Ribadeo

Etiquetas:
28/04/2024

A parroquia de Ove, en Ribadeo, celebrará os días 4 e 5 de maio, sábado e domingo, as festas de Santa Cruz, que inclúen a segunda edición da Festa da Bola de Roxós.

As actividades empezarán o sábado 4 ás 14:00 horas cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Suavecito. Tamén haberá comida popular e despois festa e verbena con Suavecito e o dúo Belinda.

E o domingo 5 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Ove e procesión para subir a Virxe ata Santa Cruz, co acompañamento musical dun grupo de gaitas. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú amenizada por Jaime Paredes.

Haberá servizo de bar, aparcamento e o campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
27/04/2024

Cerca de 140 personas asistirán a esta cita en la que la asociación empresarial conmemora su 35º aniversario y hará entrega de los Galardones Acisa Ribadeo 2024. 

Todo está preparado ya para el evento, así lo ha anunciado la presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado: “todo está listo para la celebración de nuestra X Gala anual. Para este evento han confirmado su asistencia cerca de 140 persona, una cifra sin duda muy relevante. A parte de las autoridades confirmadas, representantes del Concello de Ribadeo, de la Diputación de Lugo y de la Xunta, contaremos con la presencia de innumerables empresarios y empresarias, que han decidido acompañarnos, así como de familiares y amigos de los galardonados. Mañana entregaremos el premio al relevo generacional a María Antonia López Lens y a María Gamallo López, los galardones como negocios...

leer más
27/04/2024

O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 1 de maio, mércores, unha xornada de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. É unha iniciativa titulada Maleducadas, que está organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Travesía e MOV, coa colaboración do Círculo Habanero da Devesa e Mialma Producióis.

Será a partir das 19:30 horas e participarán Marina Oural (idea orixinal, voz, poema e escolma de textos), Chefa Alonso (saxo soprano, percusión, composición e improvisación) e Nacho Muñoz (piano, electrónica, composición e improvisación).

Ás 21:00 horas haberá unha Jam Session aberta a todas as artes e capacidades.

O prezo da entrada é de 10 euros.

Etiquetas:
26/04/2024

 

CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 2 DE MAYO
 
VIERNES 26, SABADO 27 Y DOMINGO 28
SALA 1 18:00 “GUARDIANA DE DRAGONES”
SALA 1 20:30 - 23:00 “CIVIL WAR”
SALA 2 18:00 - “MENUDAS PIEZAS”
SALA 2 20:30 “+CUÑADOS”
SALA 2 23:00 “MENUDAS PIEZAS”
 
LUNES 29
SALA 1 20:30 - 23:00 “CIVIL WAR”
SALA 2 20:30 “+CUÑADOS”
SALA 2 23:00 “MENUDAS PIEZAS”
 
MARTES 30 (DIA DEL ESPECTADOR) 
SALA 1 20:30 - 23:00 “CIVIL WAR”
SALA 2 20:30 “+CUÑADOS”
SALA 2 23:00 “MENUDAS PIEZAS”
 
MIERCOLES 1
SALA 1 18:00 - 20:30 “GARFIELD: LA PELÍCULA”
SALA 1 23:00 “CIVIL WAR”
SALA 2   18:00 “GUARDIANA DE DRAGONES”
SALA 2 20:30 “+CUÑADOS”
SALA 2 23:00 “...
leer más
Etiquetas:
26/04/2024

Este vindeiro domingo o grupo Eleven actuará na rúa San Francisco a partires das 13:00 horas para animar o tapeo e o vermuteo nesa zona da vila. Esta nova xornada do Domingueo en Ribadeo poñerá a nota musical ao último día do Ribadeo de Tapeo, que se está a celebrar con moi boa acollida desde o pasado día 20. 

A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á contorna da Praza de Abastos, á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.

 

Etiquetas:
26/04/2024

Sen pasado non habería presente e sen presente non haberá futuro. 
Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo, o fomento da economía e mantendo a Ribadeo coma a vila de referencia no Occidente asturiano e na Mariña Lucense e faino recordando palabras do ex presidente Pablo Vizoso que hoxe en dia seguen sendo dous piares fundamentais para esta asociación: “Para Ribadeo la mejor industria fue, sin duda, el Puente de los Santos” e tamén era un firme defensor do asociacionismo “Es muy importante tener una voz que aglutine a todo el comercio”.

35 anos de largo traballo que Acisa arrincou desde a inauguración da Ponte dos Santos, co obxectivo claro de captar mais clientes de Asturias, ese foi o inicio desta asociación, constituída o 30 de maio de 1989, aproveitando un pequeno grupo de empresarios e comerciantes que xa...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o dia da nai sorteando unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. A campaña denomínase Á miña nai mímoa eu. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “a campaña desenvolverase entre hoxe, 25 de abril, e o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa recibirán papeletas para participar no sorteo dos dous premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas a escoller entre 300 estancias e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. Trátase dun colgante de prata de lei con madreperla”.

O xerente da asociación, Jesús Pérez, indicou que “son 8.000 as rifas que poñemos en circulación...

leer más
Etiquetas:
25/04/2024

As competicións, que contarán coa participación de seis equipos, desenvolveranse no pavillón de deportes ribadense desde as 10:30 horas e rematará ás 19:30 horas, coa entrega de trofeos.

O evento foi presentado na Casa do Concello polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o concelleiro e o técnico municipal de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López; e o presidente do Club de Hockey Isla Pancha, Marcos Cabanas.

O edil de Deportes ribadense sinalou: “estamos moi contentos de colaborar co Club de Hockey Isla Pancha neste evento e parécenos moi interesante que Ribadeo siga a acoller acontecementos deportivos durante as fins de semana porque reúnen a persoas de diferentes lugares, o que é moi positivo para a dinamización económica do concello”.

 

Etiquetas:
24/04/2024

Ribadeo acollerá a Gladiator Family con carácter solidario o 28 de abril. O importe das inscricións desta proba de obstáculos infantil será doado integramente á Cruz Vermella ribadense. A carreira está dirixida a nenas e nenos de 3 a 11 anos. Mañá é o último día para inscribirse. Os interesados en participar poden facelo en http://www.gladiatorraceoficial.es/ O evento foi presentado hoxe. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, lembrou que “a proba, que está patrocinada por Banco Mediolanum a través do proxecto Mediolanum Aproxima, terá lugar o 28 de abril a partir das doce da mañá na praza de España. Nenas e nenos, acompañados dun adulto, disfrutarán dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos en dous percorridos, un de 500 metros para as...

leer más
Etiquetas:
22/04/2024

Ribadeo acollerá do 24 ao 29 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado esta mañá na Casa do Concello. No acto interviñeron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o alcalde, Dani Vega, o presidente da SD Ribadeo, Valetín Coto, o responsable de Relacións Institucións do Sporting, Joaquín Alonso, o responsable de Negocio Deportivo do equipo asturiano, Daniel Acebal e o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona.Tamén estivo presente neste acto o técnico municipal de Deportes, Iván López. Todos subliñaron que se trata dun evento que ven a Ribadeo para quedarse. 

O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las...

leer más