Radio
O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este venres, 23 de febreiro, ás 21:00 horas un coloquio sobre os sectores primario e secundario no Val do Ouro, que será gravado polo programa de radio e de Facebook Mariña Marabillosa. A entrada é de balde.
Será coordinado por José Vázquez Peinó e participarán como convidados:
Eduardo Rega (Carrocerías Hermanos Rega), Fernanda Casabella (coidadora de persoas dependentes), Lionel Rexes (escritor e mestre), Alberto Geada "Buyo" (artesán zoqueiro), Cristina Fernández (administrativa), Henry Geada (administrador loteiro); María Hermida (Xerente de hotel) e Antonio García (economista e profesor da Universidade da Coruña).
A preocupación polo cambio climático é un dos motores do programa Onda ODS, que o vindeiro luns, 9 de outubro, comezará a emitir Radio Foz, conxuntamente con outros 240 medios locais do Estado.
A emisora municipal de Foz explica que “os contidos pretenden achegar ao local os Obxectivos de Desenvolvementno Sustentables (ODS) definidos pola ONU en 2015. Poñerase especial atención á igualdade de xénero, turismo sustentable, promoción da agricultura ecolóxica e da pesca, redución de residuos plásticos e á loita por unha educación de calidade. Ademais dos programas -con formato reportaxe e duns dez minutos de duración- a iniciativa Onda ODS Empeza por ti tamén propoñerá aos oíntes de Radio Foz a formulación de retos individuais que vaian na liña dos obxectivos marcados. Ademais do espazo radiofónico e dos podcast, os retos individuais irán...
leer másO Concello de Foz conmemora o 25 aniversario da emisora de radio municipal, que se cumpre neste mes de abril. Con este motivo Radio Foz estrea imaxe e emitirá un programa especial en directo este sábado, día 15, a partir das 11:30 horas desde a Festa do Berberecho, concretamente na carpa que se instala no peirao para este evento gastronómico.
A emisora de radio municipal de Foz foi posta en funcionamento polo Concello en 1998 por iniciativa do alcalde e do concelleiro de Cultura, José María García Rivera e Xaime Cancio Rodríguez, para que os veciños e veciñas da vila e das parroquias do concello tiveran información de primeira man sobre a actividade municipal e doutras novas de interese para os focegos.
Ademais de informativos, durante estes 25 anos en Radio Foz emitíronse programas culturais, sobre a emigración...
leer másEste domingo, 30 de maio, o Centro de Interpretación da Mariña en Foz acollerá o programa de radio especializado en viaxes Gente Viajera, que dirixe e presenta en Onda Cero Esther Eiros e que se emitirá en directo para toda España dende o Cenima.
Trátase dunha importante acción de promoción que leva a cabo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense para a promoción do xeodestino, con cargo ao convenio que o ente asina coa Deputación de Lugo. Colaboran coa iniciativa o Concello de Foz, a FCAM, AciaFozCCA, Merluza de Burela, IXP Faba de Lourenzá e Vermú Arnao, de Discosta Norte.
Esta colaboración público-privada ten por obxectivo a promoción a nivel nacional dos atractivos turísticos da Mariña Lucense, do seu comercio, da hostalería e do produto local pensando na reactivación económica da comarca, a...
leer másA Concellería de Cultura renderá homenaxe a Rosalía de Castro mañá, 24 de febreiro, de 19:00 a 21:00 horas en Radio Burela coa emisión dun programa titulado A maxia dun regalo, que será conducido polo concelleiro José Díaz e polo dramaturgo mindoniense Francisco Piñeiro.
O edil de Cultura de Burela, José Díaz, dixo que “dende a delegación de Cultura do Concello de Burela queremos anunciar a actividade que faremos este mércores, 24 de febreiro, en homenaxe a Rosalía de Castro, xa que ese día se conmemora a data do seu nacemento”.
O concelleiro burelés explicou que “imos facer un programa en directo desde Radio Burela, de sete a nove da tarde. Gardaremos o podcast dese programa para que estea a disposición de quen queira escoitalo. Durante esas dúas horas analizaremos a figura de Rosalía de Castro, todo o que...
leer másO Concello de Foz acaba de poñer en marcha un programa dedicado ao comercio local na emisora de radio municipal. Será quincenal e comezou onte, xoves. No primeiro espazo participaron o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo; o xerente da cafetería Xoyma, Fernando López, e a propietaria de Electrofoz, María Río.
O programa, dunha hora de duración, chámase A hora do comercio local en Radio Foz e José María Linares explica que “tendas de roupa, zapatos, téxtil, lencería, outros comercios de todo tipo, asesorías, compañías de seguros e hostalería en xeral poden pasar por Radio Foz e falar do seu negocio, dos seus inicios, da situación actual, das perspectivas de futuro ou indicar produtos e ofertas do negocio....
leer másO programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirixe e presenta Esther Eiros, realizarase en directo desde o salón de plenos do Concello de Burela este domingo, día 16, de 12 a 14 horas. A emisión do programa é aberta ao público con entrada libre ata completar o aforo.
O espazo, que se escoitará a través de todas as emisoras de Onda Cero Radio, estará dedicado fundamentalmente a promover os atractivos turísticos da zona norte da provincia de Lugo e entre os invitados que serán entrevistados por Esther Eiros e o seu equipo de colaboradores (xornalistas especializados en turismo) estarán o alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; o presidente da Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo; e o xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira.
... leer másEl programa especializado en turismo de Onda Cero Radio Gente Viajera, que dirige y presenta Esther Eiros, se realizará en directo desde A Mariña Virtual, en el CENIMA de Foz, este domingo, día 24, de 12 a 14 horas. La emisión del programa es abierta al público.
El espacio estará dedicado fundamentalmente a promocionar los atractivos turísticos de la zona norte de provincia de Lugo y entre los invitados que serán entrevistados por Esther Eiros y su equipo de colaboradores estarán el alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; el presidente de la Mancomunidad de Municipios de A Mariña, Alfredo Llano; y el presidente de la Federación de Comercio A Mariña (FCAM), José Carlos Paleo.
Este programa se realizará desde de Foz con motivo de la reciente apertura en el CENIMA de A Mariña Virtual, el centro interactivo para la...
leer más