A XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celébrase este domingo, 21 de abril

A décimo quinta edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase este domingo, 21 de abril.

As actividades empezarán ás 11:00 horas coa apertura da feira, na que haberá artesanía dos ferreiros de Riotorto, exposición de artesáns e produtos do campo.

A partir das 11:15 horas haberá demostración de oficios artesáns e ás 12:00 horas actuará o Coro de Riotorto. A inauguración oficial está programada para as 12:15 horas e ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro do ferro infantil. Para os máis pequenos haberá tamén un espectáculo de maxia ás 19:00 horas no atrio da igrexa.

A animación musical da xornada correrá a cargo dos gaiteiros de Riotorto e a charanga NBA.

O recinto feiral estará cuberto con carpa.