Charlas
Mariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título "Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña". Nela farase unha presentación dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L.
O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia.
A charla terá lugar este venres, 21 de outubro, ás sete da tarde no Museo Histórico de Sargadelos.
O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 11, 12 e 13 de novembro. É un mes simbólico na historia marítima de Viveiro, xa que foi o 2 de novembro de 1810 cando a fragata Magdalena afundiu na ría.
Durante a presentación do evento, que tivo lugar esta mañá, a alcaldesa, María Loureiro, destacou o nivel dos relatores e asegurou que a xornada xa é unha cita consolidada a nivel nacional e internacional. "É unha das mellores formas de poñer en valor a nosa historia, sempre vencellada ao mar", asegurou.
Segundo explicou esta mañá a rexedora local, o acto comezará na tarde do venres 11 de novembro coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a...
leer másEste venres, día 7 de outubro, terá lugar a segunda das charlas dentro das xornadas de San Martiño no Camiño que organiza o Concello de Foz. Será na sala multiusos do Centro de Interpretación da Basílica ás 20 horas a cargo da profesora Dolores Barral Rivadulla, titular de historia da arte antiga e medieval no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
Dolores Barral falará da diocese mindoniense no medievo. “Tratarase de facer unha viaxe a vista de paxaro sobre as principais manifestacións artísticas vinculadas á diocese de Mondoñedo-Ferrol, sobre todo no entorno da Mariña lucense, dende un punto de vista patrimonial, co fin de atender e valorar todos os testemuños históricos dunha das dioceses máis descoñecidas de Galicia”, explica o concelleiro focego de Turismo, Chema Linares.
...
leer másImpartida polo Centro Agroforestal de Riós (Ourense) en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria terá lugar unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros o venres 14 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
É unha actividade gratuíta, dirixida a persoas en activo interesadas na xestión forestal. É necesaria inscrición previa e o modelo para apuntarse está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias, e tamén nas Oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz. Unha vez cuberta debe enviarse por correo electrónico a: centroagroforestal@concelloderios.gal
Trataranse entre outros temas a época de plantación, a...
leer másA Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo presenta outro dos enfoques do Ribadeo Suma e que leva por nome, Ribadeo + Economía Circular, que é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico.
O programa contará con 3 fases.
O concelleiro Pablo Vizoso explica que “a primeira fase de difusión do programa no que teremos un charla cun negocio que xa está a pór en práctica medidas circulares como é o proxecto Cabañitas del Bosque. Neste encontro aproveitaremos para explicar o programa e as persoas profesionais e especializadas que levarán a cabo o proceso”.
O encontro será o vindeiro 5 de outubro ás 17:30 horas na Casa do Concello e está aberto a todas a...
leer másEste venres, 23 de setembro, o salón de actos do Cenima acolle unha conferencia do último membro vivo da guerrilla antifranquista galega, Francisco Martínez (Quico). O acto, organizado pola asociación A Pomba do Arco, comezará ás 20:30 horas e o guerrilleiro estará acompañado pola historiadora Odette Martínez. No mesmo farase un percorrido pola historia da loita guerrilleira na Mariña e na Galiza así como polos máis de 10 anos de loita clandestina de Quico, anuncian os organizadores.
Francisco Martínez (Cabañas Raras, 1925) uniuse á actividade guerrilleira en 1940, na súa condición de enlace. Nestes primeiras, Quico formou parte como o resto da súa familia da coñecida como guerrilla de chan, a estrutura que posibilitou como rede de apoio aos guerrilleiros a loita contra o fascismo. A este respecto, lembra que “o pobo axudou porque había...
leer másOutro ano máis, e xa van 12, chegan as Xornadas “Memoria dun Tempo” organizadas por Nordés, Asociación polo Desenvolvemento das Terras da Faladora.
Unha ducia de edicións nas que, co obxectivo principal da divulgación e recuperación da memoria histórica, puidemos contar con relatorios, audiovisuais, música e poesía para darlle forma aos contidos de cada unha das xornadas.
Desde Nordés sinalan que “nesta traxectoria fomos vendo como outras formas de expresión artística estaban a ter cada vez maior importancia nesta difícil labor da recuperación da memoria histórica, que Nordés ten asumido xunto outros nas bisbarras do Ortegal e A Mariña Occidental. Así, por exemplo, dende a Banda Deseñada ano tras ano xorden propostas novedosas, imaxinativas e creativas que ao tempo veñen rescatar do esquecemento feitos e personaxes desde a súa propia linguaxe”.
...
O Concello organiza a charla Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas. Será impartida polo doutor Miguel San Claudio o 26 de agosto ás oito da tarde no Teatro. O obxectivo pasa por difundir os resultados das prospeccións realizadas no galeón afundido na ría ribadense hai catro séculos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “continuando coas accións levadas a acabo dentro do proxecto Retornos do pasado para o estudo e difusión da cultura marítima de Ribadeo, o Concello organiza a charla, Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas, impartida polo Doutor Miguel San Claudio e onde darán a coñecer o resultados das prospeccións realizadas na ría dende o inicio do proxecto. Terá lugar o día 26 de agosto ás 20 horas no Teatro de Ribadeo”.
O edil ribadense...
leer másA casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle de 1 a 4 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco desde fai 25 anos.
A programación das xornadas deste ano é a seguinte:
Os portos de Foz
Xoán Ramón Fernández Pacios.
Luns 1 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
A primeira guerrilla antifranquista na Mariña
Eliseo Fernández e Dionisio Pereira
Martes 2 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
A masonería na Mariña
Martín Fernández Vizoso
Mércores 3 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña.
Francisco Rodríguez Sanchez.
Xoves 4 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.