Lugo
Este luns abre o prazo de solicitude das bolsas para pilotos de rally que convoca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As achegas están dirixidas a deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, nas modalidades de rally de asfalto, terra e montaña e vehículos históricos, e con residencia na provincia.
As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, dacordo cos resultados acadados polas persoas solicitantes nas probas disputadas nos campionatos galegos, estatais e internacionais, do posto acadado na clasificación xeral do Campionato Galego e da participación nas probas do Campionato Galego que se disputan na provincia de Lugo – Rally da Mariña, Rally San Froilán, Subida a Chantada e Subida á Pontenova, tal e como se recolle nas bases dispoñibles, xunto aos formularios de solicitude, na...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este martes no Pazo de San Marcos xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a campañaMellor Comercio da túa vila, financiada practicamente na súa totalidade pola institución provincial cunha achega de 50.000€ para promocionar o sector comercial de proximidade da provincia e incentivar as vendas na recta final do ano. A iniciativa inclúe premios para os propios negocios participantes, por un total de 8.500€, e para os clientes, en bonos de compra que suman 15.000€.
José Tomé destacou na presentación, na que participou tamén o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, que esta nova colaboración responde ao “compromiso prioritario” da Deputación“de apoiar proxectos que dinamicen a economía e o emprego da man do tecido asociativo vinculado...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 22 de abril, unha viaxe á capital da provincia para visitar a exposición “Lugo no tempo”, dentro do proxecto Cidades no tempo, organizado pola Xunta de Galicia e ABANCA, comisariada por Manuel Gago e coordinada en Lugo por Marica Campo. A exposición será complementada cunha visita ao vello cárcere e un paseo pola cidade, guiado polo historiador e catedrático Julio Reboredo Pazos, que aportará unha visión alternativa ao tradicional Lugo romano, máis centrada nos grandes cambios que a cidade experimentou durante o século XIX.
Cómpre, por tanto, apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus...
leer másVeciñas e veciños de seis concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Outeiro de Rei, Riotorto, Foz, Pol, Samos e Ribas de Sil as que, dende este mércores e ata o venres, percorrerán o territorio lucense con estas viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
Este mércores, a Asociación Sociocultural e Veciñal A Costoña de Vicinte, de Outeiro de Rei, e a de Pais de alumnos do CEIP de Riotorto, viaxan á Mariña e á Ribeira Sacra. Os primeiros comezaron a súa ruta no Pazo de San Marcos, onde o grupo foi recibido por PabloRivera, Deputado de Promoción Económica e Social, antes de continuar cara Trabada, onde visitan o Museo Etnográfico...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anunciou este luns que os catamaráns da Deputación de Lugo están xa preparados para a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra tras ser sometidos a unha revisión, arranxo e mellora integral, uns traballos que forman parte do encargo á empresa pública Tragsa, medio propio da institución provincial, para a prestación do servizo turístico este ano.
García Porto destacou a importancia da posta a punto das catro embarcacións “co obxectivo de queestean en perfectas condicións, e cumpran con todas as garantías de calidade e seguridade para o desenvolvemento da tempada”. Os traballos de mantemento realízanse anualmente, pero é necesario unha supervisión de maior calado cada cinco anos.
Desta forma, as embarcacións xa se atopan...
leer másA Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres as bases para poder lanzar o vindeiro ano 2023 a terceira edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, sinalou que a institución provincial prepara xa unha nova tempada desta iniciativa “ante o enorme éxito que tiveron as dúas edicións anteriores, nas que participaron máis de 4.500 persoas”.
Lembrou García Porto que este programa da Deputación está dirixido a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.
“Esta é unha das medidas que puxemos en marcha neste mandato...
leer másA Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para solicitar algunha das 1.025 prazas do programa Lugo Termal.Nas primeiras horas moitas das persoas interesadas xa fixeron chegar a súa solicitude a través da páxina web da institución provincial ou nas oficinas do Rexistro Xeral situadas no Pazo de San Marcos.
Nesta 12 edición do programa de termalismo, a institución provincial oferta descontos nos tres establecementos termais da provincia: Termas de Lugo, Río Pambre en Palas de Rei e Hotel Balneario Augas Santas de Pantón. Son un total de 650 prazas na modalidade con estancia e outras 375 na de sen estancia.
A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión completa e con carácter xeral haberá 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen, ehaberá un...
leer másA institución provincial abrirá a finais do mes de novembro o prazo para anotarse nunha nova edición do programa Lugo Termal, co que ofrece descontos ós veciños da provincia de máis de 50 anos e ós seus acompañantes nos balnearios de Lugo, Pantón e Palas de Rei
Galicia é a segunda maior rexión termal de toda Europa e a provincia de Lugo conta desde a época romana cunha longa tradición neste ámbito pola calidade das súas augas mineiromedicinais. O amplo patrimonio termal da provincia constitúe un gran potencial para a captación de máis turismo e, desta forma, impulsar a economía. Os balnearios desenvolven un papel de dinamización socioeconómica no rural contribuíndo a fixar poboación e favorecendo o emprego, principalmente feminino, segundo destaca a Asociación de Balnearios de Galicia.
O turismo termal favorece a...
leer másUnhas 160 persoas participarán ao longo desta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. As sete entidades participantes visitarán esta semana A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de Montaña, percorrendo concellos como Pedrafita do Cebreiro, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao ou Burela.
Este martes a Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, de Ourol, visitou o Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois percorrer os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Durante a visita coñeceron a aldea do Cebreiro, cunha visita ás pallozas, percorreron dous quilómetros do Camiño Francés e achegáronse ata o municipio de Triacastela para visitar os seus recursos turísticos culturais e naturais.
Mañá mércores, as entidades beneficiarias...
leer más