Riotorto

Etiquetas:
06/12/2023

O grupo teatral Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz, representará a obra “O menciñeiro á forza” este venres, 8 de decembro, ás 20:00 horas na Escola da Órrea, no municipio de Riotorto. A entrada é de balde.

É unha actividade organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).

 

Etiquetas:
30/11/2023

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 20 de decembro, mércores, ás 14:30 horas.

O comida será servida por Mesón O Sarredo e o menú inclúe empanadillas, callos, costela con patacas fritas, sobremesa e café. E actuará o dúo Estrellas. O prezo é de 25 euros por persoa.

Para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 17 de decembro.

 

Etiquetas:
27/11/2023

Este sábado, día 2 de decembro, rematarán en Riotorto os actos polo 126 aniversario do escritor Avelino Díaz e farano cunha charla coloquio sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas 2023. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Riotorto.
 
A charla será impartida por Xosé López González, discípulo e amigo persoal do autor. Será presentado polo profesor Toño Vidueiro, de Santa Marta de Meilán, e o acto pecharase cun concerto a cargo da Coral de Riotorto.

 

Etiquetas:
20/11/2023

A Casa da Cultura de Riotorto acollerá a quinta edición do festival que organiza a coral da localidade este sábado, 25 de novembro, ás 19:30 horas.

Ademais da Coral de Riotorto actuarán o coro Airiños do Mar, de Barreiros, e a coral Areosa, de Narón.

Nesta actividade colaboran o Concello e asociación de amas de casa de Riotorto.

Etiquetas:
13/11/2023

Riotorto celebra o 126 aniversario do nacemento en Órrea do xornalista e escritor Avelino Díaz. Para iso haberá actividades esta fin de semana, venres 17 e sábado 18 de novembro.

O venres ás 20:00 horas terá lugar na Escola de Órrea a presentación dun disco con doce poemas de Avelino Díaz musicalizados polo grupo A Quenlla.

E o sábado a partir das 16:00 horas haberá unha polavila en Riotorto. No programa de actividades para esta xornada inclúese unha homenaxe ao grupo Hermanos Baltasar, con Armando Clarines; obradoiro de baile a cargo de Víctor e Rebeca, da Pastoriza; exposición de instrumentos musicais, pasacalles, concertos, foliada aberta e degustación de castañas asadas. Haberá carpa.

Esta iniciativa está organizada polos concellos de Riotorto e Meira e a asociación cultural Avelino...

leer más
Etiquetas:
08/11/2023

O Concello de Riotorto organiza a sexta edición da Ruta de Tapas para os días 1 e 2 de decembro, venres e sábado. Participarán cinco establecementos: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Mesón O de Sempre.

O prezo de cada tapa será de 2,50 euros e sortearanse cinco premios: 200 euros, 100 euros e 3 vales de 50 euros de Queixos Don Hilario, Cárnicos O Mazo e Panadería Cartiere.

 

Etiquetas:
10/09/2023

O 23 de setembro terá lugar a segunda baixada das carrilanas en Riotorto.

A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.

As inscricións poderán realizarse ata o 20 de setembro ás 23.59 horas.

Os menores de idade enviarán ao organizador da carreira a autorización correspondente para poder participar na proba, envío obrigatorio ao asociacionosmeiregos@gmail.com.

A xornada dará comezo ás 11.00 horas coas verificación técnicas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 14.30 horas comezará o remonte...

leer más
Etiquetas:
22/08/2023

O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova.  Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.

As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web...

leer más
Etiquetas:
06/05/2023

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 13 de maio, unha visita polo patrimonio de Riotorto. Está previsto achegarse en xornada de mañá á mina romana da Muxueira, ás igrexas de San Pedro e Santa Marta e á casa Moirón. Tralo xantar visitarase o obradoiro dun ferreiro e a parroquia de Órrea.

A data límite para apuntarse remata o martes 9 de maio. Cómpre apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.

Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Riotorto pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio....

leer más
Etiquetas:
02/04/2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, que prepara a organización da Feira do Ferro para o vindeiro 16 de abril.

O Centro de Artesanía e Deseño achegará 13.000 euros para financiar  as demostracións e obradoiros que se desenvolvan no espazo do ferro, desde a elaboración de carbón vexetal e a instalación e montaxe das forxas ou das moas de afiar, e no que se amosará  o proceso tradicional de elaboración de  fouciños, fouces ou coitelos.

A área de Artesanía e Deseño contribuirá así ao relanzamento da Feira do Ferro despois de tres anos de parón como principal escaparate para os ferreiros e para o patrimonio natural e cultural do concello.

O deputado Efrén Castrovalorou “o traballo que ven desenvolvendo a Asociación...

leer más