Obradoiro

Etiquetas:
04/05/2015
O 9 de maio da comezo a décima edición do "Ribadeo de tapeo". Ese día haberá un obradoiro para nen@s con Ana Oca de Masterchef Junior.
 
O sábado, 9 de maio, da comezo a décima edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo. Un total de 51 locais ofrecerán as súas creacións da cociña en miniatura ata o día 17. Ademais haberá actividades paralelas: música, visitas guiadas ou obradoiros coma o que protagonizará este sábado Ana Oca, unha das concursantes galegas de Masterchef Junior. 
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “xa van 10 anos deste Ribadeo de tapeo, este evento tan importante para Ribadeo, que dinamiza o sector da restauración, da cociña en miniatura, no que tantos restauradores se esforzan para dar o mellor de si e facer, outro ano máis, que Ribadeo se encha de xente polas rúas, tomando as tapas tanto nos locais da vila como nas parroquias, que tamén participan. Estes 51 restaurantes, bares,...
leer más
Etiquetas:
22/04/2015
Do 28 de abril ao 19 de maio terá lugar en Burela o I Obradoiro para Mulleres "Primavera Saudable". A inscrición está aberta.
 
A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organiza o I Obradoiro para Mulleres Primavera saudable, que dará comezo o vindeiro 28 de abril. O Concello conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo. 
Esa xornada, o 28 de abril, haberá un obradoiro de técnicas de relaxación e combatemento do estrés. O 5 de maio terá lugar un taller de autoestima. O 12 de maio haberá un obradoiro de desenvolvemento emocional e o 19 de maio as asistentes gozarán de musicoterapia. Todas estas actividades desenvolveranse de 18 a 19:30 horas na aula de familia da Casa da Cultura. 
Todas as mulleres de Burela que queiran participar poden inscribirse no CIM ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09....
leer más
Etiquetas:
22/04/2015
Librería Bahía, de Foz, acollerá un obradoiro para nenos e nenas de 6 anos en diante, que será impartido pola ilustradora Minia Regos.
 
Este venres, 24 de abril, ás 18:30 horas estará na Librería Bahía a ilustradora Minia Regos, que impartirá un obradoiro de ilustración para nenos e nenas de 6 anos en diante.
Esta actividade servirá de inauguración dunha exposición dos orixinais da súa obra Tac, Tac, Tac, Plof –álbum ilustrado editado pola editorial Narval- que se poderá visitar na Librería Bahía dende o 24 ata mediados do mes de maio.
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra. 
“Con esta actividade queremos celebrar o día...
leer más
21/04/2015
A Biblioteca Municipal de Foz conmemora o día do libro cun obradoiro de banda deseñada a cargo do ilustrador Xosé Tomás.
 
Dentro da denominada Programación das Letras a biblioteca pública municipal de Foz conmemorará o Día do Libro este xoves, día 23, cun obradoiro de banda deseñada a cargo do coruñés Xosé Tomás, que é ilustrador e humorista gráfico para varias publicacións.
O taller de cómic será na propia biblioteca ás 11:30 horas para rapaces do club de lectura do IES de Foz. É unha actividade incluída na iniciativa Ler conta moito, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello focense.
Ademais, o venres 24 ás once da mañá visitarán a biblioteca municipal de Foz alumnos da escola infantil A Galiña Azul, da vila focense, que gozarán dunha sesión de contacontos do libro Elmer, el elefante.
 
Etiquetas:
15/04/2015
O sábado, 18 de abril, haberá obradoiros de plástica para todas as idades en Foz, diante do Cenima. A actividade enmárcase dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña.
 
Continúa a festa da arte na Mariña. Por segundo ano a asociación Tá en Artes únese á Semana das Artes da Mariña baixo o lema “Queremos arte”.
Este ano a proposta é da asociación Tá en Artes e consiste en obradoiros de plástica para todas as idades, segundo a proposta da ilustradora mariñá Lucía Vila en colaboración cos artistas Álvaro Trincado, Cristina Basanta, Zilí Katova e Caxigueiro. 
A cita é o próximo sábado, 18 de abril, diante do CENIMA en Foz, ás 12 da mañá.
A actividade é gratuíta. As prazas son limitadas. Inscricións no correo electrónico: taenartes@gmail.com ou no teléfono: 620560995.
 
Etiquetas:
13/02/2015
Fraga das Saímas abre o prazo de inscrición para anotarse no obradoiro de masaxe relaxante e na maratón de tute de igualdade, que terán lugar os días 6 e 7 de marzo.
 
O colectivo Fraga das Saímas, a través da súa Directiva, está a organizar diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, sendo unha delas a impartición, da man da quiromasaxista e terapeuta holística Isabel Giráldez, dun obradoiro de masaxe relaxante de espalda dirixido  a todas as nosas socias, veciñas e amigos. 
Os obxectivos do obradoiro pasan por “introducir ás persoas interesadas, sen coñecementos previos, no mundo da masaxe, proporcionar unha ferramenta de axuda a relaxación e ó benestar físico, mental e emocional mediante diferentes técnicas de masaxe, coñecer e experimentar os rudimentos básicos da masaxe de relaxación, valorar o contacto corporal como medio para a relaxación e aplicar a masaxe en situacións de estrés como medio”.
... leer más
Etiquetas:
10/02/2015
A Concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza un taller de harmonización corporal para mulleres en marzo e abril. A inscrición ábrese hoxe.
 
A Concellaría de Igualdade organiza un taller de harmonización corporal para mulleres, que se desenvolverá durante os meses de marzo e de abril na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude. As prazas son limitadas. A inscrición ábrese hoxe no CIM. A actividade está dirixida a todas as mulleres que sufran algún tipo de dor: de espalda, de cuello, de ombros; a aquelas que padezan fibromialxia, incontinencia urinaria de orixe muscular e ás que desenvolvan unha vida sedentaria ou con actividades profesionais que conleven unha mala hixiene postural. 
Segundo explica a edil Mariluz Álvarez Lastra “o taller será impartido pola fisioterapeuta colexiada e experta en cadeas musculares e ximnasia abdominal hipopresiva Sandra Saavedra Blanco. O taller de columna consta dun total de  8...
leer más
18/12/2014
Barreiros acollerá o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro formarivo sobre busca de emprego

 

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros, coa colaboración da Xunta e da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, organiza para o vindeiro martes, 23 de decembro, un obradoiro de busca de emprego co nome Activando o teu futuro. A actividade englóbase dentro do plan Activa 2014, destinado á formación para a mocidade, e levarase a cabo entre as 11:30 e as 13:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Poderán participar todos os xoves de entre 16 e 30 anos que conten con certificado oficial, así coma tódalas persoas maiores de 30 anos que non teñan no seu poder dito certificado. Os interesados poden inscribirse xa na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros.

O obxectivo do obradoiro é o de facilitar a busca de emprego entre xoves, feito para o cal...

leer más