Cursos

Etiquetas:
10/10/2023

O Concello de Ourol organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o 30 de outubro, luns, de 16:30 a 18:30 horas no edición multiusos do Concello de Ourol.

O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico). 

Os interesados poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57) ou a través da web https://escolasaude.sergas.es.

Etiquetas:
09/10/2023

A partir do 17 de outubro desenvolverase no Concello de Foz o programa de formación Galegas Dixitais, para a dixitalización de mulleres do rural. Impartirase na Aula CeMIT, sita na Casa da Xuventude.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, explica que “o programa, que consta de tres cursos, levarase a cabo nos meses de outubro e novembro e vai orientado a mulleres demandantes de emprego ou inscritas en solicitude de mellora do mesmo. Cada módulo consta de 40 horas máis 5 horas de formación en igualdade e van desde o curso de Competencias Dixitais Básicas (do 17 ao 30 de outubro), o curso de Competencias Dixitais Avanzadas (do 31 de outubro ao 14 de novembro) ata o último, que será o curso de Iniciación en Competencias Básicas para o Emprendemento (do 15 ao 28 de novembro). Unha vez rematada a formación entregarase aos...

leer más
Etiquetas:
05/10/2023

Do 5 ao 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores, que poderán participar en manualidades, estimulación cognitiva, tecnoloxía móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, animan a inscribirse nestas actividades.

O rexedor manifestou que “Ribadeo pon en marcha Preto de ti, un conxunto de actividades que queremos propoñer para realizar nos próximos meses”. 

Vega subliñou que “Preto de ti quere mellorar e avanzar e por iso quero felicitar a todos os técnicos municipais que traballaron conxuntamente con Elena Sierra, coa concelleira de Benestar Social, que analizaron profundamente aquilo que había conservar e aquilo que había que mellorar. E tamén...

leer más
Etiquetas:
04/10/2023

O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.

Os/as pequenos/as desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as!
As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura!

Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de...

leer más
28/09/2023

O Concello de Barreiros organiza o programa ActivaMente, talleres lúdicos nos que haberá actividades de aprendizaxe e lecer, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo), traballando a memoria, a atención e a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.

O programa, que está destinado a maiores de 65 anos, xubilacións maiores de 60 anos ou con discapacidade do concello, dará comezo a semana do 23 de outubro e impartirase en: colexios vellos de San Miguel, os luns de 18 a 19 horas; centro social de Cabarcos, os xoves de 15 a 16 horas; centro social de San Xusto, os xoves de 16:30 a 17:30 horas; e
centro social de San Cosme, os xoves de 18:00 a 19:00 horas.

Os interesados/as en...

leer más
Etiquetas:
23/09/2023

O taller terá lugar na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela. O horario será de 12 a 13 horas todos os luns.

Está organizado pola AECC e conta coa colaboración do Concello de Burela. 

Etiquetas:
22/09/2023

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.

Etiquetas:
21/09/2023

O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga que se desenvolverá desde outubro de 2023 ata maio de 2024.

A actividade iniciarase o 2 de outubro, luns, e haberá cinco grupos. Catro deles serán os martes e xoves con estes horarios: de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00. E no quinto grupo, para persoas coidadoras ou con enfermidades crónicas, o obradoiro desenvolverase os luns e mércores de 17:30 a 19:00 horas.

As inscricións deben facerse ata o 28 de setembro na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), onde tamén poden consultarse os prezos.

 

Etiquetas:
20/09/2023

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso de transformación e conservación de produtos agrarios en no municipio de Ribadeo os días 2, 4, 6, 9 e 11 de outubro de 16:00 a 20:00 horas. Será en As Anzas 75 (Covelas).

Esta actividade está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas deben contactar a través do teléfono 698.159.667 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

O prazo para apuntarse remata o 28 de setembro.

Etiquetas:
19/09/2023

A piques de rematar un intenso verán, a Sociedade Cultural Ledicia informa que ao tempo que empezaba o curso escolar, comezou tamén a actividade habitual de outono na asociación.

Está en marcha a escola de baile e música tradicional,  con ensaios de música os mércores e venres, e de baile os xoves para adult@s e os venres para a sección infantil (que participará o vindeiro venres nas actividades organizadas pola delegación de medioambiente do concello de Burela con motivo da semana da mobilidade)

Tamén está activo o curso de bordado, os xoves a partir das 16:30 no local social; e a partir do mes de outubro dará comezo un curso multidisciplinar de encaixe de bolillos, calceta e ganchillo os mércores a partir das 20:30 horas.

Para máis información, contactar a través do mail...

leer más