Recital
O 10 de agosto terá lugar no Campo de San Francisco, en Ribadeo, un recital poético musical, organizado pola agrupación cultural Francisco Lanza. En caso de choiva o acto trasladarase para a Casa do Viejo Pancho.
«Uterus siue uolua», de Xulio Pardo de Neyra, publicado por Edicións Fervenza (coa colaboración gráfica de Clara Martín) é un libro para ler e para ver, para sentir, para descubrir e para vivir cos ollos e co corazón. As persoas interesadas poderán sentilo este mércores ás 19,00 horas no recital poético que organiza a A.C. Francisco Lanza no Campo de San Francisco (Ribadeo).
Xulio Pardo de Neyra é licenciado en Filoloxía pola USC en 1999 e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València....
leer másO Concello de Ribadeo e a Agrupación Cultural Francisco Lanza organizan un recital poético, que se celebrará o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. O acto dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar na rúa Rodríguez Murias.
A música correrá a cargo de Andrés Bermúdez ao piano e colabora a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Preténdese xuntar moitas voces dispares unidas polo amor ao idioma e faise un chamamento á participación comunicando aquelas persoas que o desexen o poema da súa preferencia antes do vindeiro martes, día 22, ás 14:00 horas no teléfono 982 131 565.
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 24 de xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía, de Foz, un concerto a cargo do grupo de musica tradicional Maraxe e un recital poético de Ricardo Seixo.
O acto alternará a lectura dos poemas recollidos no último libro de Ricardo Seixo, “Versos noctámbulos. Abracei a noite para bicar o amencer” con diferentes pezas musicas interpretadas polo grupo Maraxe, conxunto de musica tradicional galega e portuguesa da que tamén fai parte Seixo. “Versos noctámbulos” é un poemario composto por 47 textos que abranguen diversas temáticas: poesía cívico-social, costumistas, intimistas, de reivindicación feminina como recoñecemento da fortaleza das mulleres e da súa relevancia na sociedade galega
O repertorio do grupo Maraxe, integrado por diversos apaixoados do canto tradicional e por...
leer másA Concellaría de Cultura organiza a segunda edición do recital Ventos Poéticos que terá lugar mañá, venres, no Teatro ás 20:30 horas. Estará protagonizado por autores de Asturias, Portugal e Galicia. O evento está dirixido por Yolanda Castaño.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “este venres, 4 de maio, vai haber un recital poético no Teatro de Ribadeo. Será a festa da palabra que abre paso ao literario mes de maio. Ás oito e media da tarde, poderemos escoitar os poemas de Xuán Bello, Quique Roxíos, Olga Novo e Elisabete Marques. Imos poder combinar as brisas poéticas que nos chegan dos catro ventos ata esta porta norte nestes días limiar das letras galegas, portuguesas e asturianas”.
O edil ribadense salientou que “como non podía ser menos tamén queremos dar visibilidade á produción literaria...
leer másA asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que terá lugar os días 28, 29 e 30 de novembro no Cenima de Foz.
O martes, 28 de novembro, intervirá Manuel Rivas. O mércores 29 participará Daniel Salgado. E pechará esta Festa da Palabra o xoves 30 Miriam Ferradáns. En total son tres os recitais poéticos dos que se poderá gozar nesta cita.
A Festa da Palabra celebrarase no salón de conferencias do Cenima de Foz, a partires das 20:30 horas.