Eido Dourado
O ciclo de concertos Sons no solpor no Eido Dourado, en BarreIros, continúa este domingo, 13 de agosto, coa actuación do grupo Odaiko Percusión. Dará comezo ás 22:00 horas e Celso Dourado convida a asistir para presenciar este concerto dun grupo moi coñecido en Galicia.
O artista barreirense explicou que “neste caso trátase case máis que dunha actuación dun verdadeiro espectáculo de percusión, estamos a falar dun grupo de percusionistas moi coñecido en Galicia que se chama Odaiko Percusión”.
Celso Dourado contou que “este grupo está formado habitualmente por catro compoñentes, son uns grandes expertos no emprego de todo tipo de instrumentos que orixinan un son moi especial. Fan un espectáculo que combina todo tipo de instrumentación máis ben relativa á percusión contemporánea, incluso con elementos de nova...
leer másO tango chega este domingo, día 6, ao Eido Dourado, en Barreiros, dentro do ciclo de concertos Sons no solpor. O grupo Tanto Tango actuará a partires das dez da noite nos xardíns deste espazo dedicado ao arte.
O promotor desta iniciativa, Celso Dourado, sinala que “continuamos co ciclo musical Sons no solpor e este domingo, a partires das dez, toca unha formación podemos dicir que son músicos que se uniron para este tipo de tratamento do tango. Levan como nome Tanto Tango”.
Dourado explicou que “a cabeza visible é Iria Lis que xa estivo en distintas salas sobre todo da Coruña e de Santiago, está composto por músicos cunha ampla traxectoria. Por exemplo no contrabaixo está o mestre Quique Alvarado, que ten tocado con xente como Alberto Cortez, Paquito D´Rivera, o jazzista Jorge Pardo e un longo etc, na guitarra...
leer másO Eido Dourado, en Barreiros, segue acollendo diversas actividades ao longo deste verán. O vindeiro 3 de agosto terá lugar unha sesión de Chikung para a saúde. Para participar non se precisa experiencia previa. Os asistentes realizarán movementos armónicos e suaves, acompañados dunha respiración axeitada e consciente para o benestar persoal. O Chikung axuda a fortalecer o corpo físico, mental e emocional.
A sesión desenvolverase de 19:00 a 20:30 horas no Eido Dourado. E será impartido por unha profesora titulada.
Ademais o Eido Dourado segue a organizar os laboratorios creativos, que imparte Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica. Desenvólvense os mércores en horario de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. A experiencia está a resultar un éxito neste segundo ano.
O grupo de música folk Xógara inicia este domingo, 30 de xullo, a súa xira por Galicia co concerto que ofrecerá nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros. A actuación enmárcase no ciclo Sons no solpor que ten lugar nas noites dos domingos á caída do sol.
O promotor do Eido, Celso Dourado, anuncia que “este domingo, dentro do que é a programación de Sons no solpor é dicir coa caída do sol, temos unha aposta firme, unha aposta que eu particularmente tiña moitas ganas de vela, e trátase do estreo en Galicia da xira de Xógara”.
O artista barreirense subliña que “Xógara é unha banda, podemos dicir anglo-galega-galesa, e este día 30 de xullo nos xardíns do Eido Dourado vaise estrear aquí na nosa terra. Xógara é un grupo esencialmente instrumental que bebe da música celta. Nace en Oxford da mao de tres músicos...
leer másO ciclo de música Sons no solpor do Eido Dourado continuará este domingo, día 23, coa actuación do grupo galego Gelria. Nese concerto, que terá lugar nos xardíns do Eido Dourado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será presentado o último traballo deste grupo titulado Cantos de poeta.
O artista Celso Dourado explicou que “este domingo toca un grupo para min excepcional, chamado a facer moito no futuro. É un trío aínda que esta vez creo que van vir catro, cunha formación académica moi importante e unha voz espectacular. É un grupo moi novo e creo que vai ser un día especial”.
O promotor do Eido Dourado contou que “Gelria é un grupo de música galega creado no 2014. Está formado pola catalá Elena Tarrats na voz, Federico Mosquera nos teclados e Mario Cortizo na percusión. Pese a xuventude actuaron xa en sitios...
leer másEste domingo, 16 de xullo, arrinca no Eido Dourado o ciclo de concertos denominado Sons no solpor coa actuación do grupo vigués Ghaveta que fai música tradicional galega personalizada. Será a partir das 22:00 horas a carón da praia de A Pasada. Este ciclo prolongarase ata o 20 de agosto e Celso Dourado convida a asistir a estes concertos nos xardíns deste espazo dedicado ao arte.
Celso Dourado anunciou que “este domingo, a partir das dez da noite, arranca no Eido o ciclo musical Sons no solpor. Este domingo vai iniciar os concertos un grupo da provincia de Pontevedra, radicado en Vigo, que se chama Ghaveta”.
O artista barreirense explicou que “é un grupo de música tradicional galega cunha orixe na zona de Vigo. É un cuarteto que naceu máis ou menos polo 2013. Despois de varios anos de concertos no 2015 publicaron...
leer másEste sábado, 1 de xullo, arrinca a novena tempada do Eido Dourado que inclúe obradoiros creativos para os máis pequenos/as así como diversos concertos e recitais de poesía. O Eido Dourado, este espazo dedicado ao arte ao pé da praia da Pasada, reabre cunha renovada exposición de pintura do seu creador, Celso Dourado. O Eido Dourado abrirá pola mañá e pola tarde, de martes a domingo ata o 31 de agosto.
Celso Dourado anunciou que “este sábado, a partir das once e media, abriremos as portas nesta nova edición do Eido Dourado cunha exposición renovada na súa maior parte, e que permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto coa correspondente actividade cultural”.
O artista barreirense contou que “este ano vai haber a promoción de doce actividades, seis nas terrazas do Gaivota pola súa capacidade, e seis no Eido...
leer más