Eléctricas

Etiquetas:
07/09/2018

A Concellería de Medio Ambiente organiza rutas en bicicleta eléctrica. Serán o 22 de setembro e haberá 4 grupos de 10 persoas cada un. A inscrición está aberta. A actividade enmárcase na programación da Semana da Mobilidade 2018. 

A edil Noelia Mª Ben explica que “con motivo da celebración da Semana da Mobilidade 2018 a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela oferta unhas rutas en bicicleta eléctrica. Terán lugar o 22 de setembro, que é sábado, dende as 10:00 ata as 14:00 horas. Faranse 4 grupos de 10 persoas cada un e irán acompañados por un monitor que marcará o percorrido polo noso pobo”. 

A concelleira de Medio Ambiente sinala que “a idade mínima para poder participar é de 12 anos, se ben é certo que os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. A duración de cada ruta será de 50 minutos...

leer más