concurso

Etiquetas:
25/02/2022

O Concello de Viveiro informa que o 7º Concurso de Fotografía Amateur “Mulleres e Traballos” amplía o prazo de recepción das obras ata o próximo martes 8 de marzo de 2022. Dito certame está convocado polo Concello de Viveiro e o Centro de Información á Muller, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. 

O concurso diríxese a fotógrafos/as afeccionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como no privado. 

Máis información sobre o certame no e-mail cim@viveiro.es ou no teléfono 982550421.

 

Etiquetas:
22/02/2022

Ata o 13 de marzo está aberto o prazo de presentación de traballos ao Concurso Artístico convocado por Burela IN. Hoxe os artistas coñeceron o espazo e os materiais cos que se realizará a obra gañadora. A asociación Tá en Artes formará parte do xurado, segundo deu a coñecer hoxe a concelleira de Mar, Carmela López. 

A edil contou que “hoxe tivo lugar a xornada para artistas. Estivemos no muro, na antiga fábrica de gres e visitando ás redeiras. Entón puideron ver in situ os materiais cos que van contar para poder presentar o seu boceto, antes do día 13. Aínda está aberto o prazo e entón queremos convidar a todos os artistas que queiran participar a que nos envíen as súas propostas ao enderezo electrónico burelain@burela.org” e engadiu que “para obter máis información poden contactar co seguinte...

leer más
Etiquetas:
14/02/2022

#BurelaIN, o proxecto que promove a recuperación e posta en valor de residuos derivados do mar e das actividades marítimo-pesqueiras, desenvolverá novas actividades no presente ano. 

Durante o 2022, acondicionarase un muro cunha obra de arte que reflicta o carácter mariñeiro da vila. A obra artística seleccionarase a través dun concurso de propostas, cuxo prazo está aberto ata o día 13 de marzo (poden consultarse as bases na páxina web do Concello de Burela, a partir do 14 de febreiro). A obra gañadora será executada no muro situado na Rúa do Berbés, esquina Eijo Garay, contemplando a utilización de materiais en desuso como redes e gres, e será premiada con 3.000 euros.

Desde #BurelaIn “animamos ás e aos artistas que teñan interese en presentar unha proposta, a que participen dunha xuntanza o día 22 de febreiro,...

leer más
Etiquetas:
11/02/2022

O Concello de Viveiro retoma o tradicional desfile de Entroido no que repartirá 5.000 euros en premios. O cartel deste ano é unha homenaxe ás mulleres viveirenses que preservan a tradición do Entroido.

O Concello de Viveiro presentou esta mañá o cartel do Entroido 2022, unha festividade que recupera tras o parón da pandemia. Tamén se retoma o tradicional o Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido, así como outras actividades para todas as idades. 

Nesta edición, o cartel presentado polo Concello de Viveiro é unha oda ás mulleres “entroideiras” da vila, que mesmo en épocas complicadas, saían á rúa cos seus traxes e máscaras. As fotografías son de “Foto Carlos”, sacadas entre 1960 e 1972, e cedidas por África Jiménez, impulsora do Entroido en Viveiro. 

As bases do Concurso de Disfraces...

leer más
21/12/2021

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.

 PREMIOS: 

 1º PREMIO: 300 €.
 2º PREMIO: 250 €.
 3º PREMIO: 200 €.
 4º PREMIO: 150 €.
 5º PREMIO: 100 €.

Consulta as bases e descarga o modelo de inscrición aquí  
https://cutt.ly/FY177oI

Etiquetas:
20/12/2021

José Luis Llano Murias, asturiano natural do municipio de Boal e afincado actualmente en Navia, é o gañador do certame fotográfico por Gráficas LAR, de Viveiro, para o seu calendario do ano 2022, que xa está editado. Nas anteriores edicións deste concurso o premio, de 300 euros en metálico, foi para fotógrafos de México, Bilbao e Alicante.

O inicio do Calendario LAR remóntase ao ano 2010 cunha variada galería do destacado fotoxornalista galego Xosé Abad. Nas súas primeiras edicións a autoría das fotos do calendario decidíase entre amigos e colaboradores da imprenta Gráficas LAR sen existir un certame. Desta forma participaron fotógrafos profesionais como Xulio Villarino (2011) e Jaime Pola (2017), afeccionados como José López (2012), Eugenio Álvarez (2013) e Dani KXT (2016) e mesmo houbo colaboracións coa asociación de fotógrafos...

leer más
Etiquetas:
28/11/2021

O Concello de Xove organiza un concurso de escaparates de Nadal, ao obxecto contribuír á promoción do comercio local, promover a creatividade dos establecementos e incentivar que os establecementos comerciais de Xove decoren os seus escaparates con motivos de Nadal de cara ás próximas festas, de maneira que sexan máis atractivos para a veciñanza e clientela, á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo na rúa.

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos comerciais situados en Xove. A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello antes das 14:00 horas do día 9 de decembro. O tema debe gardar relación co Nadal. Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo. Os escaparates deberán estar preparados o día 9 de decembro ás 24:00 horas. Os...

leer más
Etiquetas:
13/11/2021

O Concello colabora na nova edición (XIV) do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e autónomos, que se celebrará os próximos días 26, 27 e 28.

Participan os seguintes establecementos hostaleiros: “Vinoteca Segundo” (Centro Social), Viñoteca “O Petisco”, “O Palique”, “O Rincón” de Mondoñedo, Bodegón “A Catedral”, A Taberna da Galiana e o Bar Amencer.

As tapas variadas, elaboradas con produto local de primeira calidade, poderán degustarse o venres de 20.00 horas a 23.00; o sábado de 12.00 horas a 15.00 e de 20.00 horas a 23.00; o domingo de 12.00 horas a 15.00.

Cada local presentará dúas tapas orixinais que terán un prezo de 2€ por unidade.
Ao remate das xornadas de tapeo, decidiranse os premios á “Mellor tapa tradicional”, á “...

leer más
31/10/2021

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o VI Concurso de Fotografía "O Mellor Recuncho de Mondoñedo" baixo o lema "Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta" que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2022 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

O prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro. 
Accede ás bases:   https://bit.ly/3EqZClN

Etiquetas:
29/09/2021

O Concello de A Pontenova convoca o concurso de fotografía “Os recunchos máis fermosos e descoñecidos de A Pontenova”, do que sairán elixidas por votación popular as 12 fotografías que comporán o calendario de A Pontenova do ano 2022.

Nas bases do certame explícase que “a temática das fotos que se presenten a este concurso deberá versar sobre eses recunchos do concello de A Pontenova que persoalmente nos parecen os máis fermosos do mundo pero que, ao mesmo tempo, son descoñecidos para a gran maioría dos veciños e veciñas deste concello. A finalidade principal desta iniciativa é a de dar valor e visibilidade aos numerosos recunchos, paisaxes, árbores, fervenzas, construcións tradicionais, etcétera que son singulares, posúen unha indubidable beleza estética e que podemos atopar ao longo de cada unha das 11 parroquias que conforman este...

leer más