Foz

Etiquetas:
28/05/2015
Ana Isabel Fraga presentará na Librería Bahía, en Foz, o 30 de maio o seu libro "Emociones de cuento". A actividade está recomendada para nen@s a partir de 5 anos e para os seus pais e nais.
Este sábado, 30 de maio, ás seis da tarde estará na Librería Bahía Ana Isabel Fraga,  autora do libro "Emociones con cuento".
 
Este libro ten unha parte na que explica as diferentes emocións e da orientacións ás nais e pais para a educación emocional dos seus fillos, e contos nos que se traballa cada unha delas.
 
A actividade está recomendada para nenas e nenos dende 5 anos e para as nais e os pais.
 
Etiquetas:
28/05/2015
Este venres, 29 de maio, proxectarase no Cenima, en Foz, o documental "O Piloto". Organiza: A Pomba do Arco.
A Asociación Cultural A Pomba do Arco quere convidar a toda aquela persoa que desexe coñecer mellor a nosa historia á proxección do documental titulado O Piloto, obra de Xosé Reigosa e guión de Afonso Eiré.
 
A proxección terá lugar este venres, 29 de maio, ás 20.30 no Cenima de Foz.
 
Xosé Reigosa Piñeiroa, nado en Barreiros no ano 1949, leva moito tempo traballando como fotógrafo, ten participado en máis de 50 exposicións, tanto colectivas como individuais, chegando incluso a ter exposto en Bos Aires e no Uruguai. Ademais da súa paixón pola fotografía ten traballado no mundo dos documentais, lembremos o seu traballo titulado A Chocolateira, que falaba daquel tren de Vilaodrid que traía mineral ata o cargadeiro de Ribadeo. 
 
Este venres amosará en Foz o terceiro dos seus documentais, titulado O Piloto, no que se...
leer más
Etiquetas:
27/05/2015
Los peques del León de Oro de Luanco actuarán este venres, 29 de maio, no III Festival de Voces Xóvenes do Concello de Foz.
 
Los peques del León de Oro son un coro infantil, afinado, disciplinado, traballador, que colleita éxitos aló por onde vai. 
Creado no ano 2000 como parte do proxecto coral El León de Oro de Luanco. Ten como obxectivo formar coralmente aos máis pequenos, con fin de crear unha canteira coral. Na actualidade componse de 50 voces e conta cun repertorio amplo e variado en estilos. Obtivo 1º premios en varios concursos nacionais como Oviedo, Avilés, Totana, Torrevieja (2004 y 2008), a nivel internacional 4º premio en Varna (Bulgaria), 4º clasificado en Tolosa 2010 e 2º Premio en Tolosa 2011. Realizou varias colaboracións con las orquestras profesionais de Asturias  (Oviedo Filarmonía, Orquesta de “Los Adioses”) .
En 2012 conseguiu o 3º...
leer más
Etiquetas:
18/05/2015
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta a Lugo. Será o 7 de xuño. As persoas interesadas en acudir xa poden inscribirse.
 
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta a Lugo o vindeiro 7 de xuño. A saída desde as inmediacións do Concello será ás oito da mañá. O prezo é de 15 euros, comida incluída.
As persoas que queiran participar neste denominado Encontro Lucus a pé poden inscribirse ata o 30 de maio. Poden facelo nos teléfonos: 670 369 017 ou 696 236 020, ademais de na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta é media. 
Etiquetas:
15/05/2015
Os días 25 e 28 de maio impartiranse os primeiros cursos na Mariña lucense da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
 
Os días 25 e 28 de maio terán lugar no Cenima, en Foz, os cursos de atención ao cliente en hostalería e atención ao cliente con discapacidade, que impartirá a Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia para os restaurantes e bares da Mariña.
O curso de  atención ao cliente con discapacidade está destinado a persoal en contacto cos clientes e xerentes de establecementos hostaleiros. Estudaranse tipoloxías de discapacidades, consecuencias e pautas de atención a clientes con necesidades especiais no entorno dos negocios  hostaleiros. Este curso celebrarase o 25 de maio en horario de tarde de 16 a 20 horas. 
Pola súa banda o curso de atención ao cliente en hostalería está destinado a persoal de...
leer más
13/05/2015
A Biblioteca Municipal de Foz acollerá este venres, 15 de maio, un espectáculo de contacontos a cargo da actriz Raquel Queizás.
 
Dentro da Programación das Letras, a biblioteca pública municipal de Foz acollerá este venres, día 15, ás seis da tarde un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos de idade. A actuación, titulada A maleta da avoa, correrá a cargo de Raquel Queizás.
A actriz Raquel Queizás, que ten unha frutífera e longa traxectoria profesional, cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal,  bufón, danza, teatro, mimo, voz e canto, acrobacia,  manipulación e fabricación de monicreques, etcétera.) en diferentes centros ou encontros de formación. É cofundadora e integrante da compañía Teatro da Semente. Forma parte do elenco das compañías Os Monicreques de Kukas e A Xanela do Maxín. Participou...
leer más
Etiquetas:
13/05/2015
Foz acollerá este xoves, 14 de maio, unha nova proxección de Cinema no Cenima e o 15 de maio comeza o 3º Festival de Voces Xóvenes A Capela.
 
Dentro da programación cultural organizada polo Concello, Foz acollerá mañá, xoves, unha nova proxección do ciclo Cinema no Cenima e o venres comeza a terceira edición do Festival de Voces Xóvenes A Capela.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou hoxe que “mañá, xoves, día 14, haberá Cinema no Cenima ás oito e media da tarde coa película Os fenómenos. O despacho das entradas estará aberto a partir das oito e o prezo será de 3 euros”.
Ánxel Paleo engadiu que “o venres, día 15, dará comezo na Sala Bahía o terceiro Festival de Voces Xóvenes A Capela, que cada ano intentamos realizalo con novos grupos e coros e nesta ocasión contaremos con cinco concertos, todos eles na Sala Bahía a partir das 8 e media da tarde e con...
leer más
Etiquetas:
07/05/2015
Este sábado, 9 de maio, haberá en Foz teatro musical para @s pícar@s, que gozarán de "A nena e o grilo no país das apertas". Será na Sala Bahía pola tarde.

 

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anunciou que “este sábado a partir das 6 e media da tarde na Sala Bahía teremos teatro infantil coa compañía A nena e o grilo representando a obra musical titulada A nena e o grilo no país das apertas”.

Etiquetas:
07/05/2015
En Foz celébrase a primeira edición do ciclo de teatro de primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións este domingo, día 10, en Cordido e San Acisclo.
 
O Concello de Foz organiza a primeira edición do Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que inclúe dúas representacións para este domingo, día 10 en Cordido e San Acisclo. E este sábado, día 9, haberá un musical para o público infantil na Sala Bahía.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o pasado xoves, día 30 de abril, deu comezo o primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas parroquias, que empezou na antiga escola de Marzán onde actuou a compañía A Adala, de Fazouro. Terá continuidade durante todo este mes de maio no resto das parroquias do concello. Este domingo, día 10, haberá dúas representacións: unha en Cordido, no centro cívico a partir das 18.30 horas coa compañía Pico do Castro; e en San Acisclo á mesma hora, nunha carpa instalada na...
leer más
Etiquetas:
07/05/2015
A Festa do Bígaro celebrarase en Foz os días 16 e 17 de maio. Esta nova cita gastronómica está organizada polo Centro Comercial Aberto.
 
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a Festa do Bígaro, na que participarán vinte locais hostaleiros os días 16 e 17 de maio. 
Bares, mesóns e restaurantes servirán durante esas xornadas tapas e racións deste produto típico do Cantábrico. Os locais que participan nesta nova cita gastronómica son: A Bolera, As Torres, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Asoalta, Anduriña, A Funcional, O Muelle, Dandy, O Chícaro, Acuario, A Rula, Bar 78, O Lar, O Sera, As Brasas, Casa Damián, Pizzería Xoiña e Leytón. 
O Centro Comercial Aberto quere animar deste xeito á xente a achegarse a Foz a disfrutar destas xornadas gastronómicas destinadas a promocionar o bígaro, “un produto moi habitual na zona”. 
O...
leer más