Montaña
A Escudería A Pontenova acaba de presentar o cartel da décimo primeira edición da carreira automobilística Subida A Pontenova, que se disputará os días 6 e 7 de xullo deste ano 2024.
É unha proba do Campionato Galego de Montaña e a Federación Galega de Automobilismo destaca que é “unha das carreiras con mellor trazado e seguridade de todo o certame”.
O 3 de setembro en Riotorto terá lugar a tercera edición da ruta de cicloturismo “Desafío do ferro”.
O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova. Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.
As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web...
leer másO Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira por montaña Camovi ‘Gran Premio Xacobeo’.
Nesta edición, ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional.
Na presentación da proba, celebrada esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.
“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou....
leer más