 ao 12 de maio

A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, celebrará as súas festas patronais do venres 10 ao domingo 12 de maio.

As actividades empezarán o venres ás 22:30 horas cunha mexillonada e torreznada popular, cita gastronómica que estará amenizada polo dúo Eclipse e Conxuro DJ.

O sábado celebrarase misa ás 13:00 horas e despois procesión. A continuación haberá sesión vermú, co grupo Alma Latina e Conxuro DJ, que tamén actuarán na verbena.

O domingo celebrarase misa ás 13:00 horas e continuación haberá procesión e sesión vermú, coas actuacións do dúo Estrellas e dun grupo de música tradicional.

A organización anuncia: “somos un grupo de veciños e amigos que con moita ilusión anunciamos que volven as festas á nosa parroquia. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes neses días. Contaremos con inchables para os pequenos e recinto cuberto con carpa no caso de que chova”.