Ribadeo

31/05/2024

O cantautor Emilio Rúa presentará o seu espectáculo titulado “Lendas e Cantares” en Ribadeo co coro ribadense Sagrado Corazón este domingo, 2 de maio. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.

É unha actividade incluída na programación cultural organizada polo Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
30/05/2024

A historiadora da USC Pilar Cagiao será a pregoeira do IX Ribadeo Indiano. O evento, que foi presentado hoxe na vila ribadense, será promocionado mañá, 31 de maio, en Santiago e o 7 de xuño en Oviedo.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a novena edición do Ribadeo Indiano vai ser presentada este venres, 31 de maio, en Santiago de Compostela, coa asistencia do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como unha delegación do equipo de goberno municipal e de Acisa. E o 7 de xuño daremos a coñecer este evento no Ayuntamiento de Oviedo”.

A edil sinalou que “as actividades previas ao Ribadeo Indiano arrincarán xa o vindeiro 15 de xuño. Están programadas diferentes visitas guiadas, obradoiros de repostería para o sector hostaleiro e...

leer más
Etiquetas:
30/05/2024

Hoxe foron presentados na Casa do Concello os tres torneos organizados pola SD Ribadeo que se disputarán os días 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño. Participarán unha media de 60 equipos en cada torneo, uns 1.000 xogadores e máis de 2.000 acompañantes cada fin de semana, segundo destacou o presidente do club organizador, Valentín Coto.  No acto de presentación tamén interviñeron o deputado provincial de Mocidade, Dani García; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.

O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, explicou que “estamos procediendo a la presentación del quinceavo torneo infantil SD Ribadeo, a la vez que el decimonoveno torneo alevín y el decimonoveno torneo benjamín y prebenjamín, que se van a disputar durante el primer, segundo y tercer fin de...

leer más
Etiquetas:
30/05/2024

O parque de San Francisco acollerá este domingo, día 2 de xuño, pola tarde -de 16:00 a 21:00 horas- o Día da Xuventude, que organiza a Xunta de Galicia.

O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos. Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades.

O Día da Xuventude en Ribadeo concluirá coa actuación de Festra ás 20:30 horas.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anima a picar@s e moz@s “a achegarse ao parque de San Francisco...

leer más
Etiquetas:
28/05/2024

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá un festival contra o cancro este venres, 31 de maio, ás 20:00 horas.

Está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer e participarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a asociación ribadense Amigos da Gaita e Maktub. Será presentado por Susana Álvarez (Susi).

Etiquetas:
27/05/2024

Maribel Fariñas Gerpe e Antonio Pérez Rosa, ambos de Ribadeo, son os gañadores dos premios de 150 e 200 euros do sorteo do Ribadeo FC e Acisa. Os agasallos foron entregados nas oficinas da asociación. 

Os outros tres premios que ninguén reclamou foron novamente sorteados esta mañá. Os novos agraciados son os números 921, o 410 e o 1052, que recibirán 50 euros en vales de compra cada un. 

Acisa e o Ribadeo FC uníronse hai unhas semanas para poñer en marcha esta nova campaña. A cantidade total de premios que se sorteou foi de 800 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo, 500 euros aportados directamente por Acisa e 300 polo Ribadeo FC, repartidos da seguinte forma: un premio presencial de 300 euros en vales de compra, que foi sorteado hoxe no Pepe Barrera na última xornada de liga. E 500 euros en vales de compra,...

leer más
27/05/2024

A Big Band da Escola Municipal de Música e Danza ribadense dará un concerto no xardín da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo este martes, 28 de maio ás 19:00 horas. Ademais haberá un pincheo.

A organización desta actividade advirte que “en caso de choiva suspenderase o concerto e a merenda terá lugar no soto da escola”.

26/05/2024

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión a Lugo para o día 2 de xuño, domingo. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses ribadense.

“Dentro da conmemoración das Letras Galegas, mais xa centrado no campo da memoria e da lingua, organizamos unha excursión á cidade de Lugo para o próximo día 2 de xuño, na que visitaremos o cemiterio de San Froilán, dentro do Programa de Cemiterios Europeos, o casco histórico e o centro cultural Vello Cárcere”, explica a organización.

Etiquetas:
25/05/2024

A charla está dirixida, sobre todo, ás familias con fillas e fillos con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, así como a calquera persoa interesada neste tema. 

“A industria do tabaco ve como descenden ás súas ganancias debido a caída en picado da venda dos cigarros convencionais. Para paliar isto, lanza novos produtos e mediante diferentes tácticas intentan inculcar á sociedade coa percepción errónea de baixo risco para a saúde destes novos dispositivos, os famosos vapers, por exemplo. A última enquisa ESTUDES 2023 publica que os menores de entre 14 e 18 anos xa probaron en algún momento estes produtos”, son palabras de Noa Rey Torres, farmacéutica, especialista en tabaquismo e secretaria da Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo, que estará o vindeiro xoves, 30 de maio, ás 20:00 horas no Centro Social (ao lado do...

leer más
Etiquetas:
25/05/2024

A Área Turismo organiza a VI edición do Ribadeo Ilustrado que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xuño. 

A concelleira Marta Saiz explicou que “o tema central ao redor do que xirarán as actividades será de novo, Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Tentaremos afondar na figura dun dos personaxes máis carismáticos da contorna, cos seus claros e sombras”. 

A edil de Turismo dixo que “a presentación do libro As máscaras de Ibáñez. O Marqués de Sargadelos que nunca foi, acompañada da obra de teatro que leva o mesmo nome, ambas as dúas a cargo de Avelaiña Teatro, achegarannos máis información sobre esta interesante personaxe, iniciadora de interesantes proxectos empresariais”.  

Saiz indicou que “esta nova edición segue a medrar da man de conferencias onde participarán historiadores como Alberto...

leer más