En Xove terá lugar o 6 de abril un obradoiro “Por unha espalda sana” para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza un obradoiro titulado “Por unha espalda sana”. Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos de idade. Será o sábado 6 de abril ás 17:00 horas no Centro Cultural Agramonte (Casa do Director).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na OMIX de Xove ou chamando ao teléfono 982.57.18.16.