Foz

Etiquetas:
07/07/2015
O venres, 10 de xullo, na Librería Bahía, de Foz, terá lugar a presentación do libro "Traca Traco" do mariñán Paco Rivas. A publicación conta con ilustracións de Otero Regal.
 
Este venres, 10 de xullo, ás oito e media da tarde na Librería Bahía, en Foz, terá lugar a presentación do libro “Traca Traco” do poeta mariñán Paco Rivas, que conta con ilustracións de Otero Regal.  
Trátase dunha colección de cantigas de nanar e arrolos, sinxelas e fermosas, musicadas e cantadas no CD que acompaña ao libro por Maruxa, Tereixa, Carmen e Antón Castro (Fuxan os Ventos); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Angela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo)
No acto estarán o autor, Paco Rivas, Otero Regal e algún dos músicos que participan no traballo que presentamos.
 
Etiquetas:
06/07/2015
O vindeiro sábado, 11 de xullo, Os Sendeiros de Foz realizarán a ruta comprendida entre O Carme e Frouxeira.
 
Os Sendeiros de Foz organizan a Ruta O Carme – Frouxeira para o vindeiro sábado, 11 de xullo.
A saída enmárcase dentro dos Sábados de Verán, que ten programados o colectivo. As persoas interesadas en participar  poden inscribirse nos seguintes teléfonos: 670 369 017 ou 696 236 020 e tamén na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Ás nove da mañá do vindeiro sábado partirán das inmediacións do Concello en autobús para despois realizar a pé o treito entre O Carme e Frouxeira. Recomendan levar roupa de sendeirismo. A dificultade da ruta é media.
A saída é gratuíta. E os seguros corren por conta dos participantes. 
... leer más
Etiquetas:
02/07/2015
Foz acolle a partir deste venres, 3 de xullo, a décima edición do ciclo musical "Sons na rúa", que organiza o Concello.
 
A décima edición do ciclo musical ao aire libre Sons na Rúa, organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, comeza mañá venres, día 3. Será cun concerto da Coral Polifónica de Burela na praza Martínez Otero ás 21 horas.
O día 10 deste mes será a segunda actuación do ciclo, que terá como escenario a praza Pardo de Cela e correrá a cargo de Sara Bahía e Felipe Sánchez. O día 17 actuará a Rondalla Latexos no parque Rosalía de Castro, o 24 o grupo Mar Aberto ofrecerá un concerto na praza Pardo de Cela e o 31 na Praza do Concello a actuación será por parte da Coral Polifónica de Foz. Todos estes actos será tamén ás 21 horas.
 

 

Etiquetas:
29/06/2015
Foz acolle a partir do 6 de xullo unha nova edición das noites alternativas organizadas polo Concello. As actividades son gratuítas.
 
O Concello de Foz, a través do departamento municipal de Xuventude e Deportes, organiza unha nova edición da actividade denominada Noites Alternativas, que comezará o vindeiro lun,s 6 de xullo.
Dende a organización explicaron que “durante os meses de xullo e agosto os rapaces e rapazas maiores de 10 anos poderán practicar deportes como fútbol sala, fútbol praia, volei praia e baloncesto en horario de dez da noite a 1:30 horas da madrugada. A modalidade continúa sendo a de torneo e cada semana coñeceremos aos equipos gañadores de cada especialidade segundo a súa idade. A inscrición, que é gratuíta, realizarase o día de comezo cada unha das actividades”.
As actividades de fútbol sala e de baloncesto desenvolveranse no Campo da Cabana e...
leer más
Etiquetas:
25/06/2015
Foz acollerá infinidade de actividades culturais este verán. Unha delas é o Festival Vrao que terá lugar os días 10 e 11 de xullo.
 
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a ampla e variada oferta cultural, festiva e de ocio que terá o municipio nesta tempada estival grazas ao traballo de numerosos colectivos locais e do propio Concello. Entre as actividades previstas está o festival Vrao, que se celebrará os días 10 e 11 de xullo e o programa foi presentado hoxe.
O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz queremos agradecer á asociación Ó! Cultural a organización da segunda edición do festival Vrao, de Foz, os días 10 e 11 de xullo. Entrará dentro do programa das festas do Carme e dentro da programación do verán, na que colabora e organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Cultura. É unha alternativa máis de música, apartado no que se empezará xa nos primeiros...
leer más
Etiquetas:
24/06/2015
San Martiño acollerá este venres, 26 de xuño, unha representación do grupo A Adala dentro do ciclo de Teatro en Primavera do Concello de Foz.
 
San Martiño acollerá este venres, día 26, unha representación do grupo A Adala incluída dentro do primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas Parroquias, organizado polo Concello de Foz.
Será no local social da parroquia de San Martiño ás 21 horas con entrada gratuíta. A Adala representará a obra titulada Apreta pero non afoga.
Antes da representación recolleranse doazóns para o Banco de Alimentos de Foz.
 
Etiquetas:
22/06/2015
A localidade focense da Espiñeira acollerá este domingo, día 28 de xuño, a súa tradicional feira de gando.
 
A Espiñeira, na parroquia focense de Vilaronte, acollerá este vindeiro domingo, día 28, a súa tradicional feira exposición de gando cabalar e vacún organizada polo Concello de Foz.
O concelleiro Pedro Fernández Manín explicou que “esta feira sempre se viña celebrando o terceiro domingo do mes de xuño, pero deuse a circunstancia de que primeiro houbo eleccións e despois que ao retrasar as festas coincidía ao principio coas do Bispo Santo e despois co San Xoan, de Vilaronte. Este foron os motivos de organizala no mes de xuño, igual ca outros anos, pero o próximo día 28”.
Pedro Fernández engadiu que “haberá premios para o maior número de cabezas de gando cabalar, trofeos para as dúas mellores eguas de sela e  para os dous mellores...
leer más
Etiquetas:
19/06/2015
Todo está listo en Foz para a II Festa Vintage, que se celebrará o 27 de xuño. Haberá mercadiño, tapas e menús da época e ofertas especiais no comercio.
 
Unha parte da avenida da Mariña, de Foz, estará cortada ao tráfico o día 27 deste mes, sábado, para acoller diversas actividades da segunda Festa Vintage, que foi presentada hoxe diante da Casa do Concello. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anima a participar neste evento e destaca o traballo dos responsables do Centro Comercial Aberto, que conta coa colaboración do Concello para a organización deste festexo.
O rexedor municipal explicou que “dende o Concello estamos contentos de que se organice a segunda Festa Vintage, que hoxe vimos de presentar co presidente da Acia e cos responsables do Centro Comercial Aberto de Foz. Esta idea dos comerciantes levouse a cabo por primeira vez o ano pasado e nesta edición vai haber certas novidades interesantes, sobre todo para o...
leer más
Etiquetas:
19/06/2015
O Espazo Caritel, a carón da Basílica de San Martiño, abrirá ata o 15 de setembro de martes a sábado pola mañá e pola tarde e os domingos pola mañá.
 
O Espazo Caritel é un proxecto que pretende ofrecer ao panorama cultural e turístico da Mariña a oportunidade de gozar da botánica e da arte contemporánea , así como incidir no desenvolvemento sostible da súa contorna. O itinerario visitable conta cun edificio que alberga unha sala de exposicións destinada a mostras temporais. O percorrido tamén permite ver o xardín (duns 3500 metros) de notable interese botánico. Destaca pola súa importancia a colección de camelias (formada por un cento de variedades). Tamén é salientable a abundante flora autóctona que contrasta con especies procedentes de todos os continentes.
Esta iniciativa, a tan só 200 metros da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, pretende facer dese recuncho de Foz, un lugar de  especial relevo para os...
leer más
Etiquetas:
18/06/2015
A basílica de San Martiño, en Foz, acollerá este sábado, día 20, o IX Encontro Internacional de Corais "Villa de Foz".
 
A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 20, ás 19:30 horas a novena edición do Encontro Internacional de Corais Villa de Foz. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz.
No encontro participarán a agrupación organizadora, dirixida por María del Carmen Alonso Leal e coa pianista Amparo Represa; e ademais a Coral Valparaíso, de Valladolid, que dirixe Antonio Redondo González; e a agrupación portuguesa Orfeao de Recardaes, que dirixe Stanislava Pavlov.