Obradoiro

29/09/2022

A lingua é palabra de amor, de pesar e pensar, de verdade, é forza, identidade, cultura, historia, irmandade, pobo...

Nos últimos anos a poboación galego falante descendeu notablemente e  para evitar que unha lingua desapareza hai que crear as condicións propicias para que quen a fala a siga usando, se sinta “orgullosos” dela e a ensine aos seus fillos e fillas, así o recomenda a subdirectora de Cultura da UNESCO, Françoise Rivière.
Tamén desde a UNESCO alertan do perigo do “bilingüismo pasivo” termo que alude a que nenos e nenas entendan a súa lingua materna, pero non a falen.

É ademais necesaria a utilización dunha linguaxe non sexista que valora por igual a homes e mulleres, xa que serve de ferramenta para sensibilizar en igualdade e de modelo de reflexión.

Por outra banda, o...

leer más
Etiquetas:
19/09/2022

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres. 

A edil Mónica Freire explica que “continuamos organizando actividades que ofrezan ferramentas ás mulleres para fortalecerse. O obxectivo é brindar ás participantes  un espazo onde aprender a utilizar os beneficios da risa reducindo a ansiedade e aumentando a súa enerxía para afrontar as situacións cotiás. O coidado do entusiasmo é un factor crave do empoderamento e queremos fomentalo”. 

A concelleira ribadense sinala que “con esta terapia ancestral traballaremos, entre outras cousas, a autoestima, o estrés e a desinhibición. Aprenderemos a estar máis receptivas e a harmonizar corpo e mente. Parécenos fundamental continuar creando espazos de sororidade para tecer redes de apoio que empuxen a eses cambios que a nosa...

leer más
Etiquetas:
11/09/2022

O venres 30 de Setembro de 16:00 a 20:00 horas terá lugar na Praza da Mariña, de Burela, un obradoiro de debuxo urbano para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será impartido por Kiko da Silva, director de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración.

Dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles o de Burela, acollen esta actividade gratuíta de sensibilización ambiental.

Os interesados en participar deben anotarse chamando á Casa da Xuventude de Burela (teléfono 982.58.11.41). O prazo remata o 29 de setembro.

 

Etiquetas:
06/07/2022

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela organiza un obradoiro de iniciación á regueifa aberto ao público en xeral.

A actividade desenvolverase desde o 11/12 de xullo ata o 27/28 de agosto e será impartida por Cristian Gómez Mesa, a través do proxecto Non perdas o norte. O horario está por determinar, dependendo do interese das persoas participantes, pero en principio haberá un grupo de mañá e outro de tarde. O custe é de 15 euros para soci@s e 20€ para non soci@s.

As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 616 99 50 97 e 617 31 30 70 ou en lediciascr@gmail.com

 

Etiquetas:
05/05/2022

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. Será o venres 13 de maio ás 17:00 horas na Casa da Cultura (exterior e salón de actos).
 
As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 982.558. 001 (ext. 2) e no Concello de Alfoz. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
08/04/2022

Mañá sábado ás 12:30 horas na Praza do Souto, de Cervo, haberá un taller infantil de Ovos de Pascua. Vai enfocado a nenos de 5 a 12 anos e as inscricións farase antes de comezar o obradoiro na propia praza.

Tamén mañá sábado ás 21:30 horas na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O son do Nordeste, actuará o grupo de versións de rock THE NUNZIA'S ROCK COVER BAND. 

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Souto, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar.

Para todas actividades están habilitadas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos.

 

Etiquetas:
31/03/2022

Este sábado, 2 de abril, celébrase o día do libro infantil, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor danés ben coñecido por todo o público polos seus inmortais contos.
 
Para conmemorar esta data importante no mundo do libro, na Libraría Bahía, de Foz, organizan un contacontos acompañado dun obradoiro plástico  titulado La invasion de los pulgones, a cargo da autora e ilustradora Nelo Polichi. 

Será  o mesmo sábado ás 12 da mañá na libraría. E unha actividade gratuíta e aberta para todas as nenas e nenos que queiran participar. “Logo de dous anos sen poder realizar apenas actividades no interior da libraría por mor da pandemia, fainos moita ilusión recuperar este espazo de animación á lectura tamén para a xente máis pequena”, sinalan desde Bahía.

Etiquetas:
28/03/2022

O Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.

“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.

Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade.

O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.

As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos...

leer más
Etiquetas:
08/02/2022

O Concello de Viveiro impulsa o obradoiro “As mulleres que nos constrúen”, co obxectivo de unir a figura de Rosalía de Castro, cuxo día se celebra o vindeiro 23 de febreiro, coa historia das orixes de cada persoa. 

A actividade celebrarase os días 19 e 20 de febreiro na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O obradoiro diríxese a nenos e nenas a partir de 6 anos, para que indaguen na historia das mulleres que forman parte da súa familia. Os participantes afondarán en como as decisións e acontecementos na vida destas mulleres atravesaron o tempo ata chegar ás seguintes xeracións. 

As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta deben inscribirse por teléfono na Biblioteca Municipal de Viveiro: 982570606. A continuación, facilitarase vía e-mail a información necesaria. 
Os nenos e nenas...

leer más
Etiquetas:
11/12/2021

Erikas e Peluxías e a asociación A Tribo da Travesía organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, un obradoiro de percusión africana que se celebrará o vindeiro xoves, 16 de decembro, de 19:30 a 21:30 horas, na escola vella de Rinlo.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 649 808 993. As prazas son limitadas. Para participar non é preciso levar instrumento nin ter coñecementos previos.

Ás 21:30 horas soarán os ritmos africanos nos tambores de Thorsten e Paz.